post

Concentracións diarias na Unidade de reparto 3 de Correos na Coruña

De non amañarse, desembocarán nunha folga indefinida na unidade

O 100% da plantilla da Unidade de Reparto 3 da Coruña concentrouse hoxe na porta da súa unidade, sita na rúa Entrepeñas número 43 do barrio da Agra do Orzán. Esta foi a primeira da concentracións, que durarán toda toda a semana, e que (en caso de non haber acordo coa dirección) desembocarán nunha folga indefinida a partir da semana que ven. Así mesmo o persoal comezará a tomar contacto con diferentes asociacións das zonas afectadas polo recorte, para informarlles da perda da calidade no servizo postal que suporá a posta en marcha do mesmo.
Lembremos que o motivo de estas concentracións é o anuncio de Correos de recortar postos de traballo de reparto nos distritos 10 e 11 da Coruña, que comprende zonas como Agra do Orzán, Labañou, Cidade Escolar, Visma, Ventorrillo, A silva ou Cidade Xardín, entre outras.
O persoal entende que o recorte presentado por Correos na devandita unidade é desproporcionado, pois as pretensións de Correos son quitar 6 postos de traballo de reparto a pé, (dos 24 que existen nestes momentos) e deixar algunhas desas sen percorrido estable (o que internamente lle chaman "flotantes"), así como non cubrir as ausencias que se produzan. O persoal alerta que estas modificacións farán empeorar a calidade do servizo e imposibilitará cumprir co servizo coa calidade que ten dereito a cidadanía, pois o persoal será insuficiente para cumprir co reparto diario.
O persoal do centro elaborou a seguinte táboa reivindicativa:
– Demandamos que se manteña o número actual de postos de traballo existentes na nosa unidade, 24 seccións de reparto a pe e 4 motorizados (1 furgoneta e 3 motocicletas), e que se cubran con persoal fixo.
– Demandamos que todas as persoas da unidade teñan unha zona de reparto estable. Coñecer a nosa zona de reparto é a maneira de prestar un mellor servizo a toda a veciñanza, e vemos tamén que inestabilidade xera peores condicións laborais.
– Demandamos que Correos se comprometa a cubrir as ausencias de persoal (baixas, vacacións, permisos), así como as seccións que proximamente quedarán vacantes por xubilación ou traslado.
– Demandamos que a empresa evite que as persoas que neste momento prestan o servizo nesta unidade teñan que ser desprazadas forzosamente.

As mobilizacións contan co respaldo da CGT, así como de CCOO, CIG, CSIF, UGT e SL.

 

post

A Coruña. A CGT gaña as eleccións sindicais en Atento

O pasado luns, día 6, celebráronse no centro de traballo de Atento da Coruña as eleccións sindicais, nas que a candidatura da CGT foi a máis votada, obtendo seis delegados.

2017 2012
VOTOS REPRES. REPRES.
CGT 161 6 4
UGT 121 5 6
CIG 66 3 3
USO 57 2 1
CCOO 27 1 3

Estes resultados supoñen o recoñecemento do traballo durante estes catro anos, nos que houbo que facer fronte non só ás falcatrúadas da empresa (sancións, acoso, dous ERE, etc.), senón tamén á actitude de algúns sindicatos, que se convertiron no brazo da empresa.

Comité Local da Coruña

 

post

Pola recuperación do Parrote e da Maestranza

A CGT da Coruña manifesta o seu rexeitamento ao proceso especulativo que se está a levar a cabo polo Estado cos terreos do Hotel Finisterre e da Solana, da Coruña, así como cos terreos da Maestranza.

Estes terreos son do pobo da Coruña e deben revertir a éste e non server para fins distintos que aqueles polo que se produciron as cesións no seu momento.

