post

Navantia, as auxiliares e Alcoa maniféstanse na Coruña

Navantia Ferrol, as súas empresas auxiliares e Alcoa, manifestaránse conxuntamente polas rúas da Coruña o día 31, mércores. A mobilización comezará ás 10:00 horas no edificio sindical e rematará diante da sede da patronal, na praza de Luís Seoane.

A orixe desta protesta parte da negativa da patronal de incluír os acordos asinados no 2001 polas empresas auxiliares de Navantia no convenio provincial do metal se non se aceptan condicións novas non pactadas.

No caso de Alcoa, a protesta é unha das mobilizacións provocadas polo anuncio do peche do centro de traballo coruñés, que deixa na rúa a 600 persoas, entre contratos directos e indirectos.

A CGT da Coruña manifesta o seu apoio á mobilización e fei un chamamento a que a afiliación, simpatizantes e pobo traballador se una á protesta.

NON DEIXES QUE PISEN A@S COMPAà‘EIR@S!

ALCOA NON SE PECHA!

NAVANTIA E AS AUXILIARES EN LOITA!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Luns, 17 de setembro, paro de 24 horas en Atento A Coruña

Tras máis de 3 meses de continuas mobilizacións das traballadoras e traballadores de Atento Coruña en protesta polos despidos, sancións e as nefastas condicións laborais que están a padecer, o pasado martes a empresa reuniuse co comité de empresa para tratar as reivindicacións da plantilla.

 

Atento comunicou o comité de empresa a sua intencións de non rematar cos despidos e as sanción cando e como considere necesario, aínda que non exista motivo real que os xustifique, tamén indicou que non pode facer nada en canto a mellorar as condicións do traballo en temas como que as aplicacións informáticas non fallen a diario ou que @s traballador@s dispoñan de un tempo administrativo entre chamada e chamada para poder cumplimentar os datos das mesmas.

 

Por todo isto, o comité de empresa, del que a CGT forma parte, decidiu proseguir adiante coas mobilizacións convocadas. A próxima será un paro de 24 horas o próximo luns 17 de setembro.

Sección Sindical CGT Atento A Coruña

 

post

Manifestación luns, 10 de setembro: a loita continúa en Atento A Coruña

Dentro da campaña continua de mobilizacións das traballadoras e traballadores da empresa Atento da Coruña, que se veñen sucedendo desde finais do mes de maio, a totalidade do Comité de Empresa, do que forma parte a CGT, convoca unha manifestación o próximo luns, día 10 de setembro, ás 18:00 horas, e que sairá das portas do centro de traballo na rúa Juan Flórez. A saída da manifestación coincidirá co inicio do paro de dúas horas convocado para a tarde. Tamén está convocado outro paro pola mañá e outro pola noite, todos de dúas horas, un por quenda.

Os motivos da manifestación son os que se veñen facendo públicos nos últimos tempos: contra a política antilaboral da empresa que se traduce en despedimentos con causa falsa ou por absentismo xustificado (o último despido, hai dez días, foi a un compañeiro por estar enfermo de máis), acosos permanentes, sancións inxustas, presións, cargas de traballo excesivas, imposicións das quendas de vacacións e total desprezo pola dignidade dos traballadores e traballadoras.

Atento cumpre agora 20 anos de existencia na Coruña. Durante estes 20 anos caracterizouse polos soldos miserentos, por espremer ata a última gota á plantilla, por despedimentos masivos ou individuais permanentes que reduciron o persoal á metade nos últimos anos, e pola utilización de todas as argucias legais para machucar calquera intento de oposición en defensa dos intereses obreiros.

Pero Atento non conseguiu facer calar as voces que se alzan contra a explotación e, nestes 20 anos, atopouse con quen loitou contra o seu voraz instinto depredador. Hoxe, a loita continúa a pesar de todos os seus intentos.

Sección Sindical de CGT Atento – A Coruña

 

 

post

Concentración diante da Mutua Fraternidad

O vindeiro mércores día 27 de xuño, ás 11 horas, terá lugar unha concentración diante da mutua Fraternidad-Muprespa (Avda. do Exército, 12), convocada polo comité de empresa de Atento, do que forma parte a CGT,  en protesta pola miserable actitude da mutua nos últimos tempos, que deixou de prestar servizos sanitarios ás traballadoras e traballadores en situación de baixa médica, para converterse nun instrumento de presión para acelerar as altas médicas sen importarlle a súa saúde.
Esta concentración forma parte das mobilizacións que están a levar a cabo as traballadoras e traballadores de Atento Coruña todos os luns con paros laborais (de 0 a 1, de 12 a 13 e de 18 a 19 horas) e concentracións diante do centro de traballo en Juan Flórez, ás 12 e ás 18 horas, para esixir o cesamento dos abusos da empresa a través de despedimentos, sancións, presións, acoso e outras agresións durante o desempeño do noso traballo.
Sección Sindical da CGT en Atento A Coruña

 

post

A CGT da Coruña apoia a Marcha do Persoal Precario das Administracións

A CGT da Coruña acordou prestar o seu apoio á Marcha do Persoal Precario da Administración Pública, que terá saírá o próximo venres, día 16 de marzo, ás 10:00 horas, do Parlamento de Galicia.

Para a CGT a defensa dos servizos públicos de calidade é un das súas prioridades sindicais; e para que estes servizos públicos non se vexan paulatinamente deteriorados é imprescindible un emprego público estable e de calidade. O persoal que atende agora mesmo estes servizos é, en gran parte, temporal e cunhas condicións de traballo, sen expectativas de consolidación, lamentables. Por iso, a CGT considera que as reivindicacións deste persoal son xustas.

Por iso, a CGT da Coruña convoca a que a súa afiliación, simpatizantes e pobo traballador participe nesta mobilización e se solidarice con estes colectivos maltratados pola Administración.

Comité da CGT da Coruña

 

post

A CGT da Coruña apoia a concentración polas pensións do día 17

A CGT da Coruña acordou manifestar o seu apoio á concentración convocada para o próximo sábado, día 17, ás 12:00 horas, no Obelisco da Coruña, en defensa do sistema público de pensións.

O sistema de pensións ven sendo saqueado polas elites políticas e económicas do país a través das últimas reformas que foron, a do PSOE que retrasou a idade de xubilación, e a do PP que modificou o sistema de cálculo da revalorización, deixándoo nun miserento 0,25% anual. Ao mesmo tempo, os poderes políticos e financeiros promocionan os sistemas privados de pensións metendo medo aos traballadores e intentando convencelos de que o sistema actual non é sostible.

Para a CGT, o mantemento dun sistema xusto, solidario e público cunhas pensións suficientes para levar unha vida digna é posible sen ningunha dificultade. Cando se pode rescatar á banca, cando se lle rebaixan as cotizacións ás empresas, cando se recortan os impostos aos poderosos, cando se saquea a caixa de reservas da Seguridade Social, en realidade o que están facendo é eliminar a financiación do sistema de pensións e fomentar o sistema privado, inxusto, insolidario e de solvencia dubidosa.

Por isto, a CGT da Coruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e poboación traballadora en xeral para que apoien esta convocatoria. Por que é xusto e impresdindible.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Concentracións para o mes de marzo polo despido de Xurxo de GAINCA

Concentracións diante da Oficina central de Caixanova (Rúa García Barbón nº 1 – 3 . VIGO):

  1. Venres 6. De 11:00 horas a 12:00 horas
  2. Venres 20. De 11:00 horas a 12:00 horas

Concentracións diante do teatro do Centro Cultural Caixanova (Rúa Policarpo Sánz):

  1. Xoves 5. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  2. Xoves 12. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  3. Xoves 19. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  4. Sábado 21. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  5. Mércores 25. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  6. Xoves 26. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  7. Venres 27. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  8. Sábado 28. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  9. Domingo 29. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  10. Martes 31. De 19:30 horas a 20:30 horas.

Manifestacións:

  1. Sábado 7. Ás 11:30 horas en PONTEVEDRA. Dende a Praza da Ferrería ata a sede central de Caixanova.
  2. Sábado 14. Ás 11:30 horas en VIGO. Dende a Vía Norte ata a sede central de Caixanova.