Como en anos anteriores, vaise celebrar na Coruña unha marcha cívica para esixir a devolución da Casa Cornide, da que se apropiou a familia Franco e que está poñendo todos os obstáculos para que a propiedade volva ao pobo da Coruña.
Esta marcha terá lugar o sábado, 14 de decembro e sairá da Praza de Pontevedra ás 12:00 horas.
A CGT da Coruña apoia a Marcha Cívica e fai un chamamento á afiliación, simpatizantes e pobo da Coruña a que participe no evento.
Xuntamos a este escrito o manifestó suscrito por ducias de organizacións e colectivos e o cartel co chamamento ao evento.
O día 28 de xuño é o día no que as rúas volverán encherse de música, color, diversidade, disidencia… de vida. É o Día Internacional polos dereitos das persoas LGTBIQ+. Tamén na Coruña volverá celebrarse este día e a CGT da Coruña, como en anos anteriores, apoia esta convocatoria. Concretamente, a manifestación sairá da Praza de Ourense, ás 19:30 horas.
Temos que saír á rúa a reivindicar os dereitos das persoas LGTBIQ+, ás que vemos como son discriminadas e agredidas casi a diario pola súa condición sexual e podemos comprobar como estas agresións van en aumento ano tras ano.
A impunidade con que os medios de comunicación fanse eco das mensaxes de odio da extrema dereita, así como o propio avance que esta extrema dereita está tendo, fan que mobilizacións como esta sexan máis necesarias que nunca.
Desde a CGT da Coruña animamos á afiliación e á sociedade en xeral a participar nas diferentes mobilizacións e actos que se convoquen. Temos que respostar con contundecia de xeito que estas reivindicacións non queden tan so nos actos que se celebren durante esta semana, senón que, a diario, nos nosos barrios, nas nosas ciudades, nos nosos centros de traballo… reivndiquemos con orgullo os dereitos das persoas LGTBIQ+.
Ás 12:40 saíu a manifestación convocada pola CGT, ademáis da CNT, CUT e Sindicato da Elevación. Preto dun milleiro de participantes partían da praza de Pontevedra nun percorrido polas rúas máis céntricas para rematar no campo da Leña. Durante o percorrido coreárose berros anticapitalistas e reivindicativos como «Primeiro de Maio revolucionario», «Nativa ou estranxeira, a mesma clase obreira», «Vai rematar a paz social», «Unión, acción, autoxestión», etc.
Oacto rematou coa lectura do manifesto conxunto, que di o seguinte:
BASTA DE MENTIRAS, INXUSTIZA E EXPLOTACIÓN!!!
Compañeiras e compañeiros: Hoxe, Primeiro de Maio, día da clase obreira, 4 organizacións sindicáis decidimos dar un paso máis para manifestar que so a unidade de acción do sindicalismo combativo pode mudar o estado das cousas ou é combativo ou non é sindicalismo.
Nesta data, o mundo enteiro lembra o acontecido no ano 1886 na cidade norteamericana de Chicago, cando un grupo de traballadores coñecidos como “os mártires de Chicago” foron executados por reclamar unha xornada laboral de 8 horas.
Se botamos a vista atrás, debemos darnos conta de que sobran os motivos e faltan as escusas para continuar a organizarnos en sindicatos de clase e facer fronte a todo o que representa o poder que asola as traballadoras e que nos negan unha calidade de vida digna tanto a todas nós, como as nosas fillas e maiores.
A situación da nosa clase, da clase traballadora, non fai máis que deteriorarse. A suba imparable dos prezos das subsistencias, xunto cunhas miserentas subas salariais nos convenios colectivos, estannos abocando á pobreza máis extrema, pobreza que se estende imparablemente incluso entre quen ten contrato fixo a tempo completo. Millóns de persoas no paro, entre as que máis da metade non teñen ningún tipo de prestación, ou millóns con contratos cativos a tempo parcial, fan que a estatística boiante non sexan máis ca un espellismo mentirán que só reflicte a realidade dun reducido número de persoas.
A isto temos que sumarlle novas decisións desde o Goberno, decisións como a de revogar a reforma laboral de Rajoy só en aspectos mínimos e colaterais, mentres outros fundamentais seguen vixentes, como o despedimento sinxelo e barato, o tratamento dos despedimentos improcedentes, e outros. Tamén o Goberno presentou unha reforma das pensións que provocará, a medio prazo, a diminución das pensións iniciais ao incrementar, progresivamente, o número de anos que se terán en conta para calcular a pensión e aumentar tamén o número de anos precisos para ter dereito a un 100 % daquela. Esta reforma, presentada como un gran avance co aval do sindicalismo institucional, é un novo retroceso para os traballadores e traballadoras e un empurrón máis cara ás pensións privadas ás que so poderán acceder uns poucos privilexiados.
