CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/xornadas-libertarias-na-coruna/
Export date: Tue Jul 16 11:43:43 2024 / +0000 GMT

Xornadas Libertarias na Coruña


Cartel exposición esperanto CoruñaA CGT da Coruña acolle o XVII Congreso de sindicatos da Confederación Xeral do Traballo (CGT), que terá lugar entre o 17 e o 20 de outubro de 2013.

Con motivo do Congreso, a CGT da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Libertarias que en anos anteriores estiveron adicadas á pedagoxía e á memoria histórica libertarias.

Nesta ocasión as xornadas serán mais amplas, abranguendo temáticas que van dende a autoxestión, o esperanto, os movementos populares no norte de África, a defensa do ensino público,...

Agardamos que as actividades programadas sirvan como espazo de aprendizaxe, reflexión e debate.

O Programa das Xornadas é o seguinte:

  •  O venres, 4 de outubro, ás 18 horas, Inauguración das Xornadas na UNED da Coruña (Rúa de Pepín Rivero, 3)

  • Do 4 ao 15 de outubro, estará aberta ao público a Exposición "A lingua como liberación: o esperanto", de luns a venres, en horario de 10 a 14 e 16 a 19 horas, na UNED da Coruña.

  • O venres, 11 de outubro, ás 19:30 horas, Charla Coloquio sobre o esperanto, a cargo de esperantistas galegos. No salón de actos da UNED da Coruña.

  • O luns, 14 de outubro, ás 19:30 horas, Charla Coloquio "A emancipación social: delegación ou autoxestión?. Ensinanzas de século e medio de loita", con Octavio Alberola, historiador e loitador libertario contra o franquismo. Na biblioteca da A.VV. de Monte Alto (Campo de Marte)

  • O martes, 15 de outubro, ás 19:30 horas, Charla Coloquio "A LOMCE: un novo ataque á educación", con Rafael Fenoy, docente da Federación de Ensino da CGT. Na Federación de ANPAS da Coruña (Rúa do Orzán, 21)

  • O  mércores, 16 de outubro, ás 19:30 horas, Charla Coloquio "Movementos populares no norte de África", con Abri Kodri, docente e sindicalista tunecino. Na Federación de ANPAS da Coruña (Rúa do Orzán, 21)


Programa das Xornadas Libertarias da CGT da Coruña 2013 (PDF):  Xornadas Libertarias 1
Links:
  1. http://www.cgtgalicia.org/wp-content/uploads/2013/ 10/Folleto-Xornadas-Libertarias-1.pdf
Post date: 2013-10-02 15:24:56
Post date GMT: 2013-10-02 14:24:56

Post modified date: 2013-10-02 18:56:12
Post modified date GMT: 2013-10-02 17:56:12

Export date: Tue Jul 16 11:43:43 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com