Charla Anti-militarista en Vigo

O vindeiro xoves día 10 de xuño ás 20:00 do serán habera unha charla antimilitarista no local da C.G.T. de Vigo, charla enmarcada dentro da campaña pola Obxección Fiscal 2010. Será impartida por un membro do Espazo Aberto Antimilitar.

A OFGM (Obxección Fiscal aos Gastos Militares) é a non disposición a colaborar cun dos peores xeitos cos que o capitalismo se estende a nivel mundial: co militarismo e as guerras, aínda que estas sexan maquilladas últimamente como «intervencións humanitarias» ou «guerras contra o terrorismo».

Read More

 

Concentración en Pontevedra por el nuevo crimen israelí

CGT de Pontevedra, conjuntamente con la Asociación Barco a Gaza de Pontevedra, se suma a la convocatoria de una Concentración para mañana, martes, 1 de junio, a las 20:00h, en la Plaza de la Peregrina de Pontevedra, en protesta por el asalto sangriento, llevado a cabo por militares israelíes, de un barco de la flotilla humanitaria, organizada por la asociación internacional ‘Free Gaza". Exigimos el fin de la ocupación de Palestina, levantar el cerco genocida de la Franja de Gaza y acabar con la complicidad de los gobiernos de la UE pues garantiza la impunidad a Israel para seguir cometiendo todas las atrocidades imaginables con el pueblo palestino.

 

A CGT da Coruña convoca manifestación contra o tixeiretazo de Zapatero

A CGT da Coruña, ante a agresión a importantes colectivos que supón a aprobación das medidas económicas "contra a Crise" impostas polo goberno de Zapatero, manifesta o seu absoluto rexeitamento a que recaia sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas o pagamento dunha crise da que non son responsables, mentres os especuladores e as grandes fortunas seguen campando ás súas anchas.

Por isto, ven de convocar unha manifestación na Coruña o día 4 de xuño, venres, que comezará ás 19:30 horas na Praza de Portugal e finalizará na Delegación do Goberno.

 

Homenaxe e lembranza das vítimas na Folga de 1901 na Coruña

Como cada ano, o vindeiro domingo, día 30 de maio, ás 13:00 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas na folga xeral (a folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio.

 

CGT-Pontevedra na Marcha Contra Celulosas

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra convoca para o próximo día 5 de xuño a Marcha anual contra Celulosas, baixo o lema ‘Pola recuperación da ría e a creación de postos de traballo, Ence fora da Ría". A CGT de Pontevedra, tal como ven facendo dende a primeira Marcha, fai un chamamento ós seus afiliados para que participe tamén nesta ocasión. O lema propio da CGT e: «O traballo crea riqueza. O capitalismo salvaxe a destrúe. En defensa do traballo e o disfrute social da riqueza. ENCE FORA DA RÍA» Read More

 

 

 

Xornadas e Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias, na Coruña.

O vindeiro martes, 20 de abril, ás 19:00 horas, na Escola de Artes e Superior de Deseño "Pablo Picasso" da Coruña (Rúa dos Pelamios, nº 2), terá lugar a inauguración da Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña.
Read More

 

Por una Sanidad Pública

CGT- Pontevedra convoca a sus afiliados, a todos los trabajadores y a la sociedad entera de Pontevedra a que participe en la manifestación en defensa de la sanidad pública y por el Hospital único, convocada para el día 16 de abril (20:00h, desde la plaza de la Herrería) por la Plataforma contra a Privatización. No a la privatización de los servicios públicos. No a la gestión de la salud y los centros sanitarios públicos con criterios capitalistas o de beneficio particular, a favor de grandes consorcios. Si a la Sanidad Pública.