post

A desmobilización permanente en Navantia

Acaba de publicarse o número 46 da Folla da CGT e ven encabezada cun artigo sobre o rexeitamento da maioría sindical do chamamento feito polos representantes da Industria Auxiliar a un paro de 24 horas para o día 27. Además desta desvergoña sindical, a Folla contén un comentario sobre canto fillo de put hai neste país (26 millón din os que os queren fusilar).

Coma sempre, quen teña interés en ler a folla, pode descargala premendo nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Nova agresión de Navantia contra os traballadores da Industria Auxiliar

Este é o título do artigo de portada da Folla da CGT número 45 que publica a Sección Sindical Unitaria en Navantia e que explica unha nova agresión da empresa contra os dereitos dxs compañeirxs da IA. Ademáis, a Folla contén o seguinte:

  • Apoio á concentración polas pensións e contra o Pacto de Toledo
  • Sentenza gañada pola CGT sobre os xuros dos atrasos das asimilacións
  • Unha nova arbitrariedade nos novos ingresos
  • Prohibición a membros do Comité a acceder a dependencias da factoría
  • Horas sindicais de novembro utilizadas polxs nosxs delegadxs

Coma sempre, quen estea interesado, pode abrir ou descargar a Folla premendo nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Prazas de Navantia: unha auténtica cacicada

Onte pola tarde, Navantia publicou as listas provisorias do exame teórico-práctico das tres especialidades pendentes (Asistencia á dirección, Bacharelato e Mecatrónica) da convocatoria de prazas de operarios e empregados júnior 2019.  

Finalmente, Navantia excluíu a 4 persoas que nese exame sacaron a nota suficiente para obter praza (que é o que recollen as bases), pero que non obtiveron o "visto e prace" dun psicólogo contratado por Navantia para facer algunhas entrevistas persoais telemáticas (entrevista que non aparece por ningures nas bases, e que tampouco se lle fixo a tódolos candidatos). Noutras palabras: Navantia viola as bases da convocatoria.  

Este nivel de nepotismo empresarial son, infelizmente, habituais no sector privado. Pero que ocorran nunha empresa pública é gravísimo. Neste senso, a CGT defendeu na permanente do comité de Ferrol a convocatoria inmediata dunha asemblea xeral para abordar co conxunto dos traballadores/as toda esta situación, proposta que lamentablemente non saíu adiante.  

Pero non se trata só de loitar para solucionar este caso. Hai que impedir que isto volva a repetirse. Trátase de acabar con tódalas irregularidades, escurantismos e arbitrariedades que se producen nas contratacións de Navantia, e que, no caso das prazas de titulados universitarios, veñen de lonxe.  

Non hai nada que inventar. Navantia é unha empresa pública. Por tanto, debe seguir os procedementos transparentes e obxectivos propios da Administración pública.  

Mentres a SEPI, matriz de Navantia, convoca prazas de titulados universitarios rexidas polo principio de igualdade, mérito e capacidade, Navantia exclúe xente por motivos escuros que oculta trala escusa do secreto clínico dun psicólogo. Ou por exceso de coñecemento, como pasou nas prazas de universitarios júnior.  

A CGT vai facer todo o que estea na nosa man para loitar contra esta cacicada e para que a arbitrariedade desapareza de Navantia, deixando paso a uns procesos de ingreso transparentes e nos que haxa unha igualdade de oportunidades real conforme ós principios de igualdade, mérito e capacidade, e de non discriminación entre homes e mulleres, como corresponde a unha empresa pública.  

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-ferrol

 

post

Unha nova Folla en Navantia

O número 45 da Folla da CGT foi publicado pola Sección Sindical Unitaria. Este número ten o seguinte contido:

  • 25-N: Día Internacional contra as violentas machistas
  • Confluír cxs traballadorxs. CCOO e UGT conflúen coas empresas, pero fuxen de confluír coa súa clase.
  • Comparanza entre as convocatorias da SEPI e as de Navantia. nepotismo e arbitrariedade.
  • Calendario laboral 2021. Os excesos de xornada.
  • Encadramento salarial GP1 e GP2, bloqueado. Fai falla unha asemblea cos afectados.

As persoas interesadas poden ler ou descargar este número premendo nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia

 

post

Xa temos outra Folla da CGT en Navantia

Trátase do número 43 da nosa publiciación e contén o seguinte:

  • Sobre a guía da empresa e o COVID
  • Denuncias en Inspección de Traballo
  • A tomadura de pelo do permiso retribuído recuperable
  • Queremos luz e taquígrafos coas actas das reunións empresa-intercentros
  • Última hora sobre os novos ingresos
  • Non hai cartos para o dique cuberto

Quen teña interés pode ler ou descargar a Folla picando nas ligazóns ao pe desta entrada.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Prazas de Navantia: isto xa alcanza niveis surrealistas

As listas provisorias do exame teórico-práctico de 3 especialidades (Asistencia á dirección, Bacharelato e Mecatrónica) da convocatoria de prazas de operarios e empregados júnior 2019 de Navantia seguen pendentes de publicación.

O motivo é a intención da empresa de excluír a 4 aprobados destas tres especialidades. A xustificación de Navantia é que un psicólogo que os entrevistou por Skype así o recomenda.

