Convocada folga en tódolos centros de traballo de Atento España

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) ten convocado para o vindeiro luns, 2 de Abril, unha xornada de paros de dúas horas en tódolos turnos de traballo de tódolos centros e plataformas da empresa Atento de todo o estado español, en protesta polos despidos de centos de traballores nos centros de traballo da Coruña, Valencia, Getafe, …No centro de traballo de Atento en A Coruña, o resto de organizacións sindicais (UGT, CCOO, e CIG) presentes no Comité de Empresa, tamén decidiu apoiar a convocatoria de CGT, organización maioritaria, polo que se tratará tamén, a nivel local, dunha convocatoria do Comité, en resposta ós 179 despidos de traballadores e traballadoras deste centro coruñés.

Os paros terán lugar cos seguintes horarios: de 0 a 2 horas, de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas, do vindeiro luns 2 de abril. Asimesmo, se celebrarán concentracións ás 11 e ás 17 horas.

 

Continúan as movilizacións contra os despidos en ATENTO Coruña

A movilizaciós dos traballadores e traballadoras de ATENTO Coruña continúan trala gran manifestación do pasado venres, 23 de marzo. O Comité de Empresa convocou de novo concentracións para este venres, 30 de marzo, ás 12 horas e ás 20 horas, diante da sé da empresa na rúa de Juan Flórez.

Como sempre, a solidaridade é a nosa mellor arma, ACUDE

 

Unha multitudinaria manifestación percorre as rúas coruñesas en protesta polos 179 despidos en Atento

atento-mani-en-coruna-039.jpg

A manifestación convocada en protesta polos 179 despidos en Atento na Coruña reune a máis de 8000 persoas que percorren as rúas máis céntricas da cidade esixindo a readmisión dos despedidos, e lembrandolle á empresa que fronte ás súas agresións vai atopar a resposta contundente da clase obreira.
Read More

 

 

Novas movilizacións en Atento. Concentracións, luns 19 e martes 20; e Manifestación o venres, 23

Hoxe se producirá de novo unha CONCENTRACIÓN de traballadores e traballadoras contra dos despidos de 179 compañeiros e compañeiras en ATENTO A Coruña, diante da sé da empresa na rúa Juan Florez 80-82.

Mañá, martes 20, día en que se fan efectivos os 179 despidos, se repetirán as concentracións ás 12 e ás 20 horas.

O venres 23, coincidindo coa Manifestación está convocado un paro parcial no centro de traballo da Coruña, entre as 20 e as 22 horas.

ASISTIDE.

 

 

Videos da carga policial contra traballadores e traballadoras concentrados frente ATENTO na Coruña

Carga PolicialNa rede xa hai imaxes da carga policial de onte pola mañá durante a concentración de traballadores e traballadoras en protesta polos 179 despidos da empresa de telemarketing Atento na Coruña.

Podedes visionalas nas seguintes ligazóns:

 

 

Convocatoria Urxente: Asambleas de Traballadores e Traballadoras de ATENTO

Tanto mañá venres como o vindeiro sábado se celebrarán Asambleas de Traballadores e Traballadoras de Atento co gallo das movilizacións contra os 179 despidos de compañeiros e compañeiras no centro de traballo da Coruña.

Se celebrarán no Centro Social de Os Maios, nos seguintes horarios:

De 11 a 13 horas.

De 19 a 21 horas.

ACUDIDE