A manifestación da CGT na Coruña

Cabeceira da manifestaciónUn poco despóis das 12 do mediodía, un cento de persoas convocadas pola CGT iniciou a manifestación desde a Praza de Pontevedra, na Coruña.

A manifestación iba encabezada por unha pancarta que, en grandes tipos, tiña como lema «Folga Xeral» e recorreu diversas rúas do centro urbano, como as de San Andrés, Nova, Real, Barrera e Pontejos, rematando, á unha da tarde, na Praza do Humor.

Durante o percorrido, botáronse berros contra o capital, os despidos e o paro, así como cántigas e consignas chamando á Folga Xeral.

No remate, o secretario de comunicación da CGT coruñesa fixo unha exposición dos motivos que nos levan a chamar ao resto de traballadores a unha Folga Xeral, estando os catro millóns de parados, os EREs e a malchamada crise capitalista na orixe da necesidade imprescindible da súa convocatoria.

 

Primeiro da Maio na Coruña

Imaxe da manifestación da CGT coruñesa no ano 2008

Imaxe da manifestación da CGT coruñesa no ano 2008

Este Primeiro de Maio, a CGT da Coruña volverá sair á rúa. A manifestación partirá da Praza da Pontevedra, ás 12 horas.

O manifesto da CGT coruñesa di o seguinte:

«Este Primeiro de Maio de 2009 os traballadores atopámonos nunha situación insostible. O desemprego chega xa a preto do número de 4.000.000 de parados, moitos deles sen cobertura ningunha, e esta situación esixe unha resposta contundente pola nosa parte. Read More

 

 

Continúan os paros dos traballadores de O+M de Telefónica na Coruña

Os traballadores del departamento de O+M de Telefónica na Coruña continúan cos paros semanais dunha hora convocatos, entre outros, pola CGT, e que están a contar cun seguimento do 100% dos convocados (excluindo baixas e servizos mínimos). Como resultado, ainda que non ten habido achegamentos por parte da empresa, o feito é que polo de agora ten parado o plan piloto que tiña previsto probar na Coruña.

 

Elixido novo Secretariado Permanente do Sindicato de Oficios Varios da Coruña

Na Asemblea celebrada o pasado venres, 23 de xaneiro, nos locais sindicais do SOV da Coruña, ademais de procederse á toma de acordos e ao nomeamento de delegados para o Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia, se procedeu á renovación do Secretariado Permanente do Sindicato. O compañeiro Angel Valladares, da sección sindical de ADIF, ocupará a responsabilidade de Secretario Xeral, mentres que o compañeiro Manuel Creo, da sección sindical de Atento, se fará cargo da Secretaría de Organización. Para eles e para todos e todas, saude e acerto

 

Concentración en Boiro na defensa dun Correos público e de calidade, e pola dignidade no traballo

A Confederación Xeral do Traballo (CGT), xunto co resto de organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal e mailo comité de Empresa de Correos na Coruña convocan a unha concentración diante da Oficina de Correos de Boiro, o vindeiro luns, 26 de xaneiro, ás 9:15 horas pola defensa dun servizo de correos público e de calidade, e pola dignidade no traballo. Read More

 

Atento y Telefónica vuelven a ser denunciados por sus abusos empresariales

Telefónica y su filial -Atento- perpetraron el pasado 14 de diciembre el despido masivo e injustificado de cerca de 80 trabajadores que atendían el número de atención 11822, servicio de información de Telefónica. Atento justificó los despidos argumentando una falsa disminución del volumen de trabajo, que encubre una irrefrenable externalización de los servicios telefónicos de atención al cliente que Telefónica está trasladando a sus centros de llamadas en América Latina y Marruecos. La práctica totalidad de los trabajadores despedidos han emprendido acciones legales contra la empresa, reclamando individualmente la nulidad o improcedencia de su despido. Read More