A FL de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes para que acudan a esta concentración diante da Delegación de Traballo en Vigo, o mércores 16 de xuño ás 11:00h.
A nova reforma laboral, que previsiblemente será aprobada este mércores no consello de ministros tras "esgotar a vía do diálogo cos axentes sociais" para a súa imposición posterior mediante decreto, suporá (de impoñerse) un novo retroceso nos dereitos dos/as traballadores/as en aspectos como o abaratamento do despido e flexibilización das condicións de traballo, cun aumento da precariedade para toda a clase traballadora. Read More


