Unipost continúa a incumprir cos seus traballadores

IMG-20151215-WA0001De novo, a empresa Unipost volve saltar o pagamento da extra de Nadal aos seus traballadores e traballadoras, incumprindo todos os acordos establecidos nese senso e decidindo de xeito unilateral un calendario de pagamentos.
Na reunión celebrada en Barcelona o día 15 de decembro, a empresa ten comunicado que volverá a fraccionar a paga de Nadal en 4 prazos do 25%: o 5 de xaneiro (aínda que sen garantir); o 5 de abril, coa nómina de marzo; o 5 de maio coa nómina de abril; e o 5 de xuño, coa nómina de maio (abonando nesta última os xuros de mora).
A empresa asegurou o pago íntegro da nómina de decembro no vindeiro 5 de xaneiro e asegurou que dende o primeiro de xaneiro asumirá a recuperación do 2,5% das táboas salariais.
A CGT solicitou á empresa o pagamento íntegro da totalidade da paga e non vai a consentir máis retrasos. Acudirá novamente aos tribunais para que paguen canto antes. Asemade, a CGT lembra á empresa que o acordo vixente, no seu punto 6, afirma que a empresa aboará a paga de Nadal en tempo e forma, polo tanto volve a incumprir.
Ademais, a CGT recorda que existe unha comisión de seguimento encargada de velar polo cumprimento íntegro do acordo dado o compromiso firmado por Unipost-UGT-USO. Pese a ser eles os asinantes do acordo que establece o pagamento no día 15 de decembro, a UGT e USO solicitaron á empresa «que dea algo da paga», admitindo o incumprimento empresarial.

Sección Sindical da CGT en UNIPOST

 

Concentración na Mutua «La Fraternidad» (Posposto)

Posponse sen data a concentración na Mutua «La Fraternidad», debido á convocatoria, por parte dela, dunha reunión a semana que ven, na que se vai dar resposta aos puntos importantes das reivindicacións dos traballadores.

Ante o maltrato que están a sofrir, por parte da mutua "La Fraternidad-Muprespa" os traballadores de Zara Logística, os sindicatos presentes no Comité de Empresa, entre os que está a CGT, decidiron convocar unha concentración o próximo mércores, día 25, ás 10:00 horas, ás portas da sede da Mutua, situada na Avenida do Exército, 12, da Coruña.

A CGT fai un chamamento aos seus afiliados e simpatizantes para que se sumen a esta concentración e se poida parar así, a práctica antiobreira de "La Fraternidad".

Comité Local da Coruña

 

En defensa da Sanidade Pública … nova Marea Branca

mareabranca_nov2015A CGT anima a participar activamente o vindeiro domingo 15 de novembro nunha nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.

As mobilizacións terán lugar simultaneamente na Coruña, Pontevedra e Compostela, ás 12:30 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco, en Pontevedra na Praza da Peregrina, en na Praza do Toural en Compostela.

 

 

As Marchas da Dignidade a Compostela, o 24 de outubro

cartaz_dignidade_24OAs Marchas da Dignidade, das que fai parte a CGT de Galicia, chaman a encher o Obradoiro nunha grande mobilización en Compostela, o vindeiro sábado 24 de Outubro. Varias columnas procedentes das diferentes cidades e vilas da Galiza van a confluir na Praza do Obradoiro, arredor das 12 do mediodía.

Os autobuses das Marchas da Dignidade da Coruña sairán da Praza de Ourense ás 09:45 horas.

A CGT da Coruña intégrase dentro da chamada Columna Norte, que partirá da explanada do antigo Mercado do Gando de Salgueiriños, ás 11 da mañá, marchando por Xoán XXIII e San Francisco até o Obradoiro.

O regreso farase ás 14:30 horas desde a lanzadeira de autobuses que está sobre o aparcadoiro da rúa Xoán XXIII.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Mobilización en Atento contra a persecución sindical á CGT e a represión sindical

O vindeiro xoves, día 1, a CGT convoca unha nova mobilización ás 8 da tarde na rúa Juan Flórez 80-82, diante do centro de traballo da empresa Atento, para esixir o fin da persecución sindical contra a CGT e o cesamento das agresións ás traballadoras e traballadores que recentemente foron amoestados por Atento tras reclamar, nun exercicio de responsabilidade do que a empresa carece, un protocolo de emerxencia ante unha incidencia masiva de aplicacións informáticas como a que ocorreu o pasado 8 de setembro. Por mor da reivindicación laboral -espontánea, razoada e razoable- do persoal, Atento tomou represalias contra dúas delegadas da CGT acusándoas de instigadoras do plante laboral e tamén de extralimitarse nas súas funcións sindicais, cando neste sentido a súa actuación foi irreprochable ao defender aos traballadores e traballadoras das ameazas da empresa. Non só iso, senón que a CGT presentou inmediatamente unha denuncia polos feitos ocorridos ante a inspección de traballo, polo que cremos firmemente que a empresa está a tomar represalias contra o noso sindicato. A apertura dos expedientes disciplinarios pode supoñer unha sanción de ata 3 meses de emprego e soldo ou o despedimento das compañeiras. Read More

 

Folga de 24 horas na empresa Extel na Coruña

Os traballadores subcontratados por Movistar están chamados a un paro de 24 horas, o próximo mércores, día 30 de setembro

A CGT convoca de novo un paro de 24 horas na empresa de telemarketing Extel, situada en Matogrande, na Coruña e chama aos seus máis de mil traballadores a unha nova xornada de loita en defensa das súas condicións laborais.