A CGT da Coruña apoia as reivindicacións da Comisión Aberta en Defensa do Común, e anima aos seus afiliados e simpatizantes, así como á veciñanza da Coruña, a participar nas mobilizacións que teñan como obxectivo a recuperación do que é de tod@s.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Polo público, polo común

Desde a orixe do capitalismo, o público véuselle usurpando á clase traballadora que o crea e, pola contra, entregándoo aos grandes grupos empresariais e financeiros. Esta usurpación e saqueo puidérona facer grazas á colaboración servil dos diferentes gobernos co poder económico, fose cal fose o seu signo político, en defensa dos intereses dos grandes capitalistas. Desde 2007, coa crise-estafa, os gobernos, xunto as institucións da Unión Europea e do sistema capitalista, FMI, BM, BCE, espoliaron as rendas salariais, empobrecendo a maioría social para beneficio privado duns poucos desalmados, e as conquistas sociais e servizos que ofrecían un mínimo de protección á clase obreira. Sabemos tamén, por reiteradas experiencias, que non é votando como se garanten os dereitos e as liberdades, como se recupera todo aquilo do que nos desposuíron e que era noso, nin se impiden novos atracos sociais. É coa protesta na rúa, coa presión popular, coa loita decidida de todos, goberne quen goberne, como conseguiremos establecer un modelo de sociedade onde podamos vivir con Dignidade.
Non estamos a loitar pola estatalización da vida, estamos a loitar por defender o Común, o que é de todos, e por iso defendemos tamén a necesidade e o dereito á autoorganización, xestión directa e participación na toma de decisións, tanto por parte das persoas usuarias e dos traballadores dos devanditos servizos, como da clase traballadora no seu conxunto. Trátase de exercer a Democracia Directa, a participación real en todo aquilo que nos afecta vitalmente.
Por estas razóns, a CGT de Galicia chama a toda a súa afiliación e a todas as persoas que compartan estes criterios, ao Sindicalismo de clase alternativo, ás Mareas cidadás, aos estudantes, aos colectivos e movementos sociais e á clase traballadora en xeral, a continuar loitando en defensa do que é de todos, detendo este proceso de roubo xeneralizado.
CGT de Galicia

 

post

Asemblea da CGT da Coruña

cgt_logo_banderaA CGT da Coruña convoca Asemblea Xeral para o día 23 de xaneiro, luns. Os temas a debater son os que figuran na Orde do Día do Pleno de Sindicatos de Galicia, que terá lugar entre os días 28 e 29 de xaneiro na propia localidade da Coruña, e que son, entre outros, a posición da CGT na situación actual e a organización dos sectores. Asimesmo, tratarase do nomeamento de Secretario Xeral da CGT da Galicia e a designación da sede do Secretariado Permanente. Tamén na Asemblea elixiranse os compañeiros que asistirán ao Pleno en representación da CGT da Coruña.

Faise un chamamento á afiliación para que asista á Asemblea e contribúa para que os acordos sexan o mellores posibles.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Carbón para a dirección de Correos

carbonAnte a precariedade laboral e falta de transparencia; ante un ano cheo de recargos, de sobrecarga de traballo, de presión, de irregularidades legais en todo o referente á actividade da empresa (contratación , consolidación de emprego, concursos de traslados, acordos coas administracións referentes ás notificacións, seguridade no traballo… un longo etcétera de cousas mal feitas… a CGT de Correos na Coruña quere facer un acto simbólico a víspera do día de reis.
Este dia estaremos reivindicando os nosos dereitos laborais e denunciando a situación de precariedade e de malas prácticas nas listas de contratación.
FAREMOS ENTREGA DO AGASALLO DE NADAL Á DIRECCIÓN: CARBÓN!!
Precisamos do teu apoio!! Mobilizate con nós!

Lugar: Diante da Dirección, na rúa do Franco, número 4 de Compostela

Hora: das 17:00 ás 18:00 horas

Sección Sindical da CGT da Coruña

 

Correos, sancionado con falta grave pola contratación a dedo na Coruña

sancion_inspeccion_traballo1 de cada sete contratos de eventuais foron a «Idóneos», máis de 600 contratos no ano 2016

A sanción ven logo da denuncia presentada polo noso sindicato, indicando que Correos leva ano e medio formalizando contratos a persoal enchufado, e seleccionado a dedo sen mediar ningún tipo de proba de selección coñecida e transparente, tal como é a obriga de calquera organismo público
Correos tentou argumentar que isto era debido a desaxustes organizativos puntuais, e que eran casos extraordinarios, feito que puidemos probar que non era asi, contabilizando mais de 600 contratos a persoal que non pasara ningún tipo de proceso selectivo transparente, sobre un total de pouco mais de 3000 contratos temporais no 2016. Isto ven sendo mais do 15%, ou dito de outra maneira 1 de cada 7 contratos na provincia da Coruña neste ano foi feito a unha persoa que non pasou ningún tipo de proceso selectivo. Read More

 

O Banco Santander réndese ante a mobilización da CGT

santanderA CGT da Coruña comunica que, tras meses de mobilizacións, o Banco Santander aceptou retirar o traslado forzoso do compañeiro Carlos, que fora obrigado pola empresa a trasladarse desde Ferrol ata Viveiro, a 120 quilómetros do seu domicilio, A Coruña.

Carlos está a prestar os seus servizos en xornada reducida por conciliación laboral, xa que ten que coidar dunha filla pequena. Cando pechou a sucursal na que traballaba, en lugar de recolocalo como aos seus compañeiros, foi destinado forzoso a Viveiro. Carlos pediu ser destinado a Coruña, que é onde vive, varias veces durante os últimos anos, sen que a empresa atendese a súa petición a pesar de haber prazas vacantes.

Onte, día 12, tiña que ser o xuízo do caso. Previamente á vista, a empresa, tras facer varios ofrecementos económicos para que Carlos abandonase o banco, que foron rexeitados polo traballador, acabou ofrecendo a retirada do traslado, que si foi aceptada.

Para a CGT, con esta decisión o Banco Santander repara só parcialmente a inxustiza cometida con Carlos, xa que seguiremos reclamando que o compañeiro sexa destinado a Coruña canto antes. Soamente a teimudez da empresa provocou esta situación esperpéntica.

Para a CGT, o resultado desta loita demostrou que esta serve e que a mobilización pode ser eficaz se é constante e non se desfalece.

A LOITA DE CARLOS É A DE TOD@S!
CARLOS Á CORUà‘A, XA!

Comité Local da CGT da Coruña

 

Unipost mobilízase de novo

Unipost abusoA CGT de Unipost-Galicia convoca unha manifestación o próximo venres, 16 de decembro, que sairá da Praza de Abastos de Compostela ás 19:00 horas, percorrerá o centro da cidade e rematará nunha concentración na Praza do Obradoiro.

O acto será unha protesta polo vencemento do pagamento da extra de Nadal, ademáis de reclamar o aboamento de todo o que se adébeda aos traballador@s e contra o fraccionamento que veñen sofrindo na recuperación das cantidades atrasadas.

UNIPOST, PAGA O QUE DEBES!

BASTA DE EXPLOTACIÓN LABORAL!

CGT de Unipost-Galicia

 

28 de novembro, folga no sector do telemárquetin

conveniotelemarketingmaniO luns, 28 de novembro, as traballadoras e traballadores do sector estamos chamados a unha xornada de folga de 24 horas en todo o Estado, como continuación ás mobilizacións iniciadas pola CGT hai varios meses polo bloqueo na negociación do convenio e para esixir un convenio que garanta unhas condicións laborais dignas, nun sector no que a maior parte dos contratos son a tempo parcial, os salarios son miserables e a estabilidade laboral e a conciliación familiar, inexistentes

Durante a xornada de loita as traballadoras e traballadores darán a coñecer as súas lamentables condicións laborais e as súas reivindicacións a partir das 12 en diversos puntos da cidade (Praza de Pontevedra, Obelisco, Praza de España, Catro camiños -diante do Corte Inglés-, diante da estación de autobuses e nas Conchiñas). Tras a repartición terá lugar unha comida-charla na que as traballadoras e traballadores do sector poñerán en común os seus problemas.

Sector de Telemárquetin – CGT da Coruña