CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/xantar-popular-cxt-1%c2%ba-de-maio-de-2010/
Export date: Thu Jul 18 6:29:28 2024 / +0000 GMT

Xantar Popular CXT 1º de Maio de 2010


A Federación Local de Vigo ten organizado un xantar ao que se poden anotar tod@s aqueles/as afiliad@s, familiares, simpatizantes e amig@s que o desexen. Será o colofón da Semana Libertaria, despois da mani do 1º de Maio. Vai ser un espazo de encontro e de lecer, con varios menús (incluido vexetariano), actuacións e moita festa...



O xantar será ás 14:30 na Taberna Rianxeira (Matamá), mais debes facer a túa reserva antes, ou ben na túa Sección Sindical, no local do Sindicato ou pasándote polas actividades da Semana Libertaria.

Temos preparada unha festa, despois do xantar onde contaremos cun grupo folk de Matamá (por concretar) e ca actuación de "Cé Orquestra Pantasma".
Descendente da saga de Os Ciprián, ben coñecida na parroquia de Valadares pola súa vinculación á música, César Freiría fai participar ao público tocando a un tempo ata sete instrumentos, «coa cabeza, as mans, os pés e a voz»

«A min con darme unha toma de corrente xa monto a festa eu só, e sen ela tamén. Teño versión amplificada e sen amplificar». Coñecido artísticamente como «Cé orquestra pantasma», este mozo é un dos últimos homes orquestra que quedan na Península. O seu repertorio vai dende o folk ao punk, pasando polos clásicos de todas as épocas e estilos e para todos os públicos.

Pregunta na túa Sección Sindical ou pásate polo local do sindicato para adquirir o teu abono e reservar o menú (15 euros). Prazas limitadas.

Post date: 2010-04-17 16:12:44
Post date GMT: 2010-04-17 15:12:44

Post modified date: 2010-04-21 18:28:44
Post modified date GMT: 2010-04-21 17:28:44

Export date: Thu Jul 18 6:29:28 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com