O pasado sábado, 15 de marzo, os compañeiros e compañeiras do Sindicato de Oficios Varios de Ourense inauguraban o seu novo local. O novo local sindical da CGT de Ourense está situado na Rua Rei Soto, nº 1, 2º esquerda.
Asímesmo, tivo lugar unha Asamblea Xeral do sindicato na que se produxo a elección dun novo Secretariado Permanente do SOV co compañeiro Serafín Rodríguez (ferroviario) na responsabilidade de Secretario Xeral.
Na Asamblea se puxo de manifesto a necesidade de reorganizar a actividade sindical, coa potenciación das diferentes seccións sindicais xa constituídas e para levar o anarcosindicalismo ás empresas onde aínda no ten presencia a CGT. A labor prioritaria, ademais dos distintos conflictos laborais, será organizar o Primeiro de Maio.


O Ministerio de Fomento presentou aos Sindicatos un borrador de traballo do plan de racionalización de servizos ferroviarios que ten previsto levar a efecto a partir de Xuño de 2013. Neste borrador o Ministerio prevé suprimir en toda España 779 trens semanais de Media Distancia convencional (un 23% do total) e 172 estacións deixarán de ter parada de tren, afectando estas medidas a 945.000 viaxeir@s (un 6% do total da M.D. convencional). Outras 163 estacións verán reducidos os servizos ferroviarios a u tren con parada por sentido.



Dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza amosamos o noso rexeitamento as novas medidas aprobadas polo Goberno no Consello de Ministros do pasado 22 de Febreiro e publicadas no BOE do 23 de Febreiro e que supoñen avanzar na liberalización do sector ferroviario español ca apertura a competencia dos servizos ferroviarios turísticos o 31 de xullo do 2013 nunha primeira fase, para seguir nunha segunda fase cos trens AVE´s e de Longo Recorrido eÂ