Aproveitando a convocatoria do 1º de Maio, vanse realizar unha serie de actos en Vigo para dar a coñecer as posicións de CGT sobre diversos aspectos, tanto sindicais coma sociais ou relacionados coa historia do movemento obreiro. Para dar o «pistoletazo» de saída o vindeiro luns 26 estará connosco o Secretario Xeral da CGT, Jacinto Ceacero Cubillo, e o Secretario de Organización do SP do Comité Confederal, Luis Romón Onrubia, para falarnos da crise e das respostas que está a artellar a CGT ante a mesma.
O calendario da SEMANA LIBERTARIA é o seguinte:
Luns 26:Â Respostas da CGT a crise (Secretariado Permanente da CGT estatal) ás 20:00 no Cristo da Vitoria, Rúa Baiona nº 9 (xunto á gasolineira).
