Concentración por unhas pensións públicas e dignas

muestra cartel 001b pensionesO día 29 de xullo, luns, ás 12:00 horas a CGT da Coruña convoca a todos os traballadores e á cidadanía en xeral a unha concentración diante do Centro de Atención e Información da Seguridade Social sito na rúa Félix Estrada Catoira esquina rúa Fernando Rey (preto da igrexa de san Pedro de Mezonzo), para respostar ás intencións do goberno de desmantelar o sistema público de pensións e de modificar tanto os requisitos como os sistema de cálculo das pensións futuras, así como a desaparición do custo da vida como factor a ter en conta para a súa revalorización.

Pensións públicas e suficientes!

Polo reparto do traballo e da riqueza!

 

 

CGT Pontevedra, Xornadas Libertarias

Continúan en Pontevedra as Xornadas Libertarias – Xuño 2013. O mércores, 20 xuño , ás 20:00h, no Salón de Actos do edificio sindical (r/ Pasantería, 1) terá lugar a Mesa Redonda sobre «Novos movimientos sociais». Interveñen representantes do 15 M, Mareas cidadás (Marea laranxa) e Plataforma pola Auditoria Cidadá da Débeda. Ó remate das exposición dos tres ponentes, poden participar no debate, "a micrófono libre", todas as persoas interesadas.

Comité Local – CGT Pontevedra

 

Manifestación en Madrid por un ferrocarril público e social. Non á privatización

cartel_ferrocarril_mani_madrid_20130629A CGT ten convocado manifestación en Madrid para o vindeiro día 29 de xuño, que sairá ás 12 horas da Estación de Atocha e rematará na Porta do Sol. As mobilizacións, que ata agora se viñan plantexando descentralizadamente, pretenden non só a defensa dos empregos ferroviarios, ante os ERE"s anunciados en RENFE e ADIF, os recortes en Cremonini, polo futuro dos traballadores e traballadoras de Contratas Ferroviarias, Servizos Auxiliares, Comfersa, etc…, as habilitacións para o persoal da extinta FEVE, senón tamén a protesta pola inminente liberalización do ferrocarril, as supresións de trens de media distancia, o peche de liñas, a fragmentación de ADIF e RENFE.
Para a CGT sobran os motivos para a mobilizacións, por iso chama á participación masiva na manifestación do 29 de xuño, e anuncia a convocatoria de folgas en todo o sector ferroviario nos meses de xullo e agosto.
Dende a CGT da Coruña se está a organizar o desprazamento de compañeiros e compañeiras á manifestación de Madrid, polo que os traballadores e traballadoras interesadas deben poñerse en contacto, o antes posible, coas Seccións Sindicais ou directamente coa Federación Local para anotarse.

Mais información: Sindicato Federal Ferroviario da CGT

 

Manifestación na Coruña en defensa do ferrocarril público e social

A CGT da Coruña chama a participar activamente na manifestación que terá lugar o vindeiro xoves, 20 de xuño, en protesta polos recortes de servizos ferroviarios en Galicia e contra o plan de privatización do ferrocarril, convocada polos comités de empresa de Renfe e Adif.

A manifestación partirá, ás 20 horas, da Estación de San Diego (fronte á Casa do Mar) e finalizará na Estación de San Cristobo.

CGT da Coruña

mani_ferrocarril_pancarta

 

Acto na Coruña «Que non nos rouben o tren!»

 

mani_ferrocarril_cartel

O vindeiro mércores, día 19, ás 20 horas, na Praza de Pablo Iglesias, no barrio do Castrillón da Coruña terá lugar un novo acto en defensa dun ferrocarril publico e social. Baixo o título «Que non nos rouben o tren!!!»,  o acto contará coas intervencións de dous compañeiros do Sector Ferroviario da CGT, Alberto Díaz e Ángel Valladares, e de Paco Rodríguez (ex deputado do BNG).

CGT da Coruña

 

 

Máis de 2000 manifestantes polo Peche de Celulosas

OLYMPUS DIGITAL CAMERAUn ano máis a CGT de Pontevedra renovou o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na XVIII Marcha anual polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán. Na longa marcha de aproximadamente tres kilómetros, uns chegados desde Marín e outros desde a Alameda de Pontevedra, unhas dous mil persoas concentrámonos diante de Celulosas. Durante a marcha, a CGT repartiu uns mil panfletos nos que destacaba súa posición nesta longa loita contra a única empresa de Celulosa en todo o estado, condenada por delito ecolóxico.

Este é o texto repartido: Read More

 

Manifestación contra a Troika

A CGT da Coruña decidiu apoiar e acudir á manifestación contra a Troika que, en concordancia con outras cidades europeas e do resto do mundo, terá lugar na Coruña o próximo sábado, día 1 de xuño, e que sairá, ás 19:00 horas, da Praza de Pontevedra.
 
A CGT da Coruña acudirá á manifestación por coincidir na cuestión básica: (oposición ás políticas da Troika e denuncia da situación que estas políticas de agresión aos dereitos conseguidos están causando entre os pobos do mundo).

Comité Local da CGT da Coruña

 

Acto en lembranza das vítimas da represión durante a folga xeral de 1901 na Coruña

Ofrenda floral aos mortos na folga de 1901

O vindeiro domingo, día 2 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.

Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.

Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901