
Logo de padecer precariedade na contratación durante este tempo, os abusos por parte dos seus xefes agraváronse desde que se reincorporou do seu permiso de maternidade: desprezos, recorte de remuneracións, retrasos, malas condicións de traballo, … que mesmo lle ocasionaron unha depresión e que foron denunciados pola traballadora, sendo refrendados estos feitos polos organismos competentes; cando volveu ao traballo logo da baixa médica por depresión foille presentada carta de despedimento disciplinario baseado en falsas acusacións.
Dende a CGT non se permitirá que esta empresa siga a pisotear os dereitos dos traballadores e traballadoras que, como Lupe, son firmes na defensa dos seus dereitos como traballadora e como nai, enfrentando directa e decididamente calquera tipo de agresión á nosa dignidade.
Se ten creado un grupo en facebook sobre o tema: Yo también me uno al boicot contra BNB Espacio Vital.