O Santander castiga a quen concilia. Nova concentración en solidariedade con Carlos
A CGT da Coruña convoca unha nova concentración o próximo venres, 2 de decembro, ás 13:00 horas, diante da Dirección Territorial de Galicia do Banco Santander, sita no Cantón Grande da Coruña, na zona do Obelisco.
Carlos, que ten xornada reducida porque ten que coidar da súa filla pequena, foi trasladado forzosamente a 120 quilómetros da súa casa, nunha decisión repugnante do Banco Santander, que o único que quere es desfacerse dun traballador incómodo.
Despóis de meses de loita o xuízo foi fixado para o día 12 de decembro, luns, sen que a empresa amosara ningunha intención de recuar na súa inicua decisión.
BASTA XA DE ACOSO NO BANCO SANTANDER!
SE TOCAN A UN, TOCAN A TOD@S!
Comité Local da CGT da Coruña
Todos somos Emilio Cao. Ao Carballiño o día 03 de decembro
O día 22 de marzo de 2014, Emilio Cao Mota, un rapaz do Carballiño, acudiu á manifestación convocada polas Marchas da Dignidade en Madrid.
A pesar de que a manifestación foi pacífica, os antidisturbos interviron, golpearon, detiveron indiscriminadamente e provocaron unha situación de violencia que só se pode explicar desde a intención do goberno de criminalizar a protesta. Emilio foi detido, como outros miles de persoas que está sendo reprimidas polo Estado nestes últimos anos. No seu caso, a fiscalía pide a disparatada pena de cinco anos e oito meses de prisión por uns delitos que non cometeu.
Por Emilio, e por tantos máis sometidos a a represión e inxustiza, as Marchas da Dignidade de Galicia convoca a todos a acudir á manifestación que se celebrará no Carballiño o sábado, 3 de decembro, para reclamar que non se cometa semellante atrocidade. A CGT da Coruña apoia esta manifestación e convoca aos seus afiliados e simpatizantes para que participen.
PAN TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE!
TOD@S Á RÚA FRONTE Á REPRESIÓN!
EU TAMÉN SON EMILIO CAO!Â
Comité Local da Coruña da CGT
Concentración contra os desafiuzamentos na Audiencia Provincial
A CGT acordou apoiar e difundir a concentración que o venres, día 18, ás 12:00 horas, convoca Stop Desafiuzamentos da Coruña diante da Audiencia Provincial, para denunciar a actitudes dos xuíces da provincia que, sen atender ás sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo, seguen aplicando a lexislación española, moito máis lesiva para as persoas que teñan dificultades en pagar.
A CGT anima aos seus afiliados e simpatizantes a que acudan a esta concentración e que apoien as mobilizacións das organizacións contrarias aos desafiuzamentos das persoas.
Comité Local da CGT da Coruña
De 11 a 14 anos de cárcere por defender a universidade pública
A CGT da Coruña convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, diante da Subdelegación do Goberno na Coruña, polos motivos que se expoñen:
En abril de 2013 realozouse unha ocupación do rectorado da Universidad Autónoma de Barcelona para esixir o cumprimento do acordo do claustro contraria a unha brutal suba do 66% das taxas e despedimento de traballador@s.
Varios profsores amosaron a súa solidariedade, entre eles Ermengol Gassiot, actual Secretario Xeral da CGT de Cataluña. Neste contexto, a CGT da universidade realizou unha férrea oposición ás políticas neoliberais de recortes lideradas polo rectorado. Read More
Manifestación contra o TTIP/CETA/TISA
Mañá, sábado, día 15, ás 19:00 horas, desde o Campo de Marte da Coruña terá saída unha manifestación contra os tratados TTIP/CETA/TISA, tratados de libre comercio que se están intentando impoñer entre EEUU e a UE.
A manifestación está convocada polas Marchas da Dignidade, das que forma parte a CGT e forma parte das mobilizacións en contra duns tratados que intentan entregar as nosas vidas ás multinacionais.
Comité Local da CGT da Coruña
Nova concentración contra o Banco Santander en apoio a Carlos
A CGT da Coruña convoca a súa afiliación e simpatizantes a unha nova concentración diante da sede do Banco Santander na Coruña, no Cantón Pequeno, número 15-17, o próximo mércores, día 5 de outubro, ás 13:00 horas.
A causa desta mobilizacióh é a inxusta decisión da empresa de trasladar a Carlos, un compañeiro que vive na Coruña e traballa en Ferrol a pesar de estar con xornada reducida por ter unha filla á que atender, a Viveiro, facendo imposible dunha forma definitiva a súa conciliación.
Ante este abuso da empresa, non podemos estar quedos.
O SANTANDER CASTIGA A QUEN CONCILIA!
CONTRA OS ABUSOS DA EMPRESA, SOLIDARIEDADE!
Comité Local da CGT da Coruña
A CGT da Coruña viaxa a Madrid o 18 de xuño

A CGT da Coruña participará na manifestación "En defensa do público" que terá lugar en Madrid o día 18 deste mes de xuño. A CGT participará para reivindicar a recuperación, para todos, dos bens incautados polo Estado e polas diferentes formas que este adopta, dos bens comúns para que sexan xestionados por todos, é dicir, polos traballadores e usuarios afectados, a través de mecanismos de democracia directa.
A CGT da Coruña non está defendendo a estatalización da vida, senón unha vida na que se administren as cousas por todos en troques do goberno das persoas, que o único que fai é xustificar un sistema económico e social inxusto como é o actual.
Por iso, a CGT da Coruña acudirá a Madrid para manifestarse con milleiros de compañeiros e compañeiras do sindicato e centos de organizacións sociais que xa anunciaron o seu apoio á convocatoria para berrar a favor da defensa dos servizos públicos e pola recuperación do que é de todos.
Comité Local da Coruña
19 de xuño: Marea Branca en defensa da Sanidade Pública
A CGT chama a participar activamente o vindeiro domingo 19 de xuño nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade , convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.
As mobilizacións terán lugar simultaneamente nas cidades da Coruña, Pontevedra e Lugo, ás 13:00 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco; en Pontevedra, na Praza da Peregrina, e na Praza Maior, na cidade de Lugo.
4 Xuño: Manifestación en Pontevedra polo peche de ENCE-ELNOSA
Un ano máis a CGT de Pontevedra renova o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na Marcha anual 2016 polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán. A manifestación sairá este sábado, 4 de xuño, ás 19,30h das Alamedas de Pontevedra e Marín, para confluir ámbalas dúas columnas diante das portas de Celulosa, na beiramar.
No curso da manifestación a CGT de Pontevedra repartirá o seguinte texto: Read More