Por se esto fora pouco, da á Sección un prazo de 48 horas dende a recepción do mesmo expediente ( 23 de decembro ás 16:10 horas) para realizar as alegacións oportunas. Prazo máis que insuficiente para convocar ó Comité de Empresa quen non foi notifican o inicio do expediente contradictorio.
Igualmente, e relacionado coa suposta falta de rendemento, e como elemento probatorio, faise indispensable o coñecemento dos criterios que a a empresa utiliza para calcular os porcentaxes de rendemento que especifica á comunicación da apertura do expediente contradictorio. Coma é coñecido pola empresa, estos criterios e xa a Inspectora de Traballo adverteu previamente á empresa que ten que informar ó Comité de Empresa dos varemos de calidade para que emitira un informe sobre os mesmos.
A día de hoxe continuamos sen ter claro que procedemento séguese para a realización das auditorias: mensual, trimestral o anualmente. Xa que dende que a traballadora cursou baixa por IT, non se fai mención ó «exhaustivo control de calidade» ( que non parece ser máis que un método sacado da familia Ruiz- Mateos » a dos flanes de ovo»). Posto que os meses anteriores e próximos á data do feito causante non fan mención.
Unísono mostra unha falta de espíritu navideño por moitos cestos de turrón entregue ós seus traballadores en activo e depositan a confianza en mandos intermedios sen unificación de criterios de valoración ós axentes e faltos de formación específica para impartir ós seus subordinados das tarefas a desenrolar na súa campaña. Este problema moitas veces desemboca en continuos desprezos, amenazas, sancións e incluso despidos ós seus axentes.