Por que o psicólogo non considera aptas a esas persoas? Non se dan explicacións concretas. Alúdese simplemente a unha serie de posibles causas xenéricas como, por exemplo, a inmadureza persoal. Ou sexa, Navantia convoca prazas júnior ás que te podes presentar con 18 anos… e despois pode que non che dea a praza alegando que es inmaduro!!! Isto é surrealista. 

A actuación de Navantia en todo este proceso é impresentable. Está MALTRATANDO ós aspirantes, que nin se merecen nin teñen por que aturar as arbitrariedades e a falta de transparencia de Navantia, que aínda por riba é unha empresa pública, malia que non o pareza vendo como actúa a xefatura de RRHH. O último (que non derradeiro, por desgraza) exemplo témolo nas listas provisorias das 6 especialidades que si se publicaron: sen nota do exame (que determina o obter praza ou non) e desordenadas, de forma que un aspirante non puido saber cal era a súa situación relativa na lista, a canto estaba da derradeira persoa que obtiña praza, etc., informacións fundamentais de cara a unha posible reclamación.

Esta mañá houbo unha reunión coa dirección de RRHH de Navantia. A postura sindical maioritaria é que, sen unha explicación que o xustifique, non se admitirá as exclusións. Para a CGT é insuficiente: non imos admitir a exclusión de ninguén porque unha entrevista persoal é un método de selección SUBXECTIVO.

Isto non pasaría se CCOO, MAS e UGT, que constitúen a maioría sindical do comité de empresa, defendesen uns procesos de selección baseados exclusivamente en probas obxectivas e nos principios de igualdade, mérito e capacidade.

E tampouco pasaría se a maioría sindical non lle permitise a Navantia andar cambiando as regras do xogo á súa comenencia, como pasou neste caso: a entrevista non aparece nas bases da convocatoria e, por tanto, significa violalas.

Esiximos a publicación inmediata das listas provisorias sen exclusións e a continuación do proceso, a fin de que poida producirse canto antes o ingreso dos novos compañeiros e compañeiras.

Sección Sindical Unitaria de CGT-Navantia

 

post

Folla da CGT en Navantia

O número 42 da Folla da CGT en Navantia xa foi publicado. Contén o seguinte:

  • Unha aclaración sobre os casos de COVID-19
  • Exceso de xornadas da Industria Auxiliar no perímetro de Navantia
  • Sentenza contraria a Navantia sobre prestamismo laboral
  • Novos ingresos

Para profundizar nos temas, pódese descargar ou ler a Folla picando nas ligazóns do pé desta entrada.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

41ª Folla da CGT en Navantia

Acaba de saír publicada a Folla da CGT número 41, que ten o seguinte contido:

  • Concentración ante o aumento dos casos de COVID-19
  • O caso do positivo en IPA
  • Reclámase investimento en ventilación
  • Subcontratación da subcontratación de Navantia en materia sanitaria
  • O circo das entrevistas para as prazas de operarios júnior
  • A cuestión do permiso retibuido recuperable
  • A mentira dos contratos TS Junior
  • Horas sindicais gastadas en outubro

Quen teña interés pode ler ou descargar a Folla nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Prazas de Navantia: non hai por onde collelo

Navantia publicou onte, martes 27, as listas provisorias da 3ª proba (exame teórico-práctico) da convocatoria de prazas de operarios e empregados júnior 2019.

Só se publicaron as listas de seis especialidades. Outras tres (Asistencia á dirección, Bacharelato e Mecatrónica) quedaron pendentes.

A causa disto é que entre os APROBADOS destas tres especialidades hai persoas que na 2ª proba (test psicotécnico) obtiveron un resultado que a empresa calificou como "llamativo". (O que non se sabe é que lle chama a atención, aínda que nolo podemos imaxinar).Navantia pretende que, antes de decidir se lles dá unha praza ou non, estas persoas teñan que pasar porunha entrevista persoal.

A CGT rexeita totalmente toda proba de acceso NON OBXECTIVA (tests de personalidade, entrevistas persoais…).

O que pretende Navantia é trasladar ás prazas de operarios e empregados o modelo de selección SUBXECTIVO, ARBITRARIO E SEN TRANSPARENCIA que utiliza historicamente nas prazas de técnicos superiores, tamén nas que están saíndo nos últimos meses.

Ademais,neste caso concreto a entrevista persoal representaría unha violación das bases da convocatoria porque non está contemplada nas mesmas.

A pretensión de Navantia equivale tamén a aplicar retroactivamente o resultado da 2ª proba… a persoas que xa fixeron e aprobaron a 3ª. IMPRESENTABLE!!!

Esiximos a PUBLICACIÓN INMEDIATA DAS LISTAS PENDENTES E A CONTINUACIÓN DO PROCESO.

Isto non pasaría se CCOO, MAS e UGT, que constitúen a maioría sindical do comité de empresa, en vez de aceptar, como fixeron, esta aberración, defendesen uns procesos de selección baseados exclusivamente en probas obxectivas e nos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Non facelo significa que as cousas poden descorrer por canles non previstas, como xa lles pasou con toda a argallada do baremo e a nota de corte da 1ª proba.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Novos ingresos en Navantia: cacicada abortada

Este é o titular do número 37 da Folla da CGT que a Sección Sindical Unitaria en Navantia acaba de publicar. Tamén se inclúe a solidariedade cxs compañeirxs en loita de Alcoa, novas sobre o Covid-19, información sobre o comedor e o economato, unha nota sobre as actas dos comités e que nada cambiou aínda que cambiaron á presidenta.

Que teña interés pode abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol