CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/unisono-34-traballadores-de-telemarketing-despedidos/ Export date: Sat Nov 23 0:29:59 2024 / +0000 GMT |
Unísono: 34 traballadores de telemarketing despedidos: No día de hoxe a empresa de telemarketing Unísono comunicou ó Comite a rescisión do contrato de 34 traballadores en Vigo polo artigo 17 do Convenio Colectivo: por disminución del volumen de chamadas para a empresa contratada ( Help Desk Vodafone e Iberdrola). A empresa xustifica os despidos por baixar nun volumen de chamadas dun 40 por cento en cada campaña: datos pouco fiables xa que pode ser que baixaran as chamadas ou ben polo desvío de carga  de traballo a outros centros de chamada doutras poblacións. A baixada de chamadas produciuse nos meses de verán cando a carga de traballo é menor. A indemnización polo despido é de 8 días por ano traballado de acordo o actual Convenio Colectivo ó ser contratos por obra e servicio ( a maioría destes traballadores teñen unha antiguedade de 1 ano). A cousa xa comenzou fai unhas semanas cun porcentaxe alto de sancións e amonestacións da empresa a traballadores por ter unha baixada de rendimento da calidade das chamadas cando a empresa non comunicou ó Comité de Empresa e ós traballadores ó baremo dos criterios de calidade nin sequera aporta probas para xustificar as amonestacións e sancións impostas. A empresa parece ser que en vez de fumigar o centro de arriba de pulgas ( moitos traballadores deste centro teñen xa picaduras destes chinches ) o que máis  lles preocupa é fumigar ós traballadores. A rescisión dos contratos se fará efectiva o vindeiro día 28 de setembro ( día anterior a Folga Xeral) un motivo máis para que os seus compañeiros fagan folga ese día. A Sección Sindical da CGT Unísono Vigo fixo unha proposta ó Comité de Empresa para concentracións nas portas dos seus centros . CIG, CCOO e UXT non farán nada coma Seccións e dubidamos moito que o fagan como Comité de Empresa xa que o Comité de Empresa como dixeron  recentemente nunha reunión do Comité  non ten facultades para decidir por se mesmo e non cumpren os acordos do Comité dende que houbo o cambio de Presidencia e Secretaría de Comité. Os traballadores de Unísono  seguen sen  cobrar os atrasos salariais,  dende que hai dous meses saeu a sentencia do Tribunal Supremo dando a razón a CGT sobre a subida do IPC e a día de hoxe aínda a empresa segue sen recoñecer outra sentencia do T. Supremo e débenos un descanso de cinco minutos. |
Post date: 2010-09-13 17:14:21 Post date GMT: 2010-09-13 16:14:21 Post modified date: 2010-09-17 13:50:56 Post modified date GMT: 2010-09-17 12:50:56 |
Export date: Sat Nov 23 0:29:59 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |