A empresa xustifica os despidos por baixar nun volumen de chamadas dun 40 por cento en cada campaña: datos pouco fiables xa que pode ser que baixaran as chamadas ou ben polo desvío de carga  de traballo a outros centros de chamada doutras poblacións. A baixada de chamadas produciuse nos meses de verán cando a carga de traballo é menor.
A indemnización polo despido é de 8 días por ano traballado de acordo o actual Convenio Colectivo ó ser contratos por obra e servicio ( a maioría destes traballadores teñen unha antiguedade de 1 ano).
A cousa xa comenzou fai unhas semanas cun porcentaxe alto de sancións e amonestacións da empresa a traballadores por ter unha baixada de rendimento da calidade das chamadas cando a empresa non comunicou ó Comité de Empresa e ós traballadores ó baremo dos criterios de calidade nin sequera aporta probas para xustificar as amonestacións e sancións impostas.
A empresa parece ser que en vez de fumigar o centro de arriba de pulgas ( moitos traballadores deste centro teñen xa picaduras destes chinches ) o que máis  lles preocupa é fumigar ós traballadores.
A rescisión dos contratos se fará efectiva o vindeiro día 28 de setembro ( día anterior a Folga Xeral) un motivo máis para que os seus compañeiros fagan folga ese día.
A Sección Sindical da CGT Unísono Vigo fixo unha proposta ó Comité de Empresa para concentracións nas portas dos seus centros . CIG, CCOO e UXT non farán nada coma Seccións e dubidamos moito que o fagan como Comité de Empresa xa que o Comité de Empresa como dixeron  recentemente nunha reunión do Comité  non ten facultades para decidir por se mesmo e non cumpren os acordos do Comité dende que houbo o cambio de Presidencia e Secretaría de Comité.
Os traballadores de Unísono  seguen sen  cobrar os atrasos salariais,  dende que hai dous meses saeu a sentencia do Tribunal Supremo dando a razón a CGT sobre a subida do IPC e a día de hoxe aínda a empresa segue sen recoñecer outra sentencia do T. Supremo e débenos un descanso de cinco minutos.