NON É HORA DE RESIGNACIÓN, SENÓN DE LOITA
Compañeiras e compañeiros: as condicións de vida da clase traballadora están pasando polo seu peor momento en décadas: cinco millóns de traballadores están no paro, centos de milleiros sobreviven a costa das súas familias ou de subsidios de miseria, milleiros están perdendo as súas vivendas, as colas das organizacións caritativas nunca foron tan longas… e non acabaríamos nunca de describir a situación actual.
En moitos xa se asentou a resignación e o conformismo; mentres os políticos -antes os do PSOE e agora os do PP- cargan sobre as clases máis débiles as súas receitas contra a chamada crise, os que a provocaron continúan impunes e, o que é máis indignante, seguen enchendo os seus petos entre a miseria e o desastre xeralizados. Nestas receitas participan tamén os sindicatos institucionais, sempre dispostos a negociar calquera cousa a cambio de manter os seus chiringuitos. Esta resposta feble está a provocar que o medo e a desmoralización se estea contaxiando rapidamente. Read More


