post

Navantia: a gravidade da asbestose

Saíu ao público o número 82 da Folla da CGT, a publicación do sindicato en Navantia de Ferrol. Neste número aparecen artigos sobre os seguintes temas:

  • Amianto: concentración e reivindicacións
  • O atraco das pensións. Escrivá ao ataque
  • Condicións dos traballadores de PINE en Francia
  • Calefacción nos talleres, xa
  • Teletraballo, outro cheque en branco para a empresa. Análise crítico
  • Utilización das horas sindicais en outubro

Pódese ler ou descargar a Folla da CGT picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Nova Folla en Navantia

O número 81 da Folla da CGT en navantia ven de saír publicada. Nesta ocasión, contén dous temas:

  • Escusas de malos pagadores, sobre a actitude do Comité de Navantia con ElectroRayma, que esixe submisión e obediencia aos segundos con respecto aos primeiros.
  • Imaxe e fume, sobre a preocupación pola «imaxe externa» que o novo xefe da Sala Técnica manifesta debido á cantidade de persoas que toman café ou fuman no exterior.

Pódese descargar ou abrir Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

Por uns procesos de ingreso en Navantia obxetivos, transparentes e xustos

Entre as moitas desfeitas e irregularidades cometidas pola dirección de Navantia nos procesos de convocatoria de prazas de novos ingresos, unha das máis escandalosas foi a exclusión dunha aspirante ás prazas de universitarios júnior 2019 por "exceso de madurez persoal e exceso de coñecemento profesional". Isto é especialmente grave nunha empresa pública, que debería rexerse por un principio de non discriminación.

A excluída presentou unha demanda, cuxo xuízo inicialmente se fixou para o pasado marzo e que agora está previsto para mañá xoves 21 de outubro ás 12:15 en Ferrol.

Para reivindicar uns procesos de ingreso en Navantia obxectivos, transparentes e xustos, a CGT realizará unha:

Concentración diante dos Xulgados de Ferrol

Xoves 21 de outubro ás 12:00 h.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

O de Navantia non ten nome

Hoxe houbo unha reunión empresa-comité sobre as convocatorias de prazas en marcha.  

A primeira preocupación da CGT foi a publicación dos dous horarios de exame e as profesións correspondentes a cada un deles, ademais do lugar da súa realización.  

A resposta da empresa foi inaudita: ¡que o horario do exame de cada profesión o tiña que establecer os vogais do tribunal correspondente e, por tanto, había que esperar a que se reunisen! E isto a catro días laborables da data do exame!  

A CGT argumentou que o papel dos vogais era a elaboración e corrección dos exames, non a organización dos aspectos prácticos dos mesmos, que as profesións tiñan que ser agrupadas de determinada maneira (a fin de garantir que as persoas inscritas en dúas puidesen examinarse de ambas) e que os vogais nada sabían deste aspecto, e que o lóxico era que os horarios se decidisen na Comisión de Emprego entre empresa e comité.  

Non houbo maneira. A empresa non se moveu da súa postura. Pero horas máis tarde tivemos coñecemento de que a empresa enviou onte un correo a tódolos vogais indicando a que hora sería o exame de cada especialidade. Isto xa non ten nome. Ou mellor dito, si o ten: INDECENCIA.  

Hai que ter moi mala baba para, estando establecidos xa os horarios, non querer publicalos. Esta é unha proba máis de como trata Navantia ós aspirantes. Ou mellor dito, de como os MALTRATA, e o fai DE FORMA SISTEMÁTICA E DELIBERADA. Os aspirantes non se merecen isto.

Moito vídeo, moita foto en redes sociais, moito vender imaxe de cara á opinión pública, pero a auténtica cara da xefatura de RRHH de Navantia é a que demostran estes feitos: un total desprezo polos traballadores e traballadoras.  

Navantia ten que publicar os horarios e o lugar dos exames XA! 

E o PSOE e Unidas Podemos deberían empezar a preocuparse polas falcatruadas que, no seu nome, organizan uns responsables de RRHH que non desentoarían nada cun goberno do PP-Vox.  

