O Sector Ferroviario da CGT fixo público un comunicado ante o gravísimo accidente ferroviario acontecido en Compostela no serán de onte. O texto do comunicado é o seguinte:
Neste momento de dor é necesario priorizar a atención ás vítimas, entre as que se contan tamén cinco ferroviari@s (dous tripulantes falecidos, dous maquinistas e o interventor feridos), así como as súas persoas próximas.
A CGT decidiu desconvocar as folgas no Sector Ferroviario, as primeiras das cales ía ter lugar o próximo día 31 de xullo. Consideramos que esta desconvocatoria é un acto necesario de responsabilidade, tendo en conta que todos os ferroviarios estamos conmovidos por esta traxedia e é o momento de apoiar os afectados e de evitar tensións, de analizar o acontecido e de reflexionar sobre as razóns que permitiron que algo así puidese suceder. Read More
O día 29 de xullo, luns, ás 12:00 horas a CGT da Coruña convoca a todos os traballadores e á cidadanía en xeral a unha concentración diante do Centro de Atención e Información da Seguridade Social sito na rúa Félix Estrada Catoira esquina rúa Fernando Rey (preto da igrexa de san Pedro de Mezonzo), para respostar ás intencións do goberno de desmantelar o sistema público de pensións e de modificar tanto os requisitos como os sistema de cálculo das pensións futuras, así como a desaparición do custo da vida como factor a ter en conta para a súa revalorización.
A CGT ten convocado manifestación en Madrid para o vindeiro día 29 de xuño, que sairá ás 12 horas da Estación de Atocha e rematará na Porta do Sol. As mobilizacións, que ata agora se viñan plantexando descentralizadamente, pretenden non só a defensa dos empregos ferroviarios, ante os ERE"s anunciados en RENFE e ADIF, os recortes en Cremonini, polo futuro dos traballadores e traballadoras de Contratas Ferroviarias, Servizos Auxiliares, Comfersa, etc…, as habilitacións para o persoal da extinta FEVE, senón tamén a protesta pola inminente liberalización do ferrocarril, as supresións de trens de media distancia, o peche de liñas, a fragmentación de ADIF e RENFE.

