post

Solidariedade coas despedidas no Hotel Bahía de Vigo

A CGT da Coruña fixo onte unha concentración en solidariedade coas traballadoras despedidas do Hotel Bahía de Vigo. A principios do mes de maio, a dirección deste hotel decidíu despedir a 23 camareiras de habitación e subcontratar a Nortempo, unha empresa de traballo temporal a realización destas tarefas.

Nesta ocasión concentrámonos ante o Hotel Blue da Coruña, que forma parte de Sercotel, a mesma cadea hoteleira que o Bahía, e que non se pode desentender das prácticas antilaborais dos seus socios.

A CGT da Coruña seguirá apoiando ás compañeiras de Vigo e non parará ata que sexan repostas con todos os dereitos laborais, sociais e salariais. Nin o Hotel Bahía, nin Nortempo, nin Sercotel terán descanso ata que o conflito se amañe.

SE TOCAN A UNHA TOCAN A TODAS!

HOTEL BAHÍA DESPIDE, SERCOTEL E NORTEMPO SON CÓMPLICES!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Concentración solidaria na Coruña coas traballadoras despedidas por Nortempo-Hotel Bahía en Vigo

A CGT concentrouse onte, ás 17:00 horas diante da porta do centro de traballo que Nortempo ten ao carón de Carrefour de Alfonso Molina, na Coruña para protestar polo despedimento, en Vigo, o pasado 7 de maio de 23 traballadoras do Hotel Bahía en Vigo.

Na concentración reclamouse a contratación, por parte de Nortempo, das compañeiras despedidas, xa que é Nortempo a adxudicataria da contrata dos servizos que prestaban as devanditas traballadoras. «Readmisión despedidas» foi o berro máis escoitado na mobilización, así como a lectura, varias veces, dun escrito onde se explican as circunstancias da situación.

Cando rematou a concentración, comunicouselle a viva voz a Nortempo que non ía ser a única visita.

Comité Local da CGT da Coruña