Presentación del modelo de ferrocarril público y social de CGT en Ourense

cartaz_ferrocarril_ourenseEl próximo día 30 de mayo, a las 19"00 horas, en los locales del Ateneo de Ourense, Av. de la Habana, nº 25 – bajo, tendrá lugar la presentación del modelo de ferrocarril público y social propuesta por CGT, serán: ponentes Ángel Valladares, secretario general de CGT de Galicia, Juan Francisco Sánchez Losada, Coordinador del sector ferroviario de la CGT en Galicia y Serafín Rodríguez, secretario general de CGT de Ourense.

Previamente habrá una concentración en la Estación de Ourense una concentración a las 17"00 horas.

 

Contra o capitalismo e as guerras: Obxección ós gastos militares

Tras a anunciada pegada de carteis e distribución de folletos explicativos por toda a cidaCartel OF 2013 web_0de, a CGT de Pontevedra rematará a Campaña 2013 pola Obxeción Fiscal aos gastos militares con unha charla informativa sobre este tema, aberta a todos los interesados. Para respostar a todas as preguntas sobre o mellor xeito de facer esta acción de Desobediencia Civil dirixirá o acto un compañeiro de Espazo Antimiltarista de Vigo, baixo o lema "Contra o capitalismo e as guerras: Obxección aos gastos militares". A charla terá lugar o próximo martes, 4 de xuño, ás 20:00h, na sede da CGT (r/ Pasantería, 1 – 3ª Planta).

Comité Local – CGT Pontevedra

 

Pontevedra: Marcha anual polo peche de Celulosas

OLYMPUS DIGITAL CAMERAComo todos os anos, a CGT de Pontevedra participará este 1 de xuño na manifestación convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra para esixir o "Peche de Celulosas, ¡Xa!". Desde xeito, a CGT de Pontevedra renovará, por un ano máis, o seu compromiso na defensa do meio ambiente, do traballo e a saúde; pola recuperación da Ría nas marismas de Lourizán e polo benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, en risco permanente pola actividade contaminante, ademáis de destructiva de emprego e os recursos naturais, do complexo Empresa Nacional de Celulosas (ENCE)- Elnosa.

Comité Local CGT-Pontevedra

 

CGT Unísono Vigo presenta demanda colectiva para paralizar el despido encubierto de 97 compañerxs

SS. CGT -Unísono Vigo

Tras anunciar a los representantes de los trabajadores, el pasado 3 abril, un expediente de movilidad geográfica basado en el art. 40 del estatuto de los trabajadores debido al fin del servicio de la campaña Home Postventa Orange por el cual 97 trabajadorxs (76 indefinidos y 21 de obra), se verán obligadxs CIMG7592a trasladarse a Madrid para mantener su puesto de trabajo o aceptar el despido con 20 días por año trabajado; queremos informar que esta sección ha presentado una demanda colectiva el pasado día 25 de abril solicitando medidas cautelares para detener el traslado forzosos de los 97 afectadxs, y cuya conciliación tendrá lugar el próximo 15 de mayo ante el SMAC.

Hemos mantenido una reunión junto con la sección de CIG en Unísono, con la Consejera de Trabajo de la Xunta de Galicia, de la que pudimos obtener Read More

 

A CGT da Coruña chama a participar na manifestación do 23F

cartel_23F_coruña

A CGT da Coruña fai un chamamento a todos os seus afiliados e afiliadas a participar activamente, sen conformar un bloque propio, na Manifestación que baixo o lema «Non ao golpe de estado financieiro» terá lugar o vindeiro sábado, 23 de febreiro, con saída do Obelisco, ás 12:30 horas. A manifestación ten por obxecto a «confluencia de aqueles colectivos e persoas que nos vemos violentamente afectadas polas políticas de recortes e polo saqueo do público que se está a exercer desde o poder político institucional».

