Presentación campaña : «Polo público, polo común»
CGT, xunto ás Marchas da Dignidade realizará Manifestacións descentralizadas en todo o Estado.
✔ï¸Â O 25 de febreiro en Galicia,  A Coruña.
A CGT participará nas mobilizacións convocadas polos MM.DD. para a próxima primaveira cuxas datas deberán ratificarse na próxima Asemblea polas plataformas territoriais que integran este espazo plural de loita e reivindicación. As Marchas continuarán reivindicando PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE, facendo especial fincapé na defensa das Pensións Públicas, a derrogación da Lei Mordaza e na Amnistía Social para todas aquelas persoas perseguidas, procesadas, encarceradas, multadas e despedidas por loitar.
A defensa das pensións públicas encádrase dentro da campaña POLO PÚBLICO, POLO COMÚN presentada pola CGT en rolda de prensa en Madrid. Con esta iniciativa, a CGT quere defender os Servizos Públicos como Dereitos esenciais básicos para o desenvolvemento das persoas, loitar contra as privatizacións de empresas públicas, esixir a reversión das xa privatizadas, remunicipalizar os servizos nos Concellos e unir esforzos con organizacións alternativas e movementos sociais que actualmente loitan cos mesmos obxectivos en espazos comúns. A campaña, que durará polo menos dous anos, quere tamén chamar a atención dos Gobernos do Cambio para que cumpran os seus programas electorais e protexan o de todos. En opinión deste Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT, «Non debemos esquecer que morreu e segue morrendo xente por non ter cubertas as súas necesidades básicas». Os denominados Gobernos do Cambio decepcionáronnos e están a pór moitas complicacións para reverter a situación na que se atopan os Servizos Públicos. Temos a sensación de que nos enganaron. Desde a CGT imos estar na rúa para seguir defendendo estes dereitos que son de todos.
É unha campaña totalmente transversal pois afecta a todas as persoas de todos os sectores, públicos ou privados, e o obxectivo finalista é a participación directa das persoas traballadoras e usuarias na xestión dos mesmos, nun camiño claro cara á autogestión.
Desde a CGT dicimos que existe un interese por parte dalgúns medios de comunicación, formacións políticas, empresas e institucións, por devolver a lexitimidade perdida aos sindicatos do réxime, escondidos estes anos de crises-estafa, empobrecimiento da poboación, perda de dereitos e liberdades, e represión autoritaria. Esta actitude constata que seguen afastados do sufrimento da maioría e só poden ser vistos como parte do problema, nunca da solución.
A CGT rexeita as formas nas que estes sindicatos e os seus partidos pretenden levar á sociedade cara ao «Pacto Social», para seguir domesticando á clase obreira. A CGT declara que continuará ocupando con todas as consecuencias, xunto coas Marchas, o Bloque Combativo de Clase, as Mareas do Público e os Colectivos e Plataformas sociais, o espazo de loita que os sindicatos do réxime abandonaron, até transformar o modelo social actua