Crónica da xornada de Folga Xeral 29M (II)

Na madrugada continuou a actividade de piquetes con presenza de traballadores da CGT recorrendo o polígono de Sabón. Outro piquete de CGT está concentrado fronte á empresa Atento de telemarketing y outro se concentra agora no Edificio Proa, nos accesos ao polígono de Pocomaco.

No transporte, o tráfico de acceso á cidade é bastante menor que o habitual dun día de actividade laboral, ainda que houbo vehículos de transporte escolar polas rúas da cidade. Sen embargo, a estación de autobuses está totalmente paralizada. No transporte urbano, funcionan tan só os servizos mínimos.

O porto non ten nengún tipo de actividade pesqueira nin comercial. Non houbo actividade no servizo de recollida de lixo.

Na Administración Pública, fronte ás instalacións da Xunta de Galicia, no Edificio de Monelos, un piquete de CGT permaneceu concentrado na hora de entrada e informou aos traballadores nas puertas. O seguemento da folga nas dependencias principais da Xunta de Galicia sitúase por riba do 70%.

Nas empresas do sector do telemarketing, o seguemento do paro en Atento ou Eurocen, está a ser moi relevante, maior que na folga do pasado mes de setembro.

Agora o esforzo céntrase no comercio e a hostalería, con varios piquetes percorrendo diferentes zonas comerciais (San Agustín, Praza de Lugo, Juan Florez, Ramón y Cajal, …) da cidade.

En educación, o paro é case total na Universidade con moitos centros pechados e sen sinal algunha de actividade docente nos poucos que abriron as súas portas. En ensino non universitario, o seguemento é algo maior en secundaria que en primaria e infantil.  

 En xeral, o seguemento da xornada de folga está a ser notable en aquelas empresas e sectores con presenza de CGT. 

Ás 12,30 horas partirá desde a Praza de Portugal, a manifestación convocada pola CGT da Coruña conxuntamente coa CUT e que rematará ante a Delegación do Goberno.

 Estamos a realizar un seguemento constante na nosa páxina de Facebook: CGT A Coruña

 

Crónica da xornada de Folga Xeral 29M (I)

Diferentes grupos de piquetes informativos da CGT se puxeron en marcha dende última hora da tarde e concentráronse en varias empresas e polígonos industriais da cidade.

Na empresa Eurocen, do sector do telemarketing, os traballadores e traballadoras consiguen que non se impartan os cursos de formación previstos para o día da Folga Xeral. Tra-la presión colectiva, a empresa ten anunciado que os cursos non se levarán a cabo mañá.

Na empresa Zara Logística, no polígono de Sabón, un grupo de máis dun cento de traballadores se ten concentrado nas entradas coincidindo cós cambios de quenda de traballo. O seguimento da folga en Zara Logística está a ser prácticamente total en tódolas quendas que tiñan a entrada ás 22, 23 e 00 horas. Un helicoptero policial sobrevoou en todo momento a entrada da factoría, vixiando a presencia do piquete. Non houbo incidentes xa que case ningún traballador optou por non secundar a folga.

    Read More

 

Manifestación na Coruña o 29-M

O xoves, día 29, a CGT da Coruña, xunto coa CUT, convocan unha manifestación pola derrogación da Reforma Laboral, que sairá ás 12:30 horas da Praza de Portugal.

A CGT chama á mobilización de todas e todos os traballadores para que participen activamente na Folga Xeral convocada e para que se sumen a esta manifestación para berrar que os dereitos non se negocian e que non aceptaremos as decisións antiobreiras que nos están impoñendo.

OS DEREITOS NON SE NEGOCIAN, DEFÉNDENSE

DERROGACIÓN DA REFORMA LABORAL, XA!

 

En defensa das condicións laborais, ningunha reducción de xornada

Ante a brutal agresión que supón a reducción de xornada de ata 5 horas que a empresa Atento ten aplicado aos seus traballadores e traballadoras do CAT ADSL, a iniciativa da sección sindical de CGT, o Comité de Empresa ten convocado a tódolos traballadores a paros dunha hora de duración por quenda (de 0 a 1, de 11 a 12 e de 19 a 20 horas) os días 23 e 26 de marzo.

Mañá, venres 23 de marzo haberá concentracións de protesta coincidindo cós paros, ás 11 e ás 19 horas, diante do centro de traballo (entrada pola rúa Enrique Dequidt).

Acude e participa !!!

 

CGT da Coruña apoia a manifestación de A Coruña en Loita para o 25 de marzo.

A CGT da Coruña apoia a manifestación que ten convocado a Coordinaroa «A Coruña en Loita» para o vindeiro domingo 25 de marzo, as 12:00 con salida do Obelisco ata a plaza de Maria Pita.
Esta convocatoria ten por obxeto «a movilización dos traballadores e traballadoras da comarca da Coruña para denunciar as medidas anti-populares coas que o goberno reaccionario do Partido Popular quere facer que á crise economica capitalista a pague a clase obreira e o pobo traballador. Temos que dar unha poderosa resposta de unidade e loita contra os despidos na Torre de Hercules, en Sykes e Atento e outras empresas do telemarqueting ou na Sanidade e administración, no metal. Só si temos conciencia que á loita decidida, polos nosos intereses de clase, é o unico camiño para derrotar á patronal e seus negros sonos de deixar sin dereitos aos traballadores e traballadoras».

Dende a CGT da Coruña animamos a tódolos nosos afiliados e afiliadas a participar nesta manifestación, preparando o camiño para o éxito da Folga Xeral convocada para o vindeiro 29 de marzo.

 

 

Atento y Telefónica tratan como mercancía a sus trabajadores: reducción de jornada a 180 trabajadores en Atento Coruña.

La CGT denuncia la agresión injustificada a los derechos de 180 trabajadores del servicio técnico de ADSL a los que la empresa Atento pretende reducir hasta 5 horas semanales sus jornadas de trabajo, amparándose en una supuesta reducción de llamadas; lo que puede suponer una bajada salarial de unos cien euros en unas nóminas ya de por sí precarias que no llegan a los 800 euros al mes.

Read More

 

Continúan as mobilizacións en Sykes

As mobilizacións contra do cuarto ERE no centro da empresa do telemarketing Sykes Entreprises na Coruña continúan coa participación da CGT.

Os traballadores e traballadoras están convocados a secundar paros o xoves, 15  e o mércores, 21 de marzo, nos seguintes horarios: de 11 a 12 horas e de 17 a 18 horas. Trátase de evitar unha nova perda de postos de traballo en Sykes, esixindo a Telefónica a asunción da súa responsabilidade mediante a subrogación dos afectados por este novo ERE. Os traballadores no telemarketing non somos mercancía !

 

Mobilización da plantilla de Alfageme

O próximo xoves, 8 de marzo, ás 11:30 horas, terá lugar unha concentración de traballadoras da empresa conserveira ALFAGEME, da comarca de Arousa, diante do edificio do Banco Popular, no Cantón Grande, número 5, da Coruña. O motivo da concentración e esixir o desbloqueo da situación da empresa ante o Xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, coa sinatura, por parte da Banca e da Xunta de Galicia dun documento coas garantías suficientes para que o cadro de persoal se incorpore inmediatamente aos seus postos en Vilaxoán e Rubadumia nas condicións pactadas co Consorcio, o grupo conserveiro cántabro interesado en poñer en marcha a produción nas dúas factorías.

 

Crónica da Manifestación «Contra a ditadura do capital e a reforma laboral, Loita obreira e Folga Xeral»

Máis de 500 persoas manifestáronse o pasado venres, 24 de febreiro, polas rúas da Coruña contra da ditadura do capital e contra da reforma laboral, chamando á loita obreira e á Folga Xeral, nunha convocatoria conxunta da CGT e maila CUT.

Pasadas as 19,30 saía a manifestación da praza de Portugal, percorrendo ruidosamente o centro da cidade nun ambiente combativo , para rematar diante da Delegación do Goberno, na praza de Ourense.

Ao finalizar a manifestación un voceiro  deu lectura ao manifesto dos sindicatos convocantes cun chamamento a activa participación nunha Folga Xeral real, que paralice o país e que constitua cumprida resposta da clase traballadora ás agresións do capital e dos gobernos.

Á manifestación adheríronse tamén o Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) e moitos integrantes das asambleas do 15-M local.

 

 

Manifesto conxunto da CUT e da CGT da Coruña ante a Reforma Laboral

Coa colaboración dos gobernantes e partidos políticos, lacaios do capital máis cobizoso e coa pasividade cómplice dos sindicatos institucionalizados, a situación da clase obreira non fai máis que empeorar: máis de cinco millóns de traballadoras e traballadores están no paro (240.000 en Galicia), case dous millóns de familias teñen todos os seus membros sen traballo e están condenadas á miseria e á exclusión social, centos de milleiros están perdendo as súas vivendas, trece millóns de traballadores teñen ingresos anuais inferiores aos 12.000 euros, conxelación das pensións, posta en mans privadas e espolio do patrimonio de todos, os gobernos están recortando a educación e a sanidade públicas e prodúcese a agresión salvaxe á natureza, ao medio ambiente e á saúde das persoas.
Read More