post

O persoal de Navantia votou NON al Convenio

O pasado martes, día 17, o persoal de Navantia votou en contra de asinar o novo Convenio Colectivo auspiciado polo resto dos sindicatos compinchados coa empresa. O NON gañou co 56% dos votos, co que se pode dicir que a empresa, e os sindicatos amigos, levaron unha labazada tremenda. Toda a información está no número 194 da «Folla da CGT«, editada pola CGT de Navantia-Ferrol. Pódese ver ou descargar picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

A CGT de Navantia vota NON

A Folla da CGT, a publicación da Sección Sindical Unitaria en Navantia chega ao seu número 193 nun momento de especial importancia.

Neste número se dan os argumentos, explicados, de por que a CGT pide o voto NON para o preacordo do Convenio Colectivo. En resumo son os seguintes:

  • Non se coñece o texto completo e definitivo do articulado e anexos.
  • Hai que comparar o texto do preacordo coa plataforma reivindicativa aprobada polos traballadores.
  • Non se recupera o sistema de promoción.
  • Estamos nun bo momento para a loita reivindicativa.

Se queredes a Folla completa, so tedes que conseguila picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia

 

post

«Buzón Rebelde» de outono

A sección Sindical de Correos da CGT da Coruña ven de publicar o novo boletín de outono da súa publicación «Buzón Rebelde», que ten información de interese para o cadro do persoal. Nesta ocasión, entre outra información, o boletín inclúe:

  • Outro acordo para «salvar» Correos: fume e ningún compromiso
  • Amazon abre a nave de Cambre
  • Ameazas sobre anulación de APS e outros permisos. Como actuar?
  • Convenio colectivo: é hora de avanzar en dereitos

O «Buzón rebelde» inclúe varios QR para que que desexe amplie información.

CGT de Correos – A Coruña

Podes ler ou abrir o boletín picando aquí embaixo:

 

post

Navantia: Folla 86

Hoxe saíu un novo número da publicación da CGT de Navantia, que ten o seguinte contido:

  • Conversión de eventuais en fixos
  • Sen información sobre Turbinas
  • A empresa róubanos nos pases
  • Prazas operarios-empregados
  • Horas sindicais de novembro

Pódese ler ou descargar esta Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

CGT Navantia sobre o Metal de Cádiz: non foi unha derrota, foi unha traizón

A CGT de Navantia de Ferrol fixo pública unha nova Folla da CGT. este número, que é o 85 da publicación, ten o seguinte contido:

  • Metal de Cádiz: non foi unha derrota, foi unha traizón
  • Impagamento do Plus de Distancia
  • Convocatorias de prazas: o Comité debe revisarlo todo
  • 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
  • Calendario laboral 2022

Pódese abrir ou descagar esta Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia Ferrol: solidariedade coa loita do Metal de Cádiz

Este é o primeiro artigo da Folla da CGT número 84, que acaba de ser publicada pola Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol. Ten o seguinte contido:

  • Solidariedade co Metal de Cádiz. Concentración
  • Éxito da Folga Xeral da Mariña
  • Novas sobre prazas de operarios-empregados
  • Acordo de pensións: chove sobre mollado
  • A nómina no Periscopio
  • Contratos temporais abusivos
  • Furor contratante da empresa

Pódese ver ou descargar esta Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Unificar as loitas e máis, na Folla da CGT de Navantia

Neste número 83, o contido é o seguinte:

  • Fronte a ofesiva patronal, hai que unificar as loitas
  • FP dual
  • Denunca na Inspección polo Plus de Distancia
  • ¿Reforma laboral ou unha broma?
  • E as empresas non quebraron
  • Prazas operarios-empregados sénior
  • Cartucho de Nadal

Pódese ler ou descargar esta Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Novo «Buzón Rebelde» de Correos da Coruña

A Sección Sindical da CGT en Correos da Coruña ven de facer público un novo Buzón Rebelde, a súa publicación. Nesta ocasión o contido é:

  • Os novos carros de reparto, á Inspección de Traballo
  • Os días de Asuntos Particulares denegados deben ter motivación sufuciente
  • Perda de máis de 500 euros este ano
  • Cambios inminentes na organización do reparto na Coruña
  • Pleno estatal da CGT de Correos en Pontevedra

Pódese abrir ou descargar a publicación picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical de CGT en Correos – A Coruña

 

post

Navantia: a gravidade da asbestose

Saíu ao público o número 82 da Folla da CGT, a publicación do sindicato en Navantia de Ferrol. Neste número aparecen artigos sobre os seguintes temas:

  • Amianto: concentración e reivindicacións
  • O atraco das pensións. Escrivá ao ataque
  • Condicións dos traballadores de PINE en Francia
  • Calefacción nos talleres, xa
  • Teletraballo, outro cheque en branco para a empresa. Análise crítico
  • Utilización das horas sindicais en outubro

Pódese ler ou descargar a Folla da CGT picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Nova Folla en Navantia

O número 81 da Folla da CGT en navantia ven de saír publicada. Nesta ocasión, contén dous temas:

  • Escusas de malos pagadores, sobre a actitude do Comité de Navantia con ElectroRayma, que esixe submisión e obediencia aos segundos con respecto aos primeiros.
  • Imaxe e fume, sobre a preocupación pola «imaxe externa» que o novo xefe da Sala Técnica manifesta debido á cantidade de persoas que toman café ou fuman no exterior.

Pódese descargar ou abrir Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol