CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/vigo-manifestacion-1-de-maio-2017/ Export date: Thu Dec 5 2:43:41 2024 / +0000 GMT |
[Vigo] Manifestación 1 de maio 2017PANà€°TRABALLOà€°TEITOà€°IGUALDADEA CGT chama este 1 de Maio a todas as persoas, organizacións e colectivos sociais, ás persoas migrantes, ás pensionistas, ás estudantes, ás mulleres, ás desafiuzadas das súas casas e dos seus empregos, ás represaliadas por loitar, á clase traballadora en xeral, a Manifestarse desde a dignidade de clase para exercer o dereito á protesta que pretenden eliminar, a través de Sentenzas condenatorias para quen loita e Sentenzas do máximo tribunal español (o Tribunal Supremo), que legalizan o esquirolaje empresarial cando as persoas traballadoras convocan Folgas para defenderse das agresións empresariais. Esiximos neste 1 de Maio: ✔ï¸A derrogación das dúas últimas Reformas Laborais ✔ï¸A derrogación das leis Mordaza e a Amnistía Social para todas as persoas encarceradas, procesadas, despedidas dos seus empregos ou multadas por loitar. âœ”ï¸ A Renda Básica como garantía de supervivencia ✔ï¸O Non rotundo ao pago da Débeda ilexítima. ✔ï¸Os Servizos Públicos como Dereitos Esenciais das persoas ✔ï¸Empregos estables con salarios e condicións dignas. O 1 de Maio a CGT esta nas rúas, en confluencia cos movementos sociais e colectivos en loita ou coas súas propias enerxías e xentes, reivindicando un cambio de modelo social baseado na repartición da riqueza, o apoio mutuo, a igualdade e a autoxestión. Vémonos o 27 nas marchas |
Post date: 2017-05-01 16:56:37 Post date GMT: 2017-05-01 15:56:37 Post modified date: 2017-05-01 16:56:37 Post modified date GMT: 2017-05-01 15:56:37 |
Export date: Thu Dec 5 2:43:41 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |