post

Novo número do Boletín de CGT en Navantia

Publicouse o número 6 da Folla da CGT en Navantia de Ferrolterra, que ten o seguinte e interesante contido:

  • Artigo do Diario de Ferrol de xullo de 2016, no que os sindicatos chamados maioritarios, daquela si, denunciaban as irregularidades nas contratacións de novo persoal.
  • Posición da CGT sobre as cláusulas de confidencialidade que pretenden restrinxir a información a algún membros do Comité.
  • Compromiso do novo goberno sobre Navantia Ferrol.

Quen queira pode ver o Boletín picando na ligazón de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

A Folga Xeral Feminista na Coruña e Lugo. Nota de prensa

A CGT, que convocou unha Folga Xeral Feminista de 24 horas este 8 de marzo, informa do seguinte:

          A situación xeral de seguemento na provincia da Coruña é satisfactorio, tendo en conta que a CGT non é un sindicato maioritario e a difusión do seu mensaxe estivo moi limitado. A pesar disto, informamos de que o paro é un éxito no sector de telemárquetin, cos seguintes datos concretos naquelas empesas e sectores onde a CGT ten implantación:

  • Extel (A Coruña): 80% de seguemento
  • Atento (A Coruña): 40% de seguemento
  • Abante (Lugo): 70% de seguemento

En Correos da provincia da Coruña, o seguemento foi notable, chegando ata o 20%. Nesta empresa, a CGT conseguíu paralizar o intento da dirección de organizar a esquirolaxe interno obrigando a non folguistas a facer o traballo do persoal en folga. Tras unha hora de loita, a empresa retirou dita pretensión.

En Adif establecéronse servizos mínimos abusivos, o que provocou que prácticamente todo o persoal teña a obriga de traballar. O mesmo pasa en Renfe, cun 75% de servizos mínimos.

En Navantia (Ferrol) estímase o paro nun 15%, ao igual que nos servizos administrativos da Xunta de Galicia.

En xeral, a CGT da Coruña considera satisfactorio o seguemento da folga e ten que denunciar o seguinte:

  • A imposición de servizos mínimos abusivos, superiores aos doutras xornadas de folga, a pesar das reiteradas sentenzas que, en ocasión anteriores, declararon a ilegalidade destes servizos. Esta imposición, tanto en Renfe como en Adif, imposibilita o exercicio real do dereito á Folga.
  • A presión que están sufrindo moitas traballadoras, ás que se lles aplican servizos mínimos inexistentes, como no caso do persoal da limpeza de oficinas, avións e zona VIP no aeroporto de Alvedro.

A CGT da Coruña fai un chamamento á participación masiva na manifestación que sairá do Obelisco da Coruña ás 19:30 horas.

CGT da Coruña, 08 de marzo de 2019