A CGT rexeita o ERE proposto en RENFE e convoca folgas no sector ferroviario

Dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza rexeitamos o E.R.E. que RENFE ten preparado para 2014 para os seus 13400 traballador@s e que anunciou o Presidente da compañía ferroviaria na sua comparecencia na Comisión de Fomento do Congreso, xa que esta medida de reducción de cadro de persoal no operador público ferroviario, ten a intención de aumentar a privatización das áreas de actividade de RENFE, onde xa hai moitísimos traballos que fan empresas externas (mantemento de trens, limpeza, información, checkin, venda de billetes, etc.) e facilitar a reducción de servizos ferroviarios.

mani_ferrocarril_madridDende a CGT defendemos o mantemento dos empregos no Sector Ferroviario, xa que tanto RENFE como ADIF son das empresas ferroviarias europeas con menor relación cadro de persoal/Km de vía, e maiores índices de productividade no sector, e unha nova reducción do volume do mesmo supoñería unha reducción da calidade do servizo ferroviario, xa que teríanse que privatizar actividades nos talleres, no mantemento da infraestructura, na atención o cliente, etc. xa de por sí moi minguados. Este E.R.E. supoñería o peche de talleres o traslado forzoso de traballadores/as, e a privatización de servizos, polo que CGT vai loitar contra as intencións do Ministerio de Fomento, tanto de reducir o cadro de persoal como de dividir a empresa en catro Sociedades Anónimas. Na Galiza o ERE afectaría a uns 160 traballadores/as de RENFE aproximadamente dos cales 38 son de Pontevedra, 64 de Coruña, 25 de Lugo e 33 de Ourense. Read More

 

Xornadas Libertarias na Coruña

Cartel exposición esperanto CoruñaA CGT da Coruña acolle o XVII Congreso de sindicatos da Confederación Xeral do Traballo (CGT), que terá lugar entre o 17 e o 20 de outubro de 2013.

Con motivo do Congreso, a CGT da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Libertarias que en anos anteriores estiveron adicadas á pedagoxía e á memoria histórica libertarias.

Nesta ocasión as xornadas serán mais amplas, abranguendo temáticas que van dende a autoxestión, o esperanto, os movementos populares no norte de África, a defensa do ensino público,…

Agardamos que as actividades programadas sirvan como espazo de aprendizaxe, reflexión e debate.

O Programa das Xornadas é o seguinte: Read More

 

 

A CGT rexeita as pretensións de RENFE de que maquinistas de Vigo operen entre Valenà§a e Porto.

RENFE prepara un proceso de formación en idioma portugués e en normativa de circulación ferroviaria portuguesa para habilitar aos seus traballadores e traballadoras de Conducción e Intervención de Vigo para circular cós trenes directos Vigo-Porto-Vigo en todo o seu traxecto, evitando así o cambio de persoal de servizo que agora se realiza en Valenà§a do Minho.
Desde a CGT de Pontevedra se ten remitido carta á Dirección de Recursos Humanos de Viajeros na que mostramos o noso rexeitamento fronte esta decisión, por supor unha reducción considerable dos estándares de seguridade respecto dos trenes de viaxeiros que circulan pola rede ferroviaria española.
Entre as poblacións portuguesas de Valenà§a do Minho e Nine, os trenes circulan baixo bloqueo telefónico e con sinais mecánicas. Esto quere dicir que este tramo, duns 90 Kilómetros, non ten ningún sinal luminoso protexido con balizas de seguridade, dependendo toda a seguridade da circulación no maquinista e nos traballadores e traballadoras portugueses que regulan a circulación do tráfico, mediante a expedición dos trenes entre estacións intercomunicadas por teléfono e a realización manual dos cambios polo persoal de circulación das estacións, que se encontran protexidos por sinais mecánicas que se activan mediante chaves bourés e palancas de accionamento manual. O sistema de seguridade portugués, CONVEL, tan só actúa no vehículo entre Valenà§a e Nine limitando a velocidade do vehículo a 120 Km/h, superada a cal pararía o tren, pero non actúa en caso de rebase dun sinal en indicación de parada, exceso de velocidade ao paso por cambios de vía ou en tramos concretos, pasos a nivel desprotexidos, etc. Read More

 

Concentración por un ferrocarril público e social na Coruña: contra as mentiras do plan municipal de mobilidade

concentración_tren_maría_pita

A Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT da Coruña, ten convocado unha Concentración para este sábado, 21 de setembro, ás 13:20 h na praza de María Pita. A plataforma chama a concentrarse por un ferrocarril público e social, e para denunciar as mentiras do plan de mobilidade e a campaña propagandística que está a desenvolver o Concello da Coruña con motivo da Semana da Mobilidade. A plataforma tamén lembra que o goberno municipal evitou apoiar calquera iniciativa a prol do tren de proximidade ou da utilización da Estación de San Diego, entre outras medidas contrarias á mobilidade sostíbel que dí agora defender.

