post

A acampada pola xustiza social continua en Vigo

Continua medrado o campamento reivindicativo na praza do Concello, para nós  a «Praza da Xustiza Social»


O Venres, 3 de marzo, celebraremos actividades lúdico-reivindicativas. Ás 11:30 da mañá, farase o xuízo ao Meco cunha previa pequena lectura presentación aludindo aos valores da loita, solidariedade, etc. Tamén contaremos con actuacións para as máis cativas.
Antes, o lúnes 27, hai reunión coa Xunta para plantexarlle as nosas propostas e inquedanzas sobre as deficiencias do Albergue Municipal, os desfiuzamentos na cidade de Vigo e sobre o desamparo institucional que sofren as máis de 80 persoas que actualmente viven sen teito no que cobixarse.

 

post

A CXT de Galicia chama a tomar as rúas da Coruña o 25F en defensa das pensións e dos servizos públicos

A manifestación do 25 de febreiro, convocada polas Marchas da Dignidade de Galicia na Coruña, dará prioridade á defensa das Pensións Públicas e a defensa dos Servizos Públicos como esenciais para todas as persoas.

 

A CGT de Galicia fai un chamamento a todos os traballadores e ao pobo galego en xeral para que participe nesta mobilización en defensa daquelas conquistas que, recoñecidas polo poder tras moita loita, sufrimento e, mesmo sangue, están a ser desmanteladas e expropiadas polos explotadores e os seus fieis servidores, os políticos de garda, para traspasalas a mans privadas e para encher os seus petos.

Así mesmo, a CGT de Galicia non pode esquecer a todas as persoas que, neste momento son reprimidas utilizando a lexislación chamada "democrática" como coartada. Reclamamos que todos aqueles encarcerados e procesados por loitar polo dereito de folga, o de manifestación, o de expresión ou o de protesta sexan liberados ou os seus procesamentos anulados. Non imos admitir sen máis que compañeiras e compañeiros que están a loitar polo de todos vexan partida a súa vida por estar en primeira liña de loita contra a inxustiza.

 

A CGT de Galicia chama a ocupar as rúas coruñesas o próximo 25 de febreiro e convida a participar a toda a clase obreira, en activo ou desempregada, a estudantes, pensionistas, inmigrantes, ás diferentes "Mareas", aos colectivos antidesafiuzamentos e a todas as persoas que sofren o feroz ataque desenvolvido contra a maioría social co pretexto da crise-estafa.

 

Para a CGT de Galicia non existen tempos mortos. Por iso é necesaria a unificación de todas as loitas. O sábado, 25 de febreiro de 2017 é un momento adecuado para levalo a cabo e vaticinamos que esta mobilización será un excelente preludio para a manifestación que terá lugar en Madrid o 25 de maio.

 

PAN, TRABALLO E TEITO!

CONTRA O DESMANTELAMENTO DAS PENSIÓNS!

POLO PÚBLICO, PORQUE É DE TODOS!

BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL E SOCIAL!

 

post

25 Feb: Dende Pontevedra, súmate á manifestación na Coruña das Marchas da Dignidade

A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade acordou celebrar a manifestación xeral de "Pan, Traballo, Teito e Dignidade" e na "defensa das Pensións e dos Servizos Públicos", o sábado, 25 de febreiro, a partir das 12:00h, en A Coruña. Para organizar a movilización dende Pontevedra, a Plataforma Local, da que forma parte a CGT, acordou o seguinte:

Fletar un (ou máis) autobuses, con saída desde Marín (Parquing do porto, diante da Escola Naval, 9:45h) e Pontevedra (Pavillón de Deportes, 10:00h). O prezo do autobús por persoa é de 8 €, nun bus de 55 prazas.

Os teléfonos de contacto para reserva de plazas no autobús e abono do billete son: Marín (Javier, 699 64 45 01); Pontevedra (Miguel CGT, 627 791 645, e Damián CGT, 628 685 445). Tamén pode facerse a reserva, por correo electrónico: pontevedra@www.cgtgalicia.org.

A hora prevista de regreso e saída do bús de A Coruña é as 14,30, para chegar a Pontevedra-Marín ás 16,30h.

Comité Local CGT – Pontevedra

 

post

Pontevedra, 18 F: Defensa da Sanidade Pública

A CGT de Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, 18 de febreiro nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade. A concentración, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública terá lugar en Pontevedra, Praza da Peregrina, ás 12,30h.

A agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administracións é cada día que pasa máis noxenta. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

Comité Local da CGT de Pontevedra

 

post

RENFE e ADIF planean o peche da venda de billetes en 7 cidades galegas

RENFE e ADIF planean o peche da venda de billetes en 7 cidades galegas

Cando o Sector Ferroviario de CGT-Galiza, tivo coñecemento das intencións das empresas RENFE-Viaxeiros e ADIF de deixar de dar servizo de venda de billetes nas estacións galegas onde esta función está sendo feita por persoal de Circulación (Guillarei, Ribadavia, Sarria, O Carballiño, A Rúa e O Barco), puxemos en marcha unha campaña de denuncia ante os medios de comunicación, Concellos, veciños, Grupos políticos e Xunta de Galiza, informando das intencións empresariais e requirindo  dos veciños e de todas as institucións a defensa dos servizos de venda de billetes nestas estacións ferroviarias intermedias.

Esta campaña está a dar os seus primeiros resultados e Concellos como o de A Rúa e Sarria xa comezaron a mobilizarse contra os recortes dos servizos ferroviarios, concentrándose os veciños destas vilas e facendo unha viaxe reivindicativa dende A Rúa ata O Barco, onde participaron preto de 500 veciñ@s. https://goo.gl/ZjTNj6. Read More

 

post

25feb*A Coruña sumate as columnas das Marchas da Dignidade

Reserva xa a túa praza no bús (billete entre 3 o 4€) á Coruña e sumate a unha columna das Marchas da Dignidade.

COLUMNA "A": Ás 12:00 h saldrá da Estación Ferroviaria de Ronda de Outeiro, marchando por Capitán Juan Varela, Monforte, Fernando Rey, Juan Flórez, Marcial de Adalid, Federico Tapia a Praza de Ourense, donde confluirá coa columna B.

COLUMNA "B":  Ás 12:00 h saldrá do Campo de la Leña, irá por Panaderas Cordonería, S. Andrés, Praza de Pontevedra, Teresa Herrera, Praza de Lugo, Padre Feijoo e Praza de Ourense.

Na Praza de Ourense uniránse as duas columnas formando una soa que marchará ata os Xardíns de Méndez Núñez.

#PanTraballoeTeito

 

 

post

Pola recuperación do Parrote e da Maestranza

A CGT da Coruña manifesta o seu rexeitamento ao proceso especulativo que se está a levar a cabo polo Estado cos terreos do Hotel Finisterre e da Solana, da Coruña, así como cos terreos da Maestranza.

Estes terreos son do pobo da Coruña e deben revertir a éste e non server para fins distintos que aqueles polo que se produciron as cesións no seu momento.

A CGT da Coruña apoia as reivindicacións da Comisión Aberta en Defensa do Común, e anima aos seus afiliados e simpatizantes, así como á veciñanza da Coruña, a participar nas mobilizacións que teñan como obxectivo a recuperación do que é de tod@s.

Comité Local da CGT da Coruña