O vindeiro martes, 15 de outubro, ás 19:30 horas, se celebrará na Federación de ANPAS da Coruña (Rúa do Orzán, 21), unha Charla Coloquio baixo o título "A LOMCE: un novo ataque á educación", con Jacinto Ceacero, Secretario Xeral e docente da Federación de Ensino da CGT.
Jacinto Ceacero es, desde 2008, Secretario Xeral da CGT. Docente e membro do Secretariado da Federación de Ensino da CGT, ven desenvolvendo a súa laboura militante e na defensa dun ensino público e de calidade desde 1977.
Esta charla enmárcase no programa das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade entre o 17 e o 20 de outubro.
Dende o pasado día 4 ata o vindeiro 16 de outubro, se pode visitar no vestíbulo da UNED da Coruña, unha exposición sobre o Esperanto que constitue un percorrido pola historia e a actualidade desta lingua universal, creada por Lázaro Zamenhof e tan vencellada ao movemento libertario.
O 24 de outubro: Folga no ensino contra a LOMCE e os recortes
A Federación de Ensino da CGT ten convocado, xunto a outras organizacións sociais e sindicais, Folga no sector do Ensino para o vindeiro 24 de outubro.

Esta convocatoria enmárcase nun calendario de mobilizacións contra a contrarreforma educativa do PP (Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa) e os continuados recortes en plantillas, salarios, becas e axudas, atención á diversidade, aumento de alumnos e alumnas por clase… das diferentes administracións educativas. Este calendario está promovido desde a Plataforma Estatal en defensa da Escola Pública, na que se integra a CGT  ademais doutras organizacións sindicais, asi como  a CEAPA, a Federación de Movementos de Renovación Pedagóxica e varios sindicatos de estudantes.
O calendario de mobilizacións comprende unha «consulta cidadá» sobre a LOMCE e os recortes educativos, a folga do ensino público do 24 de outubro e unha marcha sobre Madrid, seguramente o 9 de novembro. Os días 23, 24 e 25 de octubre está convocada tamén folga de estudantes. Read More
Xornadas Libertarias na Coruña: Charla sobre o Esperanto
No marco das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade, o Salón de Actos da UNED acollerá o venres 11 de octubre, ás 19.30, unha Charla sobre o esperanto a cargo dun grupo de esperantistas galegos.
Na charla-coloquio participarán: Antonio Valén, autor do libro "El esperanto: lengua y cultura" y escritor en esperanto, miembro de la llamada Escuela Ibérica, un grupo de escritores que utilizan el esperanto como lengua literaria; Suso Moinhos, filólogo, traductor e docente de esperanto; Angel Borrué, licenciado en belas artes, artista e esperantista.
Dende o pasado día 4 ata o vindeiro 16 de outubro, se pode visitar no vestíbulo da UNED da Coruña, unha exposición que constitue un percorrido pola historia e a actualidade desta lingua universal, creada por Lázaro Zamenhof e tan vencellada ao movemento libertario.
Xornadas Libertarias na Coruña
A CGT da Coruña acolle o XVII Congreso de sindicatos da Confederación Xeral do Traballo (CGT), que terá lugar entre o 17 e o 20 de outubro de 2013.
Con motivo do Congreso, a CGT da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Libertarias que en anos anteriores estiveron adicadas á pedagoxía e á memoria histórica libertarias.
Nesta ocasión as xornadas serán mais amplas, abranguendo temáticas que van dende a autoxestión, o esperanto, os movementos populares no norte de África, a defensa do ensino público,…
Agardamos que as actividades programadas sirvan como espazo de aprendizaxe, reflexión e debate.
O Programa das Xornadas é o seguinte: Read More
Concentración por un ferrocarril público e social na Coruña: contra as mentiras do plan municipal de mobilidade

A Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT da Coruña, ten convocado unha Concentración para este sábado, 21 de setembro, ás 13:20 h na praza de María Pita. A plataforma chama a concentrarse por un ferrocarril público e social, e para denunciar as mentiras do plan de mobilidade e a campaña propagandística que está a desenvolver o Concello da Coruña con motivo da Semana da Mobilidade. A plataforma tamén lembra que o goberno municipal evitou apoiar calquera iniciativa a prol do tren de proximidade ou da utilización da Estación de San Diego, entre outras medidas contrarias á mobilidade sostíbel que dí agora defender.
Quen son os verdadeiros responsables?
Ante a grande cantidade de informacións acerca do tráxico accidente de tren acontecido nas inmediacións de Compostela, dende a CGT queremos manifestar o seguinte:
Parécenos de todo indignante o trato que se está a dar ao traballador que conducía o tren do accidente de Compostela.
As declaracións dos Presidentes de Renfe-Operadora e ADIF sobre os motivos do accidente e culpabilizando dende o principio ao traballador evidencian o escaso coñecemento que teñen do ferrocarril e que unicamente foron postos nestas presidencias polo seu coñecemento de economía. Co fin de aforrar custos e preparar a difusión das empresas e a súa futura privatización, algo que sempre vai en detrimento da seguridade.
Cumpre lembrar que a liña entre A Coruña, Santiago e Ourense, e a de Madrid a Alicante, se inauguraron como liñas de Alta Velocidade, e así se recolle nas hemerotecas, onde están os políticos que participaron no evento e que tanto presionan para que se produzan as inauguracións, custe o que custe, para poder saír na foto.
Estas liñas non dispoñen dos sistemas de seguridade axeitados para circular como o resto de liñas AVE. Non están sinalizadas como as liñas convencionais pois se supón que os sistemas de seguridade suplen o sistema de sinalización, sempre e cando existan estes sistemas de seguridade. Read More
Concentración na Coruña por un ferrocarril público, social e seguro
A CGT da Coruña chama a participar na concentración que terá lugar mañá mércores, 31 de xullo, ás 19:30 horas na Estación de Trens de san Cristóbal.
Esta concentración está convocada pola Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT.
Nestes momentos, tras o gravísimo accidente ferroviario de Compostela, é máis necesaria que nunca a participación de todos e todas na defensa dun ferrocarril público e social, na esixencia dunha investigación independente dos intereses económicos e políticos, que proporcione as explicacións pertinentes e permita a depuración de todas as responsabilidades, e para que se poñan todos os medios necesarios para garantir a seguridade no transporte ferroviario.
Comité Local da CGT da Coruña
Contra os saqueo das pensións

A todos os traballadores, a toda a cidadanía:
O goberno actual está preparando a modificación da lexislación sobre as pensións. Non contento coa reforma de pensións aprobada polo PSOE, que elevou a idade ordinaria de xubilación ata os 67 anos, o PP, alegando que o sistema non é sostible, seguindo o ditado dos poderes financeiros e dos intereses do capitalismo máis ruín e cobizoso, pretende aprobar unha reforma que supón o inicio do desmantelamento do sistema público de pensións e dará entrada, dunha forma definitiva, aos intereses privados, que pretenden facer negocio coas necesidades básicas da poboación. Read More
Comunicado do Sector Federal Ferroviario da CGT
O Sector Ferroviario da CGT fixo público un comunicado ante o gravísimo accidente ferroviario acontecido en Compostela no serán de onte. O texto do comunicado é o seguinte:
Neste momento de dor é necesario priorizar a atención ás vítimas, entre as que se contan tamén cinco ferroviari@s (dous tripulantes falecidos, dous maquinistas e o interventor feridos), así como as súas persoas próximas.
A CGT decidiu desconvocar as folgas no Sector Ferroviario, as primeiras das cales ía ter lugar o próximo día 31 de xullo. Consideramos que esta desconvocatoria é un acto necesario de responsabilidade, tendo en conta que todos os ferroviarios estamos conmovidos por esta traxedia e é o momento de apoiar os afectados e de evitar tensións, de analizar o acontecido e de reflexionar sobre as razóns que permitiron que algo así puidese suceder. Read More
Aplazamos la Fiesta de La Campana
La reunión de amigos de La Campana (semanario pontevedrés de información y pensamiento anarquista, que, desde 1996, a lo largo de doce años y en cuatro épocas diferentes, animó el debate y el encuentro entre libertarios) decidió en el día de ayer aplazar la Fiesta de La Campana, prevista inicialmente para este sábado 27 de julio. Tan pronto se conozca la nueva fecha, se comunicará a todos los interesados y en esta misma web.
Amigos de La Campana