Convócase a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes a estas importantísimas concentracións pola dignidade e contra as agresións á CGT por parte da multinacional francesa. Haberá unha nova manifestación o vindeiro sábado 26 de marzo.
Solidariedade cós despedidos de Citroà«n
Compañeiros da sección sindical de CGT en Citroà«n – Vigo, abrimos unha conta de solidariedade cós compañeiros recentemente despedidos. O nº de conta é 2080 0117 11 0000104941, en Caixanova.
Os gastos da intensa movilización (concentracións semanais diante da fábrica, manifestación do día 12, semana de loita do 21 ó 27 de febreiro, movilizacións de marzo), así como de defensa xurídica e para facer frente ás multas (6.000 €), nos impoñen acudir a solidariedade confederal, tanto dos sindicatos e seccións sindicais como dos militantes.
Agardamos a vosa solidariedade. Un saúdo anarcosindicalista.
Sección sindical CGT-Citroà«n
Manifestación contra a represión sindical en Citroà«n
Este sábado 12 de febreiro ás 12:00 dende a rotonda do Alcampo de Coia ata a porta da factoría de PSA-Citroà«n da zona franca.
Convócase a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes a esta importantísima marcha pola dignidade e contra as agresións á CGT por parte da multinacional francesa.
Forte represión policial na xornada da folga xeral:
En Vigo, destaca a xornada de folga pola  forte represión policial con continuos rexistros ós  sindicalistas, así como o exaxerado número de furgóns de policías antidisturbios.  Hai que suliñar  a detención de cinco persoas no grupo de piquetes da CUT no centro da cidade.
27 Xaneiro: Folga Xeral e manifestación en Vigo
A Federación Local de Sindicatos de Vigo convoca a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes á manifestación que se celebrará en Vigo durante a xornada de folga este xoves 27 de xaneiro. A manifestación sairá da Praza Fernando o católico ás 11:30 a.m.
Concentracións contra a represión sindical en Citroà«n
Convocadas novas concentracións contra os despidos diante das portas da factoría :
1, 15, 18 e 22 de febreiro de 13:15 a 14:30
2 e 9 de febreiro de 21:00 a 22:00
Represión sindical en Citroà«n
Tres afliados a Confederación foron despedidos no último mes.
A direccion de Citroen en menos dun mes despediu a tres afiliados da CGT. Demasiada coincidencia, como para creer que é froito da casualidade. Read More
Concentracións contra os despidos en Citroà«n
Os martes 11, 18 e 25 de xaneiro, ás 13,15 horas, realizaránse concentracións diante de Citroà«n, con motivo do despido de tres compañeiros.
Nin despidos nin represión!
Readmisión xa dos tres despedidos!
Unísono tamén despide durante o Nadal
Concentración contra a explotación patronal
O VINDEIRO XOVES 23 DE DECEMBRO FRONTE A TENDA DA ONG AMARANTE SETEM EN PONTEVEDRA (rúa Conde de San Roman 9). ÁS 18:00h.
De todas é coñecida a actitude desta «ONG» en relación aos dereitos dos traballadores e as súas prácticas empresariais: despedimentos e constantes violacións dos dereitos laborais. Para amosar a nosa repulsa fronte a este tipo actitudes, máis se cabe, vindo unha organización que se di transformadora e tamén a nosa solidariedade coa compañeira despedida, convocámosvos a esta concentración diante da sede da organización Amarante en Pontevedra o vindeiro xoves 23 de decembro ás 18:00.
Si se comportan como empresarios , responderémoslles como empresarios.

