Os paros e concentracións que estaban convocados para mañá na empresa do telemarketing EXTEL na Coruña quedaron desconvocados logo de acadarse, na reunión de hoxe entre o Comité e a Empresa, un acordo que mellora as condicións laborais dos traballadores e traballadoras afectadas polo peche do departamento de Retención Xenérica Pymes.
A CGT, como o resto de sindicatos presentes no Comité de Empresa, agradece o apoio prestado polos traballadores e traballadoras coa súa salientable participación nas mobilizacións convocadas. Unha vez máis, grazas á mobilización de todos e todas, se ten conseguido facer que a empresa se teña que sentar a dialogar e se logre acadar un acordo que mellora as condicións que se nos tiñan imposto a moitos dos traballadores e traballadoras.
Sección Sindical da CGT en EXTEL na Coruña
Máis información: Blog da CGT en EXTEL



O próximo xoves, día 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos ten convocado unha concentración diante da Delegación do Goberno, na Praza de Ourense da Coruña.
Todos os afiliados e afiliadas da CGT da Coruña do sector do telemarketing están convocados o vindeiro venres, 4 de xaneiro, ás 14 horas a unha Asamblea que terá lugar nos locais sindicais da rúa de Simón Bolivar, 89.
Os traballadores e traballadoras do centro que EXTEL (empresa do sector do telemarketing) ten na cidade da Coruña veñen sufrindo dende hai algún tempo unha intolerable sangría de sancións e despedimentos con presunto apoio legal na última reforma laboral perpetrada polo goberno.
O vindeiro xoves día 20 celebrarase, ás 10:40 horas, o xuizo polas