CGT da Coruña

 

 

 

Pontevedra: Concentración por Gaza

La CGT de Pontevedra, conjuntamente con otras organizaciones sociales y sindicales, convoca para mañana, miércoles, 21 de noviembre, a las 8 de la tarde, en la Plaza de la Peregrina de Pontevedra, una Concentración unitaria en denuncia de los sucesos de Palestina y los crímenes que están cometiendo contra la población palestina de Gaza el gobierno y el ejército israelí y sus cómplices internacionales.
La CGT hace un llamamiento a toda la sociedad pontevedresa para que acuda a la concentración, y entre todos podamos desmontar este tinglado criminal que, denominándose «potencias democráticas», destroza el mundo y mata cada día decenas de miles de personas, con una excusa u otra, en la más completa impunidad.

CGT Pontevedra

 

Chamamento da CGT da Coruña á Folga Xeral

O DÍA 14, PAREMOS O PAÍS, PAREMOS AOS MALFEITORES

A CGT convoca, o próximo 14 de novembro, en coincidencia co resto de centrais sindicais, un Paro Xeral de 24 horas para protestar pola política antiobreira e antisocial do goberno e esixir a derrogación das medidas de reforma laboral e dos recortes de dereitos en todos os eidos. Esta protesta coincidirá tamén coas mobilizacións na maior parte de países europeos, así como con folgas xerais en Portugal, Italia, Grecia, Chipre e Malta.

Para a CGT, a situación que están pasando as clases populares, ante a indiferenza do poder, é intolerable. Case seis millóns de persoas sen traballo, preto de dous millóns de familias con todos no paro, máis de 500 familias que perden a súa vivenda cada día, un 20% da poboación en risco de exclusión e 8 millóns de nenos por baixo do albor de pobreza. Se a isto lle engadimos os recortes en educación, sanidade e dereitos laborais, teremos una fotografía arrepiante que hai que atallar. Read More

 

Concentración contra as medidas antiobreiras do goberno e a prol da Folga Xeral

A CGT da Coruña convoca unha concentración o día 31, mércores, ás 19:30 horas, no inicio da Rúa Real, da Coruña, no cruce da Rúa do Agar, en protesta polos recortes e as medidas antisociais do goberno e a prol do Paro Xeral de 24 horas que terá lugar o día 14 de novembro.

Para a CGT, a situación na que se atopan os traballadores e a poboación máis débil é intolerable e merecente da mobilización máis rotunda do pobo. A CGT considera que non se pode manter unha actitude de submisión e mansedume cando hai casi seis millóns de parados, 500 desafiuzamentos diarios e un 20% da poboación en grave risco de exclusión. Por iso non pode haber nin tregua nin descanso para os que se están beneficiando da chamada crise nin para aqueles que, desde o poder, a utilizan para deixar sen dereitos aos que non teñen culpa dos seus desmáns.

NON QUEDES NA CASA E SAE Á RÚA A BERRAR!

CONTRA A EXPLOTACIÓN E AS POLÍTICAS QUE NOS LEVAN Á MISERIA!

VIVA A FOLGA XERAL!

 

A CGT de Galicia non se adhire á Alianza Social Galega

A CGT de Galicia adoptou o acordo, na súa última Plenaria, de non adherirse á Alianza Social Galega, constituida a semana pasada por varios sindicatos e organizacións. Os motivos da CGT para tomar esta resolución son, fundamentalmente e entre outros, os seguintes:

a) O manifesto é unha declaración con moitas incongruencias e que dá cabida a todo tipo de reivindicacións, co único sentido de incluir as teimas de cada grupo, sen facer un discurso coherente.

b) O manifesto afirma que os problemas de Galicia parten da falta de competencias do Parlamento galego e do ataque ao idioma por parte do goberno central, afirmación non só discutible e simplista, senón que reduce as expectativas de loita ao ámbito político, deixando á poboación como simple comparsa nas mobilizacións que se poden facer desde a Alianza.

c) Elévase á categoría de principais forzas galegas aos autónomos, para os que se chega a pedir axudas individuais e para as súas organizacións, sen ningún tipo de discriminación e sen ter en conta que moitos deles son simples empresarios e explotadores do seu persoal.