No día de hoxe, tanto pola mañá como polo serán, varios centos de traballadores e traballadoras de Atento concentráronse diante da sede da empresa na Coruña para protestar polos recentes despidos.

Concentración en ATENTO

Esta empresa do grupo Telefónica, ten iniciado este verán unha campaña de despidos de traballadores en situación de baixa por enfermidade, o que xa é de por sí grave, pero que ademais conleva tamén a perda do posto de traballo daquela persoa que o estaba a sustituir.

Ante esta situación, a Sección Sindical de CGT en Atento levou ante o Comité de Empresa a proposta de movilizacións que se está a desenvolver polo Comité.

Tanto pola mañá como polo serán, os traballadores e traballadoras cortaron durante algúns minutos o tráfico na céntrica rúa de Juan Florez, antes de ser forzados a retirarse por unha esaxerada presencia policial que impediu reiteradamente o corte do tráfico e dificultou enormemente o pacífico desenrolo da concentración.

Comparte esta entrada ...