CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/unha-mentira-descarada-plan-de-emprego-2019-2022-en-navantia-ferrol/ Export date: Fri Nov 22 3:14:40 2024 / +0000 GMT |
Unha mentira descarada: Plan de Emprego 2019-2022 en Navantia FerrolO 30 de abril, a Comisión central de Emprego chegou a un acordo no chamado "Plan de Emprego de Navantia para os anos 2019-2022", ratificado ese mesmo día por maioría no comité intercentros. Ese Plan de Emprego di (páxina 3): "De conformidade co previsto no convenio colectivo, con carácter xeral, as novas contratacións que se realicen durante a vixencia do presente plan de emprego se realizarán a través de contratos temporais, incorporando ditos contratos como indefinidos de forma progresiva ó longo da execución do plan". É dicir, o Plan de Emprego recolle, con absoluta claridade e máis aló de calquera dúbida razoable, que os novos ingresos entrarán con CONTRATOS PRECARIOS. ¡ISTO NON É O QUE DIXERON OS DEFENSORES DA SINATURA DO PLAN, QUE CANSARON DE REPETIR QUE A APROBACIÓN DO PLAN ÍA SUPOà‘ER A COBERTURA DO 75% DAS PREXUBILACIÓNS CON CONTRATOS FIXOS! Agora poderán dicir que eles non dixeron cándo ían ser fixos e que algún día o serán, pero o que deron a entender foi que os novos ingresos terían un contrato fixo dende o primeiro día. E falando de mentiras: tampouco é verdade iso que se di aí de que o convenio obriga ("de conformidade co previsto..."). O artigo 27 do convenio (Contratación de persoal de novo ingreso) pon moi claro que os tipos de contratos os decidiría a Comisión central de Emprego: "Na Comisión Central de Emprego desenvolverase un Plan de Emprego no que se definirán os criterios de incorporación e modalidades de contratación das entradas que se produzan en plantilla durante a vixencia do presente convenio". A mentira é neste caso particularmente grave porque ese grao de cobertura das baixas por prexubilación con contratos fixos foi un factor que levou a algúns traballadores a votar ‘si" ó plan, nunha votación que na nosa factoría tivo resultados moi axustados. Se durante a negociación do convenio houbo un escurantismo total, simbolizado na ocultación dos documentos por parte de quen negociaba en nome dos traballadores, ¿que se podía esperar das negociacións nas cinco comisións? Aínda máis escurantismo. A única dúbida que hai sobre o resultado desas comisións é cántas sorpresas desagradables máis nos esperan. As materias que se van negociar nas comisións (clas ificación profesional, estrutura salarial, novos criterios de promoción...) formarán parte do convenio e, por tanto, a súa negociación debe estar suxeita a criterios de información transparen te e veraz ó conxunto dos traballadores e de toma da decisión so bre a súa sinatura por parte da asemblea xeral. Ocultación da información durante o convenio, negativa a poñer a votación na asemblea xeral propostas non saídas do comité, unha xornada de "loita" convocada burocraticamente sen sometela a unha asemblea xeral (e así saíu: todo un éxito de desconvocatoria do comité de empresa)... Con estes precedentes, ¿a quen lle pode estrañar que se lle mentise descaradamente ós traballadores para que apoiasen a sinatura do plan/convenio? Tratábase de facilitarll e á empresa os seus obxectivos, que son reducir aínda máis a plantilla, recortar dereitos e precarizar o emprego; todo o demais son milongas. Compañeiras e compañeiros: os traballadores temos moitos problemas. Pero cada vez é máis innegable que un deles (e non o menor) é que algúns representantes dos traballadores, no canto de defender os intereses de quen os elixiu, usan a representatividade outorgada polos traballadores para defender os intereses da empresa. Algún día saberase a cambio de qué. Peroisto é o de menos. O verdadeiramente importante é ser conscientes de que o comité de empresa sufre un proceso de dexeneración grave que só pode ser abortado mediante a implicaci ón de todos e todas para facer que as cousas cambien. Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia - Ferrol |
Post date: 2019-05-03 12:22:14 Post date GMT: 2019-05-03 11:22:14 Post modified date: 2019-05-03 12:22:14 Post modified date GMT: 2019-05-03 11:22:14 |
Export date: Fri Nov 22 3:14:40 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |