CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/xornadas-e-exposicion-sobre-as-pedagoxias-libertarias-na-coruna/ Export date: Thu Nov 21 16:02:23 2024 / +0000 GMT |
Xornadas e Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias, na Coruña.O vindeiro martes, 20 de abril, ás 19:00 horas, na Escola de Artes e Superior de Deseño "Pablo Picasso" da Coruña (Rúa dos Pelamios, nº 2), terá lugar a inauguración da Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña. Esta Exposición consta de 15 paneis, nos que se ofrece un percorrido polas diferentes teorías libertarias sobre educación e recupéranse algunhas das numerosas experiencias que ao longo da historia se levaron a cabo e seguen a se desenvolver. Complétase a Exposición con dous paneis especificamente relacionados coas experiencias galegas que foron deseñados por alumnos/as da Escola de Artes "Pablo Picasso" en colaboración coa CGT da Coruña. A Exposición enmárcase dentro das Xornadas sobre Pedagoxías Libertarias que contarán cos seguintes actos:
A Exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres, de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas, ata o día 27 de abril. Mais información en: Blog Memoria Libertaria na Galiza 1 Folleto Exposición Pedagoxías Libertarias na Coruña 2 |
Links:
|
Post date: 2010-04-18 17:22:12 Post date GMT: 2010-04-18 16:22:12 Post modified date: 2010-04-18 18:22:42 Post modified date GMT: 2010-04-18 17:22:42 |
Export date: Thu Nov 21 16:02:23 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |