CGT Pontevedra, 10 D: Na defensa da sanidade pública

A CGT de Pontevedra-Arousa manifesta seu apoio e participa na manifestación "En Defensa da sanidade pública" que terá lugar en Pontevedra este 10 de decembro, con saída ás 20:00h, dende o Hospital Provincial. A CGT fai un chamamento a todos os seus afiliados e a toda a poboación de Pontevedra para sair á rúa e denunciar o desmantelamento e privatización dos servizos públicos, tamén os sanitarios. ¡A loita contra a política económica e social do goberno continúa!

CGT Pontevedra – Arousa

 

CGT Pontevedra: 1 D, Manifestación pola sentenza do Prestige

CGT – Pontevedra, a Plataforma cidadá Nunca Mais e outras organizacións sindicais, sociais e políticas convocan en Pontevedra unha manifestación para o día 1 de decembro, en protesta pola burla e inxustiza que supón a sentenza do Prestige.
Sabemos moi ben que nunca xamais foron os xuíces nin os Tribunais de Xustiza quen de facer xustiza verdadeira, pero esta sentenza a máis de inxusta, ofende a dignidade de todas aquelas persoas que sofrimos e loitamos contra a marea negra do Prestige e os seus responsables. A manifestación sairá da Praza da Ferrería, ás 12 da mañán.

CGT-Pontevedra, Comité Local

 

 

CGT contra a mafia empresarial de Mercadona

A CGT de Pontevedra convoca, para este mércores, día 6 de novembro, ás 18:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá ante as portas de Mercadona este día. Read More

 

 

CGT Pontevedra – XVII Congreso

Dende o 17 ata o 20 de outubro, a CGT celebrará o seu XVII Congreso na cidade da Coruña. A CGT de Pontevedra – Arousa convoca a Asemblea para decidir sobre todos e cada un dos puntos da Orde do Día, para o venres, 4 de outubro, as 19:00h, no local do sindicato en Pontevedra. Entretanto, continuarán facéndose os encontros e reunións prepararatorias de debate, que xa viñemos facendo dende finais de xullo, e que agora ampliánse a todos os luns de setembro (días 9, 16, 23 e 30), como sempre, ás 20:00h

CGT Pontevedra – Comité Local

 

Por unhas pensións públicas e dignas

IMG_0663Onte, 29 de xullo, ás 20:00 horas, militantes da CGT de Pontevedra realizaron na céntrica Praza da Peregrina, un Punto informativo, con exposición de tres paneis explicativos e reparto de panfletos, para ofrecer unha resposta, sindical e colectiva, ás intencións do goberno de desmantelar o sistema público de pensións e de modificar tanto os requisitos como os sistema de cálculo das pensións futuras, así como a desaparición do custo da vida como factor a ter en conta para a súa revalorización.
Decenas de persoas achegaronse ó Punto Informativo para debatir cos militantes da CGT de Pontevedra sobre a información aportada nos paneis e, así mesmo, cerca dun millar de transeuntes recibiron en man a documentación preparada polo Sindicato, animando a mobilización. Esta mesma acción repetirase, a principios de setembro, en outros barrios de Pontevedra e na comarca de Arousa. Polo reparto do traballo e da riqueza,
¡A loita da CGT contra a política económica e social do goberno continúa!

CGT Pontevedra-Arousa

 

29 Xullo: Por unhas pensións públicas e dignas

O próximo luns, día 29 de xullo, ás 20:00 horas, militantes da CGT de Pontevedra realizarán na céntrica Praza da Peregrina, un Punto informativo, exposición e reparto de panfletos, para ofrecer unha resposta, sindical e colectiva, ás intencións do goberno de desmantelar o sistema público de pensións e de modificar tanto os requisitos como os sistema de cálculo das pensións futuras, así como a desaparición do custo da vida como factor a ter en conta para a súa revalorización.
Polo reparto do traballo e da riqueza,
¡A loita da CGT contra a política económica e social do goberno continúa!

CGT Pontevedra-Arousa

 

Aplazamos la Fiesta de La Campana

La reunión de amigos de La Campana (semanario pontevedrés de información y pensamiento anarquista, que, desde 1996, a lo largo de doce años y en cuatro épocas diferentes, animó el debate y el encuentro entre libertarios) decidió en el día de ayer aplazar la Fiesta de La Campana, prevista inicialmente para este sábado 27 de julio. Tan pronto se conozca la nueva fecha, se comunicará a todos los interesados y en esta misma web.
Amigos de La Campana