post

Manifestación en defensa das pensións na Coruña

A CGT, xunto cos sindicatos CUT, PROSAGAP, SE, SF e STEG, acordou convocar varias mobilizacións en Galicia o próximo 30 de xaneiro, xoves, co lema "DEFENDAMOS AS PENSIÓNS". Na Coruña, convócase na Praza de Portugal, ás 19:30 horas, para saír en manifestación cara a Delegación do Goberno.

O capitalismo quéreo todo e agora quere facer negocio coas nosas xubilacións. Por iso non é suficiente que este ano o goberno decidirá facer un incremento consonte ao IPC, senón que é necesaria a blindaxe permanente do sistema público de pensións, que garanta os ingresos suficientes e dignos para todas e todos. Por iso, independentemente da recente suba, ímonos movilizar porque "GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE".

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Concentración en defensa das pensións na Coruña

O sábado, 13 de abril, ás 12:30 horas, no Obelisco da Coruña, está convocada unha nova mobilización en defensa do sistema público de pensións. A concentración está convocada por Modepen (Movemento en Defensa das Pensións) da Coruña.

A CGT da Coruña considérase convocada e quere amosar o seu apoio a esta concentración, facendo un chamamento ao pobo traballador para que se sume e amose o seu rexeitamento ás intencións da Unión Europea de continuar afondando no saqueo e na privatización dos plans de pensións. Para a CGT, somente coa mobilización continua, con acción directa sen intermediarios, poderemos facer fronte a esta nova agresión capitalista.

Para a CGT, o enfrontamento cos agresores pasa por obviar o espellismo electoralista e continuar na mobilización e na loita, independentemente dos calendarios políticos que todo o remexen e todo o enturban.

Goberne quen goberne, as pensións deféndense!

Contra a explotación e o saqueo, solidariedade e loita!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

A CGT da Coruña apoia a concentración polas pensións do día 17

A CGT da Coruña acordou manifestar o seu apoio á concentración convocada para o próximo sábado, día 17, ás 12:00 horas, no Obelisco da Coruña, en defensa do sistema público de pensións.

O sistema de pensións ven sendo saqueado polas elites políticas e económicas do país a través das últimas reformas que foron, a do PSOE que retrasou a idade de xubilación, e a do PP que modificou o sistema de cálculo da revalorización, deixándoo nun miserento 0,25% anual. Ao mesmo tempo, os poderes políticos e financeiros promocionan os sistemas privados de pensións metendo medo aos traballadores e intentando convencelos de que o sistema actual non é sostible.

Para a CGT, o mantemento dun sistema xusto, solidario e público cunhas pensións suficientes para levar unha vida digna é posible sen ningunha dificultade. Cando se pode rescatar á banca, cando se lle rebaixan as cotizacións ás empresas, cando se recortan os impostos aos poderosos, cando se saquea a caixa de reservas da Seguridade Social, en realidade o que están facendo é eliminar a financiación do sistema de pensións e fomentar o sistema privado, inxusto, insolidario e de solvencia dubidosa.

Por isto, a CGT da Coruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e poboación traballadora en xeral para que apoien esta convocatoria. Por que é xusto e impresdindible.

Comité Local da CGT da Coruña