CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/vigo-accion-conxunta-1o-de-maio/
Export date: Tue Jul 16 18:44:11 2024 / +0000 GMT

[Vigo] Acción conxunta 1º de maio




O 1º de Maio, a CGT, con outros sindicatos do bloque combativo, Cut, Steg, S. Ferroviario, S. de Elevación e S. de Xornalistas, sairá de novo á rúa, a reivindicar "Pan, Traballo, Teito e Igualdade", porque a loita está na rúa, e non nos despachos. A manifestación partirá da Praza Fernando o Católico ás 11h da mañá, e finalizará na chaira da Praza do Rei, no Cortello de Vigo, diante do Campamento Dignidade, que desde hai xa dous meses, vén loitando para ser recibidos a fin de afrontar a procura de solucións aos Desafiuzamentos, unha alternativa de vida para os Sen Teito que viven na rúa e analizar os problemas do Albergue Municipal da C/Valterra. Con esta medida, pretendemos mostrar a nosa Solidariedade, Compañeirismo, Apoio Mutuo e o compromiso de non cejar no noso empeño de seguir loitando ata a vitoria.

Convidamos a todos os colectivos sociais, a sumarse a esta manifestación, que poñerá en valor esta xornada de loita que tanto significado para a clase traballadora en xeral, e para o Anarcosindicalismo en particular. Xornada de loita, que non festiva, que ha de ser un acicate para recobrar máis forza, a fin de camiñar cara ao 27 de Maio, outra xornada de loita que ha de levarnos a Madrid, coas Marchas da Dignidade.

Saúde
Post date: 2017-04-12 10:51:04
Post date GMT: 2017-04-12 09:51:04

Post modified date: 2017-04-12 10:51:17
Post modified date GMT: 2017-04-12 09:51:17

Export date: Tue Jul 16 18:44:11 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com