post

Navantia Ferrol: todo o apoio á folga do metal

O días 5, 12, 18 e 19 deste mes está convocada folga no metal pola negociación do convenio provincial de sidero.

As reivindicacións centrais dos traballador@s son recuperar poder adquisitivo e cláusulas de revisión que garantan que non se perda máis, ampliar o dereito de subrogación, limitación das ETT, regulación do tóxico, penoso e perigoso…

Pola outra banda, a patronal mantén unha postura moi lesiva para os traballador@s: 6 anos de vixencia, sen cláusula de revisión salarial, aumento da xornada flexible…

Tras máis de dous anos (o convenio rematou o 31/12/2019), a patronal non só non cede, senón que aínda endurece máis a súa postura. Está claro que a case total ausencia de mobilizacións foi un erro.

Hai que dar unha resposta. Neste senso, esta folga é un paso moi importante porque a folga é unha ferramenta clave para que os traballador@s poidamos defender e conquistar dereitos.

Temos que mirar a exemplos marabillosos como a folga do metal de Cádiz e comprender a necesidade de estender a loita a outros traballador@s, á mocidade e ó pobo en xeral.

Esta estensión ten que comezar dentro das factorías de Navantia. O convenio da principal rematou o pasado 31 de decembro. Temos que unir forzas, temos que recuperar a unidade que houbo no pasado entre a principal e as compañías para loitar todos unidos en defensa duns intereses que son COMÚNS. Hoxe por ti e mañá por min, como sempre se dixo. Todos sairemos gañando.

A CGT dá total apoio a esta folga e, por tanto:

  • Chamamos a tódolos TRABALLADOR@S DA INDUSTRIA AUXILIAR a sumarse á folga e a participar activamente na mesma (piquetes, asembleas, mobilizacións…).
  • Chamamos a tódolos TRABALLADOR@S DA PRINCIPAL a apoiar ós compañeiros da Industria Auxiliar e a respectar os seus piquetes. A CGT propuxo na permanente do comité de empresa de Navantia-Ferrol celebrar mañá unha ASEMBLEA XERAL para decidir sobre a participación dos traballador@s da principal nas mobilizacións que haxa os días de folga. A decisión da permanente foi esperar a que por parte das federacións convocantes da folga haxa unha petición neste sentido.

UNHA SOA CLASE, UNHA SOA LOITA!

POLA UNIDADE D@S TRABALLADOR@S!

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

[Cee-Dumbría] A CGT entra en Ferroatlántica

Celebráronse eleccións sindicais no centro de traballo de Ferroatlántica en Cee-Dumbría, unha factoría metalúrxica especializada en aleacións especiais.

A CGT presentábase aquí por primeira vez e, grazas ao traballo da Sección Sindical, obtivo uns excelentes resultados. Así, o novo Comité de Empresa quedou conformado como segue:

  • CIG, 6
  • CGT, 4
  • UGT, 3

A CGT agradece a confianza depositada polo cadro de persoal e asume o compromiso de seguir loitando en defensa dos dereitos laborais e sociais.

Comité Local da CGT da Coruña