A CGT celebrará, os días 9 e 10 de marzo, en Toledo, un Congreso Extraordinario de Sindicatos cun único punto na Orde do Día: ANÁLISE E ESTRATEXIAS DE MOBILIZACIÓN DE CARA Á CONVOCATORIA DA FOLGA XERAL. Con este motivo, a CGT da Coruña celebrará dúas xornadas para debatir sobre o tema e elaborar unha ponencia -que se discutirá posteriormente en asamblea- para presentar ao resto da organización expoñendo as nosas propostas ao respecto.
Â
Días: Os mércores 25 de xaneiro e 1 de febreiro
Hora: A partir das 7 do serán
Â
 Dada a importancia do punto a tratar e das circunstancias que estamos atravesando como clase traballadora, esperamos a máxima participación. De todos depende o acierto ou non das nosas decisións no futuro próximo.