Así mesmo, ese día, farase unha concentración ás 12:00 diante de Adecco (dono da empresa Extel), na rúa Rafael Dieste, 1, esquina coa Avda de Monelos.

Desde a adquisición de Canle + por parte de Movistar, os traballadores que atenden os seus servizos viron incrementada a carga de traballo e a presión á que están sometidos, empeorando aínda máis as condicións ás que son sometidos. Unha alta porcentaxe da plantilla está de baixa por tensión ou ansiedade, moitos traballadores deciden abandonar a empresa porque non poden máis.

A situación no centro de Extel na Coruña é insustentable: sancións desorbitadas de ata 47 días de emprego e soldo, por non tentar vender aos clientes que chaman ao 1004, presión desmedida, berros por parte dos superiores, imposibilidade de conciliar a vida laboral e familiar, modificacións substanciais, salarios conxelados e nulo diálogo co Comité de Empresa.

Sección Sindical da CGT en Extel-A Coruña

 

25 de setembro: Concentracións en Atento contra a represión sindical e laboral

cartaz_concentracion_atento_sept_2015O pasado 22 de setembro, a empresa Atento abriu expediente contraditorio por falta grave ou moi grave a Montse e Pilar, dúas delegadas da Sección Sindical da CGT en Atento Coruña, cunha sanción a determinar de ata 3 meses de emprego e soldo ou mesmo o despedimento (Represión sindical e laboral en Atento-A Coruña).
Atento pretende asustar e desmobilizar aos traballadores e traballadoras, consciente das consecuencias das recentes loitas promovidas pola CGT nos dous últimos anos: nulidade do ERE do pasado ano, nulidade dos despedimentos no ERE encuberto deste mesmo ano, denuncia das condicións de explotación a que os traballadores e traballadoras se ven sometidos, … demostrando que coa unión e a solidariedade facémonos mais fortes.
Así, o vindeiro venres 25 de setembro, ás 12 horas, terán lugar concentracións simultáneas baixo o lema "Paremos a represión!. Todos e todas somos Pilar e Montse!" nas plataformas de Atento na Coruña (rúa de Juan Flórez, 80-82), Sevilla, Bilbao, Valencia, Madrid, León, Santander, Lleida e Barcelona.

 

Represión sindical e laboral en Atento-A Coruña

A CGT denuncia o acoso e a persecución á que está a someter Atento aos traballadores e traballadoras que plantan cara aos seus abusos; nos últimos días a empresa está a sancionar con amoestacións escritas ao redor de 80 traballadoras e traballadores do 1002 (servizo técnico de liñas de voz, internet e TV de Movistar) que o pasado 8 de setembro, ante a caída xeral das aplicacións informáticas, desconectaron os seus postos de traballo por non existir un mínimo de garantías para desempeñalo, nin un protocolo de actuación ante tales situacións (protocolo que as compañeiras e compañeiros esixían ter por escrito para volver atender as chamadas dos clientes, xa que non está recollido na operativa do servizo e non cumprir a operativa pode carrexar sancións).

Ademais, Atento abriu un expediente sancionador infestado de falsidades ás dúas delegadas da CGT presentes ese día no centro de traballo, acusándoas de instigadoras do plante laboral -espontáneo, razoado e razoable- do persoal; e tamén de extralimitarse nas súas funcións sindicais, cando neste sentido a súa actuación foi irreprochable ao defender aos traballadores e traballadoras das ameazas da empresa. Non só iso, senón que a CGT presentou inmediatamente unha denuncia polos feitos ocorridos ante a Inspección de Traballo, polo que cremos firmemente que a empresa está a tomar represalias contra o noso sindicato. A apertura dos expedientes disciplinarios pode supoñer unha sanción de ata 3 meses de emprego e soldo ou o despedimento das compañeiras. Read More

 

Nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública

a3-marea-blanca-setembroO vindeiro domingo 20 de setembro está convocada unha nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.

As mobilizacións terán lugar simultaneamente na Coruña, Pontevedra e Compostela, ás 12:30 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco, en Pontevedra na Praza da Peregrina, en na Praza do Toural en Compostela.

 

 

Caos en los Call Center de Movisar tras la fusión con Canal+

La CGT denuncia el empeoramiento de las ya lamentables condiciones laborales que están sufriendo los trabajadores y las trabajadoras subcontratados por Movistar tras la compra de Canal+, en las empresas Extel y Atento.

Desde el pasado mes de julio, los servicios de atención al cliente de Telefónica-Movistar (1004) están obligados a atender a los clientes de Canal+ sin que sus trabajadores hayan recibido la formación adecuada para ello y en la mayor parte de los casos, sin tener acceso a las aplicaciones necesarias para consultar qué servicios tienen contratados los clientes. En estas condiciones se les presiona y amenaza para que vendan productos y que disminuyan el tiempo de las llamadas.

Mientras, en el 1002, hasta ahora número de asesoramiento técnico de Movistar, también se ha pasado a prestar asistencia técnica de Canal+, lo que ha supuesto un notable incremento en las llamadas, al igual que en el 1004, sin que apenas se hayan ampliado las plantillas que las atienden. Read More