Volantina

 

A CGT solicita reunión urxente e conxunta dos Comités de RENFE e ADIF na Coruña

Tras agardar un tempo prudencial para ter unha maior información sobre os feitos acaecidos, o pasado 13 de agosto solicitamos aos presidentes de ambos comités e a todas as organizacións sindicais que os componen, unha Reunión urxente cun único punto na Orde do Día: – Resolución e accións a tomar por ambos Comités ante o accidente de Santiago de Compostela de 24 de xullo. Todos os demais sindicatos teñen rexeitado a citada reunión, aludindo a que é demasiado cedo para nos pronunciar sobre os feitos sucedidos.

tren_cgt

A nosa intención ao solicitar esta reunión, era que os comités, cumplindo coa súa responsabilidade, emitiran unha resolución e un pronunciamento público para manifestar o seu parecer sobre o ocurrido, como traballadores e traballadoras coñecedores da realidade das instalacións, dos trenes e a súa seguridade, ante as versións que con máis o menos acerto foron aparecendo. E aínda mais, ante os ataques que se produciron ao noso compañeiro por parte dos máximos responsables de ambas empresas e algúns medios de comunicación, sen que se teña saído na súa defensa.

Non podemos entender a actitude, do resto dos sindicatos con representación no ámbito provincial, impedindo que se celebrara esta reunión e mantendo ao comité nun clamoroso silencio cómplice coas empresas.

Na CGT creemos lamentable esta actitude e así o decimos, para eles é demasiado cedo e para nós é demasiado tarde.

Read More

 

Reunións preparatorias do XVII Congreso

Entre o 17 e o 20 de outubro, a CGT celebrará o seu XVII Congreso de Sindicatos na Coruña. Para preparar axeitadamente os acordos que a CGT da Coruña defenderá nese Congreso, convócanse reunións preparatorias de debate os mércores do mes de setembro e tamén o último mércores de agosto, a partir das 19 horas. Os días de debate son, pois, os seguintes: 28 de agosto e 4, 11, 18 e 25 de setembro.

No seu momento convocarase a asemblea xeral para a adopción dos acordos definitivos a principios de outubro, en data que se anunciará axeitadamente.

 

Quen son os verdadeiros responsables?

CARTEL_FERROCARRILAnte a grande cantidade de informacións acerca do tráxico accidente de tren acontecido nas inmediacións de Compostela, dende a CGT queremos manifestar o seguinte:

Parécenos de todo indignante o trato que se está a dar ao traballador que conducía o tren do accidente de Compostela.

As declaracións dos Presidentes de Renfe-Operadora e ADIF sobre os motivos do accidente e culpabilizando dende o principio ao traballador evidencian o escaso coñecemento que teñen do ferrocarril e que unicamente foron postos nestas presidencias polo seu coñecemento de economía. Co fin de aforrar custos e preparar a difusión das empresas e a súa futura privatización, algo que sempre vai en detrimento da seguridade.

Cumpre lembrar que a liña entre A Coruña, Santiago e Ourense, e a de Madrid a Alicante, se inauguraron como liñas de Alta Velocidade, e así se recolle nas hemerotecas, onde están os políticos que participaron no evento e que tanto presionan para que se produzan as inauguracións, custe o que custe, para poder saír na foto.

Estas liñas non dispoñen dos sistemas de seguridade axeitados para circular como o resto de liñas AVE. Non están sinalizadas como as liñas convencionais pois se supón que os sistemas de seguridade suplen o sistema de sinalización, sempre e cando existan estes sistemas de seguridade. Read More

 

Concentración na Coruña por un ferrocarril público, social e seguro

Cartel_concentracion_tren_31072013 (2)A CGT da Coruña chama a participar na concentración que terá lugar mañá mércores, 31 de xullo, ás 19:30 horas na Estación de Trens de san Cristóbal.
Esta concentración está convocada pola Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT.
Nestes momentos, tras o gravísimo accidente ferroviario de Compostela, é máis necesaria que nunca a participación de todos e todas na defensa dun ferrocarril público e social, na esixencia dunha investigación independente dos intereses económicos e políticos, que proporcione as explicacións pertinentes e permita a depuración de todas as responsabilidades, e para que se poñan todos os medios necesarios para garantir a seguridade no transporte ferroviario.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Contra os saqueo das pensións

DSC00872

A todos os traballadores, a toda a cidadanía:

O goberno actual está preparando a modificación da lexislación sobre as pensións. Non contento coa reforma de pensións aprobada polo PSOE, que elevou a idade ordinaria de xubilación ata os 67 anos, o PP, alegando que o sistema non é sostible, seguindo o ditado dos poderes financeiros e dos intereses do capitalismo máis ruín e cobizoso, pretende aprobar unha reforma que supón o inicio do desmantelamento do sistema público de pensións e dará entrada, dunha forma definitiva, aos intereses privados, que pretenden facer negocio coas necesidades básicas da poboación. Read More