A Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade, da que forma parte a CGT, acordou a convocatoria de manifestacións de apoio á iniciativa que fará confluir, o 22 de marzo en Madrid, as distintas marchas que se están a organizar en todo o estado.
No caso da Coruña, convócase manifestación o día 26 de febreriro, mércores, que sairá ás 20:00 horas da Praza de Portugal.
A CGT fai un chamamento ao pobo coruñés para que se sume a esta iniciativa e participe na manifestación.
Comité Local da CGT da Coruña


Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,… únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.
  