CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/unidade-contra-a-represion-sindical-en-bosch-vigo/
Export date: Tue Dec 24 14:04:57 2024 / +0000 GMT

Unidade contra a represión sindical en Bosch-Vigo




 

Concentración en Vigo este xoves 21 de xullo, de 13:30 a 14:30 no centro de Bosch da Avenida de Madrid.

 

Este xoves 21 de Xullo de 2011 de 13:30 a 14:30 haberá concentracións diante das portas que a multinacional alemá Bosch Communication Center ten no estado español. Estaremos protestando simultaneamente nos tres centros de chamadas desta multinacional do telemárketing: Vigo, Madrid e Barcelona.

Moita xente nunca asociaría o logotipo de Bosch á precariedade e á represión sindical nun sector como o telemarketing. Máis ben pensariamos na fabricación de lavadoras, fornos, taladros,

compoñentes electrónicos e servizos técnicos. Pero nos últimos anos vese que é moito máis fácil facer negocio mediante a televenda de produtos como Orange, Vodafone, Jazztel, Ono, Vueling, etc., tanto desde aquí como no centro que a multinacional ten en Bos Aires (Arxentina).

A sociedade española debe saber que sucede cos máis de 1000 empregados dos centros de chamadas nesta empresa, sobre todo cando o estado alemán por boca da súa primeira ministra Ángela Merkel dixo recentemente que os españois gozamos demasiadas vacacións...

Esta empresa despediu á secretaria de saúde laboral da sección sindical de CXT en Vigo, Beatriz Del Amo García. Botouna porque ela esixiu que se cumprira unha sentenza do Tribunal Supremo na que se establece a obriga por parte de todas as empresas de telemarketing (incluída Bosch) de proporcionar unha pausa de descanso visual por cada hora de traballo diante de pantallas de visualización de datos. Bosch, incumprindo esta normativa de seguridade e hixiene está rebentando a vista dos seus traballadores - escravos neste novo colonialismo. E como unha ousada traballadora -escrava deste país, onde mandan os colonos por encima dos tribunais, se atreve a denunciar este crime, resulta despedida.

De igual xeito, a política de relacións laborais de Bosch resulta cando menos pintoresca no contexto dun estado democrático e de dereito: alusións a como debemos vestirnos e comportarnos, presión inhumana mediante o establecemento de ratios de produtividade abusivos, ameazas constantes de despedimento, despedimento simultáneo (o mesmo día e á mesma hora) de persoas da mesma familia, moobing no posto de traballo con castigos exemplares, paternalismo, etc. A falta dos datos exactos estamos seguros de que soamente estamos vendo a punta do iceberg.

Debemos reflexionar e debemos facelo agora, resulta imprescindible. Non podemos consentir este trato cara a ninguén, e menos a quen se preocupa por que se cumpran as leis e sentenzas dos tribunais deste país dentro de empresas que parecen estar por riba dos estados nos que se asentan e dos que extraen pingà¼es beneficios explotando e reprimindo aos traballadores no máis puro estilo colonialista.

Desde xa, facemos un chamamento a toda a cidadanía ao Boicot activo a esta empresa alemá ata que cumpran a lexislación laboral e ata que readmitan a Bea.

Pedimos que toda persoa consciente e sensible DEIXE DE CONSUMIR PRODUTOS BOSCH (Balay, Siemens, Lynx, Gaggenau, Neff, UFESA, Dremel, Skil, Bosch Rexroth, BT Magnet-Technologie, ELM Leblanc, Hawera Probst, HESSER, Junkers, LR Nelson garden) ata que a dirección desta empresa en España se de conta de que non pode pasar por riba dos nosos dereitos e as nosas cabezas tan alegremente.
Post date: 2011-07-19 09:06:55
Post date GMT: 2011-07-19 08:06:55

Post modified date: 2011-07-19 09:09:41
Post modified date GMT: 2011-07-19 08:09:41

Export date: Tue Dec 24 14:04:57 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com