CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/varios-centos-de-traballadores-e-traballadoras-se-concentran-diante-de-atento-en-protesta-polos-despidos/
Export date: Tue Jul 16 13:43:15 2024 / +0000 GMT

Varios centos de traballadores e traballadoras se concentran diante de Atento en protesta polos despidos


No día de hoxe, tanto pola mañá como polo serán, varios centos de traballadores e traballadoras de Atento concentráronse diante da sede da empresa na Coruña para protestar polos recentes despidos.

Concentración en ATENTO



Esta empresa do grupo Telefónica, ten iniciado este verán unha campaña de despidos de traballadores en situación de baixa por enfermidade, o que xa é de por sí grave, pero que ademais conleva tamén a perda do posto de traballo daquela persoa que o estaba a sustituir.

Ante esta situación, a Sección Sindical de CGT en Atento levou ante o Comité de Empresa a proposta de movilizacións que se está a desenvolver polo Comité.

Tanto pola mañá como polo serán, os traballadores e traballadoras cortaron durante algúns minutos o tráfico na céntrica rúa de Juan Florez, antes de ser forzados a retirarse por unha esaxerada presencia policial que impediu reiteradamente o corte do tráfico e dificultou enormemente o pacífico desenrolo da concentración.
Post date: 2007-03-12 14:07:09
Post date GMT: 2007-03-12 13:07:09

Post modified date: 2007-03-17 08:22:38
Post modified date GMT: 2007-03-17 07:22:38

Export date: Tue Jul 16 13:43:15 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com