post

Nº 18 da Folla da CGT en Navantia

Xa saíu o número 18 da publicación confederal de Navantia de Ferrol. nesta ocasión, ten os seguintes contidos:

A ratificación da posición da CGT de que non se debe retomar a actividade en Navantia -cunhamención á Sección Sindical da CGT no Chuac- , unha crítica ao oscurantismo informativo dos órganos de representación dxs traballadorxs, a cuestión da recuperación das horas do mal chamado «permiso retributivo recuperable», unha información sobre os novos ingresos e as horas sindicais gastadas polos representantes da CGT no mes de abril.

Quen teña interés pode ler ou descargar a «Folla» picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia: que o permiso o paguen as empresas!

O domingo, o goberno aprobou o decreto 10/2020, que establece un permiso retribuído recuperable até o 9 de abril. A paralización de máis actividades económicas era necesaria para loitar contra o coronavirus. Pero que o permiso sexa recuperable e que o decreto estabeleza que as empresas decidirán como recuperalo se non hai acordo coa representación legal dos traballadores/as significa descargar sobre as costas da clase obreira os custos desta crise e favorecer os abusos patronais. Ós bancos non se lles reclaman os 60.000 millóns de euros que deben do rescate bancario, pero ós traballadores si se nos reclaman os días do confinamento.

A situación da pandemia ten moito que ver cos recortes que, especialmente desde 2008, se realizan na sanidade pública. Eses recortes son o resultado da presión do gran capital a favor da privatización da sanidade, das pensións, do ensino e tamén das empresas públicas. ¿Ou que representa o modelo de subcontratación masiva de Navantia se non unha privatización encuberta? De feito, grandes capitalistas como Florentino Pérez parasitan Navantia a través de Maessa (filial de ACS), mentres con CLECE (que se encarga da limpeza de moitísimos hospitais e centros sanitarios) parasita a sanidade pública. Non é o único. Outros grandes empresarios como José Manuel Entrecanales (Acciona) tamén ten no público unha fonte de enriquecemento.

Polo tanto, os beneficios amasados por Florentino Pérez, por José Manuel Entrecanales, polas empresas do metal da provincia da Coruña (que levan anos forrándose a costa da explotación de milleiros de traballadores) teñen que servir agora para pagar o custe de todo isto. ¡Os traballadores non temos ningunha culpa! Todo o contrario: somos as vítimas desta situación, asumindo o confinamento nuns poucos metros cadrados ó coidado de nenos e vellos, vivindo na incerteza e soportando un estrés que os ricos que dispoñen de segundas residencias, de sanidade privada ou de chalés de luxo con finca de moitos ferrados non sofren. ¿Pasan igual o confinamento Florentino Pérez ou Susana de Sarriá cós traballadores e traballadoras de Navantia, especialmente os das empresas auxiliares, moitas das cales aproveitaron para despedir ou para presentar ERTEs e que así o Estado (ou sexa, os asalariados, que somos os únicos que pagamos impostos neste país) lles financiemos o 70% dos salarios? Moita leria sobre que os traballadores son o principal activo das empresas, blablablá, blablablá, blablablá, pero o único que lles importa son os seus beneficios.

Respecto á principal, empresa e comité intercentros chegaron onte a un acordo que demostra a fusión que hai entre ambos porque o acrodo pasa a factura dos pratos rotos ós traballadores, como moitos xa se cheiraban vistos os precedentes (convenio único, etc.). Para a CGT, ese acordo é inadmisible desde un punto de vista de clase.

¡Os traballadores non andamos por aí de paseo, estamos confinados! E non se sabe por canto tempo. ¿E se despois do 9 de abril isto se prolonga? ¿E se as medidas de illamento (e, por tanto, de suspensión da actividade produtiva) se teñen que repetir de forma periódica durante un tempo indefinido, como apuntan moitos científicos? ¿Que vai facer o intercentros? ¿Asinar que lle debemos á empresa unha semana máis, quince días máis, un mes máis…? Isto non é defender os intereses dos traballadores/as. E que non aleguen que estaban obrigados polo decreto porque non é verdade.

Cando voltemos ó choio será o momento de abordar un debate para elaborar un plan de loita que teña como obxectivo obrigar ás empresas a facerse cargo dos custes de toda esta situación. ¡Que a crise a paguen os capitalistas!

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia: non aceptemos máis sacrificios!

Este é o título do número 15 da Folla da CGT en Navantia Ferrol que, no seu artigo principal, rexeita quetodos os sacrifizos sexan por parte d@s traballador@s.

Informa tamén da actividade do Comité de Emerxencia, comenta a esencia do capitalismo, a cuestión do persoal de Prosegur e o informe da utilización das horas sindicais.

Xa xabedes, podedes abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

A Industria Auxiliar de Navantia xa empezou a despedir e a aplicar ERTES

Saíu o número 14 da Folla da CGT en Navantia. Neste número salientan a actitude da Industria Auxiliar co tema do coronavirus, que se trata tamén na folla. Infórmase das reunións do Comité de Emerxencia e tamén do aprazamento do ERTE en Inditex.

Quen teña interés pode ler ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

O coronavirus na Folla da CGT de Navantia

Ven de saír o número 13 da Folla da CGT da Sección Sindical Unitaria de navantia, como sempre pegada á actualidade laboral e ós dereitos da clase obreira. neste número fálase do coronavirus e o capitalismo, da creación dun Comité de Emerxencia, do teletraballo, unha estatítica de presenza nas instalacións, a esixencia de que o material sanitario que teña a empresa sexa prioritariamente para os traballadores sanitarios, a careta de Amancio Ortega e unha guía de acción para @s traballdor@s.

Pódese ver ou descargar a folla picando na ligazón de embaiso.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

[Navantia] Coronavirus: o primeiro é a saúde

O coronavirus foi declarado pola OMS como pandemia. Ante esta situación, a pasividade non é unha opción: ATRASAR AS MEDIDAS DE CONTENCIÓN COMPLICARÁ MÁIS O PROBLEMA.

En primeiro lugar, necesítase información clara e precisa por parte de Navantia. Neste senso, hai que esixirlle que haxa participación sindical no Comité de Emerxencia que coordina as actuacións.

Ademais hai outros problemas. A Xunta anunciou onte a suspensión de toda a actividade docente a partir do vindeiro luns, o que plantexa o problema do coidado dos menores. Ante esta mesma medida en Madrid, a empresa dixo que os traballadores con fillos menores poderán dispoñer do tempo necesario para o seu coidado mentres as clases estean suspendidas. Aquí debería facer o mesmo.

Pero o problema vai máis aló. Onte á tarde coñeceuse que xa hai oficialmente un caso na nosa comarca. As factorías da ría concentran a varios milleiros de traballadores, moitos en espazos cerrados e de diversas procedencias xeográficas. Por tanto, poden ser un foco de propagación do coronavirus. De feito, tanto en Fene como en Cádiz hai persoas illadas en observación, ambas relacionadas con Reparacións: en Fene, un traballador procedente de Valencia contratado polo armador dun buque; en Cádiz, un militar dunha fragata que estivo en Madrid.

A experiencia de Italia demostra que non tomar medidas a tempo agrava o problema. O goberno recomenda cerrar tódolos centros educativos de todo o Estado español durante 15 días. Moitos concellos están suspendendo numerosas actividades. Os grandes centros de traballo tamén representan un gran risco potencial.

Canto antes se tomen medidas, máis efectivas serán. A única diferenza entre unha factoría de Navantia e un centro de ensino ou unha instalación deportiva é a existencia de intereses económicos. Pero a saúde ten que estar por riba dos cartos. Esta crise demostra que a privatización da sanidade en beneficio de intereses privados é prexudicial para os intereses xerais da poboación.

Neste senso, as empresas e administracións públicas deben dar exemplo e antepoñer a saúde da poboación. NAVANTIA DEBE SUSPENDER AS SÚAS ACTIVIDADES CANTO ANTES DURANTE O TEMPO NECESARIO.

Pero esta medida extraordinaria ante unha situación extraordinaria non pode repercutir negativamente sobre os traballadores, nin da principal nin das compañías. Mentres dure a suspensión, deben garantirse tanto os salarios como os postos de traballo de tódolos traballadores.

Xa antes do coronavirus, a economía daba claras mostras de ralentización. Os empresarios van intentar aproveitar esta crise sanitaria para atacar ós traballadores. A CGT OPOà‘ERASE A CALQUERA ERE COA ESCUSA DO CORONAVIRUS. TODO INTENTO PATRONAL POR SACAR PARTIDO DA SITUACIÓN DEBE SER COMBATIDO COA MÁXIMA CONTUNDENCIA. NIN RECORTES SALARIAIS NIN DESPEDIMENTOS.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Número 12 da Folla de CGT-Navantia

Ven de saír o número 12 da revista da CGT en Navantia. O resumen do contido é o seguinte.

  • Información sobre o desenvolvemento da Asemblea
  • 8 de marzo: día internacional da muller traballadora
  • Información sobre unha sanción de oito días a un enfermeiro de Ferrol desprazado a Fene
  • O soldo da presidenta da nosa empresa
  • Reunión ás agachadas de CCOO con Gonzalo Mateo sobre o futuro de Turbinas
  • Reunión sobre os novos ingresos

Pódese abrir o documento ou descargalo picando nas ligazóns que hai ao pe desta entrada.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol

 

post

A publicación da CGT de Navantia xa vai polo número 11

Publicouse o número 11 da Folla da CGT editada pola Sección Sindical Unitaria de Navantia-Ferrol. O contido é o seguinte:

  • As frivolidades da dirección, condensador de fluzo incluido.
  • Racismo contra traballadorxs da Industria Auxiliar. O «efecto chamada» da noxo.
  • Saqueo na subcontratación. Carga de traballo para a empresa pública.
  • Unha «Alianza» ao servizo de intereses privados.
  • Asembleas parciais positivas.
  • Calendario de mobilizacións.

Como sempre, quen teña interés pode abrir ou descargar a Folla nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Unha nova Folla da CGT en Navantia

Publícase o número 10 da «Folla da CGT» en Navantia, contendo o seguinte:

  • Os abusos na Industria Auxiliar.
  • Novos e falaces argumentos sobre os novos ingresos, desmontados pola CGT.
  • A empresa non pode saírse coa súa na clasificación dos GP1 e GP2.

Como sempre, quen teña interés pode ler ou descargar picando las ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

A un ano da sinatura do plan de empresa en Navantia: un plan para que?

Así como o convenio único contou cun rexeitamento total entre a plantilla non afectada pola prexubilación, o plan de empresa creou certas expectativas, xa que significaba a incorporación dun número importante de traballadores/as e a promesa de investimentos na construción dun estaleiro moderno (dique para construción, novos talleres, aplicación dos conceptos da industria 4.0, etc.). ¿Cales son os feitos un ano despois?

Un ano despois, a descomposición de Navantia agudízase perigosamente. A propaganda da empresa di que as novas incorporacións serán a panacea a tódolos problemas. Na nosa opinión, aínda que ditas entradas serán positivas, non influirán sobre o problema de fondo.

  1. O plan de empresa foi un plan da dirección no que os comités fixeron exactamente cero aportacións (agás no tocante ás condicións da prexubilación) e que non ten en conta os intereses dos traballadores que non se prexubilan.
  2. ¿Que estamos a ver neste ano? Unha ACELERACIÓN DO PROCESO DE SUBCONTRATACIÓN MASIVA que xa se viña dando, tanto na produción (baleirado dos talleres de Tubeiros e de Chapa Fina, no Elaborado abandonáronse as liñas de previas e paneis e xa só permanecen en mans de Navantia o corte e o figurado) como no deseño. Todo o discurso da empresa sobre actividades core, valor engadido, etc., etc. etc., é pura leria. Trala enxeñaría de detalle, agora estase a subcontratar gran parte da enxeñaría funcional. É dicir, A DIRECCIÓN DE NAVANTIA ESTÁ A SUBCONTRATAR AS TAREFAS DECISIVAS, INCLUÍDAS ALGUNHAS QUE SON CRÍTICAS, RELEGANDO ÓS TRABALLADORES/AS DA PRINCIPAL A TAREFAS SECUNDARIAS E DE XESTIÓN. Como comentou un compañeiro da Sala Técnica: "para Navantia, hoxe en día, un barco se reduce a unha folla Excel".
  3. O desenvolvemento do plan tamén dá pistas moi claras. Por unha banda, o 75% dos novos ingresos serán persoas con moi pouca ou ningunha experiencia, cando o que Navantia necesita son profesionais. Por outra banda, digan o que digan, o plan non prevé a transferencia de coñecementos entre os traballadores que saen e os que entran. Do contrario, se tería optado por contratos relevo ou pola incorporación dos novos traballadores antes das prexubilacións. A dirección e os sindicatos que lle fan o xogo preferiron facer táboa rasa, deixando perder gran parte do coñecemento acumulado polos traballadores que se prexubilaron.
  4. ¿En que situación se atopan os investimentos? Segundo comunicou a empresa nunha xuntanza co comité o 23 de xaneiro, en decembro deste ano empezaría a construción dun taller de bloques planos, que non estaría listo até como mínimo xaneiro de 2023, e polo tanto a primeira fragata coa que se faría o corte de chapa sería a F-112. Todo isto supoñendo que se cumpran os prazos. Do novo dique, por agora nada de nada.
  5. Que sucede cos novos ingresos? Todo o proceso está sendo tremendamente revelador para entender cales son as auténticas intencións da empresa. Por unha banda, estamos asistindo a unha cacicada épica por parte de Navantia, onde os escándalos que se veñen sucedendo non deixan lugar a dúbidas do modelo caciquil que, pola vía dos feitos consumados, aplica a empresa. Por outra banda, queda claro cristalino que o proceso está deseñado para que, na práctica, os traballadores da IA non teñan opcións (reparto 70/30, experiencia máxima de 3 anos nos júnior, esixencia de experiencia e titulación; visto o visto, a ver que sorpresas nos agardan na convocatoria dos sénior). ¿Por que non queren que a IA perda profesionais? Porque o plan é subcontratar toda a produción.

Un plan de empresa pode estar ó servizo de moitos propósitos. Pode estar ó servizo dos traballadores ou ó servizo dos empresarios da IA (e os seus cómplices necesarios dentro de Navantia). O futuro de Navantia non depende dun plan en abstracto, senón dun plan que sirva para fortalecer a empresa pública.
A idea dos que argallaron todo isto é clara: unha empresa pública que asuma os gastos fixos que implica un estaleiro (instalacións, servizos comúns, mantemento…) e que se encargue da xestión comercial, e unha subcontratación masiva do traballo que se consiga. ¿Que non hai carga de traballo? Despídese ós traballadores/as da IA, e os empresarios non teñen gastos porque o propietario do estaleiro é o Estado, que tamén é o que busca novos contratos. ¿Que hai carga de traballo? Aparecen os empresarios e se forran a costa da precariedade e a explotación dos traballadores. ¿Que esa precariedade fai difícil atopar profesionais? Pois veña a choromicar para que o Estado pague a formación, como se esta non fose coas empresas.
Non teño instalacións, non busco choio, non formo, non manteño os meus profesionais…, só aparezo para poñer o cazo cando hai negocio. Así é "empresario" calquera. A chamada "iniciativa privada" é un timo porque se apoia no saqueo sistemático de recursos públicos. Os empresarios son innecesarios porque non xogan ningún papel na produción. Son meros explotadores de man de obra, son uns PARASITOS SOCIAIS.
Os feitos son teimudos: non hai razón para pensar que este plan de empresa servirá para mellorar Navantia como empresa pública. Todo o contrario: é unha continuación do desmantelamento posto en marcha cos plans de 1999 e 2005.
Navantia xa non pode construír un buque por si soa e, polo camiño que leva a Sala Técnica, queda moi pouco para que tampouco poida deseñalo. A subcontratación é o problema de futuro máis grave que afronta Navantia. Hai que pedirlle ó novo goberno que adopte medidas de inmediato para corrixir este rumbo.
É NECESARIO QUE, Á REIVINDICACIÓN DE CARGA DE TRABALLO, LLE
SUMEMOS:
1) A DENUNCIA DE TODO O PROCESO DE PRIVATIZACIÓN INDIRECTA A
TRAVÉS DA SUBCONTRATACIÓN.
2) A REIVINDICACIÓN DE QUE NAVANTIA CONTRATE DIRECTAMENTE,
MEDIANTE CONVOCATORIA PÚBLICA E CON TÓDALAS GARANTÍAS, OS
PROFESIONAIS QUE NECESITA PARA FACERSE CARGO TANTO DA
XESTIÓN COMO DO DESEà‘O E A CONSTRUCIÓN DOS BARCOS.

Como calquera outro sindicato, a CGT pode trabucarse. Pero nunha cousa non imos trabucarnos: o lado da barricada no que estamos. Nin por acción nin por omisión seremos cómplices dos que están a desmantelar unha empresa pública a costa de milleiros de traballadores e en beneficio de intereses privados espurios.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol