Nun entorno de crise e paro sen precedentes, Telefónica, a empresa española que obtivo maiores beneficios en 2010, emprende unha importante destrución de emprego na súa filial española de telefonía fixa. Tras o anuncio da eliminación de cargos na súa estrutura, iniciou unha marea de despedimentos "pactados" de persoal
fóra de convenio -ata un 6% de directivos e mandos intermedios. Despidos por absentismo xustificado* e disciplinarios completan esta primeira fase que pretende atemorizar ao cadro de persoal e preparar o ERE anunciado por Guillermo Ansaldo en diversas provincias.
Esta situación, que para a Confederación Xeral do Traballo é un atentado contra o emprego digno e ameaza con destruír miles de postos de traballo, provocou a convocatoria dunha folga indefinida de media xornada pola readmisión das persoas despedidas e na defensa do noso emprego. Hoxe, 7 de abril, se realizará a segunda xornada de paro, tras o paréntese das
eleccións sindicais na empresa. Esta mobilización, iniciada o pasado 17 de marzo e que contou coa participación de 5000 persoas, foi convocada simultaneamente polos sindicatos CGT, STC e AST-COBAS que suman 5 dos 13 delegados do Comité Intercentros.
Dende o sindicato CGT entendemos que en momentos de crise son as
grandes empresas, especialmente as que foron públicas, quen deben xerar emprego de calidade, en troques de destruílo por calquera vía e seguir externalizando actividade a terceiros países ou a subcontratas con altos niveis de precariedade laboral.
Saúde e liberdade
* As cartas de despido por esta causa inclúen a seguinte legal, pero moi inmoral, frase:
"…sus reiteradas ausencias, aun justificadas… hacen que… no resulte
rentable… por lo que no existe otra solución que… resolver su contrato
de trabajo".