Concentración na Coruña en defensa da Sanidade Pública

concentracion_chuacA CGT da Coruña apoia a concentración convocada para o vindeiro xoves, 3 de setembro, ás 12 horas, na rotonda do CHUAC, demandando solución para a doente Dolores Asunción. Esta mobilización está convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, da que fai parte a CGT da Coruña.

O caso de Dolores Asunción é un exemplo mais que representa a milleiros de casos que todos e todas coñecemos. Dolores, con 76 anos, logo dunha caída que lle ocasionou a rotura dun xeonllo, leva 8 meses agardando atención, coa mobilidade reducida e precisando atención continua nas 24 horas do día. A pesar de ter presentado 4 reclamacións, aínda non foi incorporada á lista de agarda para ser operada.

Chamamos a toda a afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar nas mobilizacións en defensa dunha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade.

Comité Local da CGT da Coruña

 

A CGT denuncia enchufismo en Correos

Logo CGT Correos buzonA CGT en Correos ven de presentar denuncia á Inspección de Traballo pola contratación por parte da empresa pública Correos S.A.E de persoas sen estar nas listas de contratación e sen ter superado ningún tipo de proceso selectivo neste verán para traballar no Reparto e en Atención ao Cliente. A CGT tivo constancia destes contratos irregulares efectuados en Carballo, A Coruña e, especialmente, no pavillón postal que Correos ten perto do Aeroporto de Lavacolla.

A CGT entende que nunha provincia con máis de 80000 persoas na procura de emprego, se Correos precisara a persoas para traballar debería ter acudido aos servizos públicos de emprego ou facer reabrir as bolsas de contratación eventual de xeito transparente e público a toda a cidadanía tal como lle indica o convenio colectivo en vigor.

Desde o punto de vista da CGT Correos cometeu unha grave infracción na elaboración de contratos públicos ao non publicar en ningures as bases para a contratación, os méritos cuantificábeis nin ningún outro dos requisitos imprescindibles.

Mais información no blog da Sección Sindical da CGT en Correos na Coruña

 

30 de xullo: apoio ás sancionadas de Extel

Nos últimos meses a empresa Extel, no seu centro de traballo da Coruña, impuxo inxustas e desproporcionadas sancións a vari@s compañeir@s,  por feitos que en ningún caso son merecedores de castigo.

O próximo día  30 de xullo terá lugar o acto de conciliación previa á demanda ante o xulgado, de oito compañeiras que foron suspendidas de emprego e soldo entre 2 e  47 días.

Por este motivo, a CGT decidiu convocar un paro ese mesmo día, de 12 da mañá ás 6 da tarde para que tod@s @s compañeir@s das dúas quendas poidan acudir á concentración que terá lugar diante do organismo oficial de mediación (sito na rúa Salvador de Madariaga: Centro Comercial Elviña) de 12:15 a 13:00 horas.

Acude á concentración, mañán podes ser ti

Solidaridade e apoio mutuo

Sección Sindical da CGT en Extel

 

Concentración en solidariedade cos traballadores de Marktel-Valencia

O próximo venres, 24 de xullo, en coordenación co resto da CGT en todo o Estado, convócase unha concentración diante da tenda de Vodafone (principal cliene de Marktel) na Praza de Pontevedra da Coruña, ás 12:00 horas.

O motivo da concentración é o proceso de represión e persecución que esta empresa está levando a cabo contra o sindicato en Valencia, que chega a sancións e despedimentos de representantes electos. Esta situación ven provocada porque a empresa no está disposta a tolerar a presencia dunha organización que non traga coa súa política de explotación e amedrentamento do persoal.

Máis información picando nesta ligazón.

 

Nulidade dos despedimentos en Atento na Coruña

Logo do peche do servizo de información 11822 na Coruña no pasado mes de abril, no que Atento despediu 17 traballadores e traballadoras, a CGT interpuxo demanda estatal por despedimento colectivo encuberto, ao sumar máis de 30 despedimentos en todo o estado durante os tres meses anteriores.

Unha sentenza da Audiencia Nacional ven de recoñecer que se trataba dun despedimento colectivo e debería que ter sido tramitado como un ERE. Ao ter burlado Atento o procedemento legal, a sentenza declara a nulidade dos despedimentos e obriga a empresa a reincorporar as traballadoras e traballadores incluídos na demanda.

Atento_foto

Ainda que Atento xa empezou a notificar por escrito ás traballadoras que non vai interpoñer recurso contra a sentenza e que deben incorporarse ao seu posto de traballo este venres, 17 de xullo, a CGT denuncia a represalia que está a tomar Atento por perder o xuízo: mentres esixe a devolución íntegra da indemnización percibida no momento dos despedimentos nun prazo de 48 horas, é moito máis flexible na súa obriga de aboar os salarios deixados de percibir dende o despedimento ata a reincorporación.

Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

 

«Marea Branca» en defensa da sanidade pública o 19 de xullo

CARTELcgt_sANIDADEA CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 19 de xullo nunha nova "Marea Branca" convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema "A sanidade non se vende, deféndese!" esta mobilización está convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, da que fai parte a CGT da Coruña, por unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade: contra o peche de 1200 camas hospitalarias, contra a privatización da sanidade, polo dereito a vacinas e medicinas para todos e todas, … Na cidade de Compostela, a concentración terá lugar, o mesmo día e á mesma hora, na Praza do Toural.

Comité Local da CGT da Coruña

 

La CGT convoca un paro de 24 horas en los centros de Extel e Atento en A Coruña

El viernes 3 de julio los trabajadores y trabajadoras de Extel y Atento en Coruña están llamados a un paro de 24 horas, que coincide con los convocados en Extel Zaragoza y Málaga -también de 24 horas- y de Extel Madrid – de 3 horas.

Coincidiendo con la jornada de huelga, las trabajadoras y trabajadores de ambas empresas se concentrarán a las 12:00 delante de la tienda que Movistar tiene en la plaza de Pontevedra.

Con esta nueva jornada de protesta, los trabajadores y las trabajadoras de Atento y Extel que prestan servicio para Movistar, pretenden dar un paso más para acabar con la explotación laboral contra la que llevan luchando desde hace más de un año y que cada día se agrava más, haciendo público las deplorables condiciones laborales que sufren por parte de las empresas subcontratadas por Movistar. Read More

 

A CGT da Coruña chama a participar o 21 de xuño na «Marea Branca» en defensa da sanidade pública.

a3-marea-blanca-bj2A CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 21 de xuño na «Marea Branca» convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema «A sanidade non se vende, deféndese!» esta mobilización está convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, da que fai parte a CGT da Coruña, por unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade: contra o peche de 1015 camas hospitalarias, contra a privatización da sanidade, polo dereito a vacinas e medicinas para todos e todas, …

 

Manifestación dos traballadores de Correos en Compostela

O próximo sábado, día 20, a CGT, conxuntamente coa CIG, convoca unha manifestación en protesta pola situación dos traballadores de Correos. A mobilización comezará ás 11 da mañá na Porta do Camiño e rematará no edificio de Correos na rúa do Franco.

  • Menos carteir@s, menos contratación, máis recortes, máis precariedade laboral.
  • Queren acabar con nós!
  • Temos que impedilo!
  • Sen carteir@s non hai Correos
  • Pola cobertura de todas as prazas
  • Polo cumprimento do servizo público universal
  • Por unhas condicións de traballo dignas no CTA

Sindicato Federal de Correos da CGT – A Coruña

 

Outro sindicalismo é posible?

clip_image002Mañá, martes, ás 19 horas, baixo o lema «Outro sindiclismo é posible» , as Marchas da Dignidade de Ferrolterra orgaizan un acto no centro cívico de Caranza, en Ferrol, no que participarán os sindicatos CGT, CNT, CUT, Sindicato da Elevación, SF, SLG, STEG e SXG, todos eles presentes nas Marchas da Dignidade de Galicia.

Segundo manifestan os organizadores, «Con el pretendemos que se cree outro polo sindical, oposto ao conformados por eses sindicatos convencionais, e que axude a retornar equilibrio á situación de defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras.»

Comité Local da CGT da Coruña