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

A Folla da CGT en Navantia-Ferrol

Acábase de publicar o número 79 da Folla da CGT, a publicación da Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol. Neste número, o contido é o seguinte:

  • Non é normal o proceso para acordar o teletraballo
  • Calendario de mobilizacións en ElectroRayma
  • Denuncia á Inspección por non publicar o escalafón
  • Cambiar as bases dunha convocatoria de xeito retroactivo: unha trangallada
  • Reunión coa empresa sobre convocatoria de prazas
  • Xornadas abusivas en Carenas (Bahía de Cádiz)

Pódese descargar ou abrir este número picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

Prazas de ingreso: a que espera Navantia?

A semana pasada saíu publicado que Navantia convocará antes de final de ano novas prazas de ingreso nas factorías de Fene e Ferrol.

  • Prazas de operarios-empregados sénior: Estamos a unha semana da data fixada para o primeiro exame (xoves 21), que se celebrará case un ano despois do período de inscrición, a consecuencia, entre outras cousas, da anulación das primeiras listas provisorias polas irregularidades cometidas por Navantia na súa elaboración.
    Pero a pesar de que hai xa máis de quince días que se decidiu que habería dous horarios de exame (a fin de garantir que as persoas inscritas en dúas profesións poidan examinarse de ambas, como a CGT reclamou insistentemente), Navantia aínda non fixo públicos cales van ser eses horarios nin que profesións se examinarán en cada un deles. Isto é unha total falta de consideración coas persoas que se van examinar, que se merecen algo máis de respecto.
    Hai persoas que terán que pedir permiso no traballo. Hai persoas que virán de fóra da comarca. ¿Non se merecen saber se o seu exame vai ser a primeira hora ou a media mañá? A que espera Navantia para publicalo? Por que o mantén oculto? Xa de paso, non estaría de máis que anunciase tamén o lugar das probas.
  • Prazas de bombeiros (técnicos de emerxencias): O total de inscritos foron 118 (76 nas prazas júnior e 42 nas sénior). O prazo de inscrición rematou hai seis semanas. Vai sendo hora de que a empresa publique a lista provisoria de admitidos e non admitidos, para que o proceso poida continuar.

No canto de facer filtracións interesadas sobre convocatorias futuras, mellor sería que Navantia se ocupase de axilizar as convocatorias que están en marcha, que na ría de Ferrol avanzan a paso de tartaruga a consecuencia do boicot abertopor parte da empresa.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol

 

post

Problemas en ElectroRayma – Ferrol

O número 78 da Folla da CGT dedica á situación en ElectroRayma un espazo salientable, destacando a responsabilidade social de Navantia. Tamén, neste número, aparece o seguinte contido:

  • Temos claro onde se poden meter a súa enquisa
  • Prazas de operarios-empregados sénior: que pasa cos horaris dos exames?
  • Demasiado poder en pucas mans
  • Elaboración da plataforma do convenio
  • Horas sindicais de setembro

Tamén se pode abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Nova Folla en Navantia

O número 77 da Folla da CGT foi publicado pola Sección Sindical Unitaria Navantia-Ferrol. O contido é o seguinte:

  • Covid: tod@s ao tallo!
  • Denuncia do convenio
  • Prazas operarios-empregados sénior
  • Cartucho de Nadal
  • Fagan as súas apostas
  • O mantra de moda

Pódese ver ou descargar a publicación picando nos ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Unha nova Folla da CGT en Navantia

Acábase de publicar o número 76 da Folla da CGT, editada pola Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia. Coma sempre, ven chea de contidos interesantes:

  • Xornadas abusivas en Carenas
  • Visita do presidente: non se aproveitou pola parte sindical
  • Futuras convocatorias de ingresos: bases ilegais
  • Prazas de empregados-operarios sénior: listaxes definitivas de admitidxs
  • Peche de Vestas, en Viveiro: empresa con beneficios, pero dá igual
  • Enquisa #CompromisoNavantia: chamamos a non participar

Pódese abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia: Folla número 74

Ven de ver a luz o número 74 da Folla da CGT, a publicación da Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia. Neste número inclúe o seguinte:

  • A empresa non paga o complemento de IT ás persoas que non teñan o período de carencia.
  • Consultas de RRHH.
  • Prazas de operarios-empregados sénior: que se poidan presentar a varias profesións.
  • Cativo incremento salarial para 2021.
  • Utilización das horas sindicais en agosto.

Xa sabedes que se pode abrir a Folla ou descargala picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol