Concentración contra a explotación patronal

O VINDEIRO XOVES 23 DE DECEMBRO FRONTE A TENDA DA ONG AMARANTE SETEM EN PONTEVEDRA (rúa Conde de San Roman 9). ÁS 18:00h.

De todas é coñecida a actitude desta «ONG» en relación aos dereitos dos traballadores e as súas prácticas empresariais: despedimentos e constantes violacións dos dereitos laborais. Para amosar a nosa repulsa fronte a este tipo actitudes, máis se cabe, vindo unha organización que se di transformadora e tamén a nosa solidariedade coa compañeira despedida, convocámosvos a esta concentración diante da sede da organización Amarante en Pontevedra o vindeiro xoves 23 de decembro ás 18:00.

Si se comportan como empresarios , responderémoslles como empresarios.

 

Acción en apoio á Folga de Consumo do 21-DEC

Fíxose un chamamento á propia Folga e tamén á Manifestación do próximo martes

Un grupo de activistas encadeou onte aos mariñeiros do "Monumento ao traballo" en Vigo. Hoxe aínda conservaban as cadeas e as pesadas cargas que soporta a clase traballadora.  Como unha imaxe vale máis que mil palabras velaquí a galería fotográfica do resultado da acción…

Read More

 

Represión contra os folguistas

A Folga do día 29 de setembro foi un éxito, ninguén medianamente obxectivo o pon en dúbida. A participación dos sindicatos de Galicia na mesma foi tamén salientable. Quizais sexa por isto, polo que practicamente dous meses despois da mesma continúan chegando aos compañeiros que participaron activamente acordos de incoacción de expedientes sancionadores. Aínda que os feitos que nestes expedientes se describen son propios de mentes moi imaxinativas, a última comunicación de apertura de expediente é a máis «espectacular». O pasado 14 de decembro un compañeiro do metal reciviu esta comunicación onde se lle acusa de «tenencia de tornillos en vía pública», sancionable con 400 €. ¡Impresionante! Resulta que agora ter/levar tornillos na vía pública é un feito que atenda contra a Lei de Seguridade Cidadan.

Estamos ante unha política que se leva aplicando na comarca de Vigo dende as pasadas mobilizacións do Metal e que non pretende outra cousa que amedrentar as/os traballadores para impedir a súa participación en accións mobilizadoras. O Estado pretende criminalizando aos traballadores/as e as súas organizacións sindicais que estes cedan por esta presión económica na defensa dos seus lexítimos dereitos.

Atentos os carpinteiros!!!!

 

Inauguración na Coruña do Memorial ás vítimas da represión franquista

A inauguración do Memorial ás vítimas da represión franquista, «Xérmolos de Paz e Liberdade», do escultor «Valdi», terá lugar o vindeiro domingo, 19 de decembro de 2010, as 17 horas, na avenida de Navarra (nos xardíns, fronte á residencia Torrente Ballester), organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Nesta inauguración procederase a unha lectura colectiva dos nomes das 600 persoas asasinadas polo franquismo nos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada; coa participación de distintas entidades, entre elas a CGT da Coruña, así como persoas do mundo da cultura, deporte, profesionais, etc. Haberá varias intervencións, entre elas de familiares das vítimas, e música.
Mais información:

 

 

 

As organizacións «progresistas» tamén se aproveitan da Reforma Laboral

A ong "AMARANTE" despide a unha traballadora amparándose na reforma laboral

A ONG Amarante, coñecida polas súas campañas en defensa dos dereitos das persoas traballadoras nos países do Sur e por manter un discurso antisistémico -de feito, foi unha das impulsoras dunha rede anticapitalista a nivel galego- decidiu, ante os problemas económicos polos que está a atravesar, despedir á súa única traballadora fixa en activo argumentando despido obxectivo por razóns económicas.

Non só resulta curioso que unha organización que se laia de pretender transformar a sociedade empregue as mesmas "armas" que as empresas capitalistas que se guían exclusivamente polo beneficio, senón que incluso teña tan pouco "tacto" que formalice o despedimento da súa traballadora (socia da ONG e ata ben pouco membro da directiva que decidiu o seu despido) o mesmo día da aprobación definitiva da nova Reforma Laboral, tan só unhas poucas horas despois. A ONG argumenta para xustificar o despido a falla de rendabilidade da súa tenda de comercio xusto en Vigo (sita na rúa Canceleiro, 5), o mesmo argumento empregado unha e mil veces polas empresas.

Ao mesmo tempo, a ONG négase a asumir a proposta que lle fixeron as organizacións sindicais representantes das traballadoras (CGT e máis CUT) de suspender o despido (efectivo dende o 30 de setembro) e sentarse a falar para ver de chegar a unha solución, que aínda que sexa traumática, fóra consensuada con todas as traballadoras. É máis, durante a xuntanza mantida coas organizacións sindicais, Amarante remarcou a súa intención de que o conflicto se leve ao Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), mostrando unha actitude máis próxima ás prácticas empresariais que as de unha organización que traballa pola xustiza social.

Entendemos que con esta actuación, o único que está a conseguir a ONG é o desprestixio da súa acción solidaria e a incoherencia das propostas que dí defender. En outras palabras, non se pode realizar accións en países coma Marrocos para sensibilizar sobre os dereitos que lle asinten ás mulleres traballadores do textil, mentras se mantén unha posición claramente belixerante con estes mesmos dereitos na súa propia xestión de persoal.

Dende as organizacións sindicais queremos manifestar que si Amarante asume un comportamento claramente empresarial, ambalas dúas centrais sindicais se verán obrigadas a manter con esta ONG a mesma actitude que mantén coas organizacións empresariais, emprendendo as accións oportunas para garantir o cumprimento dos dereitos das traballadoras.

 

 

Acto de rúa/concentración contra o gasto militar en Vigo

A F.L. de Sindicatos de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes a participar no acto de rúa programado polo Espazo Aberto Antimilitar de Vigo o vindeiro sábado 19 de xuño ás 18:00 h na praza da farola de Príncipe.

Coa que está caendo (crise económica e os conseguintes recortes sociais), o Goberno vai empregar (como mínimo) a cantidade de 18.160,89 millóns de euros en gasto militar.

Read More