Non sómente é que os logros dos que presume este goberno sempre sexan moi inferiores ás expectativas e ás promesas coas que lle pediron o voto ó corpo electoral, senón o certo é que eses logros son mentira, fachada de cartón pedra e agocho da verdadeira natureza da súa acción de goberno. As leis e normas que aproban sempre van en beneficio da casta capitalista responsable da degradación de planeta e da internacionalización da guerra e do saqueo universais, con centos de millóns de persoas en situación de fame ou miseria, vítimas da guerra e da explotación da clase traballadora.
Non podemos esquecer o papel que o sindicalismo institucionalizado está xogando en toda esta situación: ademais de avalar as decisións prexudiciais do goberno, está asinando cunha patronal cobizosa subas salariais miserentas, que nin se achegan á suba do custo da vida: alimento, vestido, teito, enerxía, ocio e cultura é o menos ao que se pode aspirar nesta vida para que sexa merecente de ser vivida.
Non podemos seguir así, aturando como normais os enganos e a explotación. A organizacións convocantes: CGT, CNT, CUT e Sindicato de Elevación fan un chamamento para que nos organicemos e loitemos contra esta situación.
Non podemos deixar de mencionar o caso da Suíza en Asturies, onde a 6 compañeiras vanlle caer varios anos de cadea por responder a un caso de acoso no traballo ou solidarizarse con él. Pero non é un caso aillado, moitos sindicalistas están sendo despedidos e condeados por resisitir e loitar.
Non é unha maldición divina que sexa imposible de combater. Os nosos veciños franceses están mostrando o camiño. Sabemos que o esforzo será grande, pero só así conseguiremos que a clase traballadora, a auténtica creadora da riqueza, ocupe o lugar que lle corresponde na sociedade e acabe con este sistema económico e social inicuo e inxusto. A mobilización é a arma que temos e tamén a nosa forza. Por iso, este Primeiro de Maio debe ser o día en que amosemos que xa non imos aturar máis as mentiras, inxustizas e explotación, e que despois deste día a nosa mobilización será constante e contundente.
Hoxe máis que nunca: VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!! VIVA A CLASE OBREIRA!!
Comité Local da Coruña da CGT , 01 de maio de 2023
O próximo Primeiro de Maio, a CGT da Coruña voltará saír ás rúas para reivindicarse como clase, convocando, conxuntamente coa CNT, a CUT e o Sindicato da Elevación, unha manifestación que partirá ás 12:30 horas, da Praza de Pontevedra e rematará no Campo da Leña.
O texto da CGT di o seguinte:
BASTA DE MENTIRAS, INXUSTIZA E EXPLOTACIÓN!!!
Compañeiras e compañeiros:
A situación da nosa clase, da clase traballadora, non fai máis que deteriorarse. A suba imparable dos prezos das subsistencias, xunto cunhas miserentas subas salariais nos convenios colectivos, estannos abocando á pobreza máis extrema, pobreza que se estende imparablemente incluso entre quen ten contrato fixo a tempo completo. Millóns de persoas no paro, entre as que máis da metade non teñen ningún tipo de prestación, ou millóns con contratos cativos a tempo parcial, fan que a estatística boiante non sexan máis ca un espellismo mentirán que só reflicte a realidade dun reducido número de persoas.
A isto temos que sumarlle novas decisións desde o Goberno, decisións como a de revogar a reforma laboral de Rajoy só en aspectos mínimos e colaterais, mentres outros fundamentais seguen vixentes, como o despedimento sinxelo e barato, o tratamento dos despedimentos improcedentes, e outros. Tamén o Goberno presentou unha reforma das pensións que provocará, a medio prazo, a diminución das pensións iniciais ao incrementar, progresivamente, o número de anos que se terán en conta para calcular a pensión e aumentar tamén o número de anos precisos para ter dereito a un 100 % daquela. Esta reforma, presentada como un gran avance co aval do sindicalismo institucional, é un novo retroceso para os traballadores e traballadoras e un empurrón máis cara ás pensións privadas ás que so poderán acceder uns poucos privilexiados.
Non só é que os logros dos que presume este goberno sempre sexan moi inferiores ás expectativas e ás promesas coas que lle pediron o voto ó corpo electoral, senón o certo é que eses logros son mentira, fachada de cartón pedra e agocho da verdadeira natureza da súa acción de goberno. As leis e normas que aproban sempre van en beneficio da casta capitalista responsable da degradación do planeta e da internacionalización da guerra e do saqueo universais, con centos de millóns de persoas en situación de fame ou miseria, vítimas da guerra e da explotación da clase traballadora.
Non podemos esquecer o papel que o sindicalismo institucionalizado está xogando en toda esta situación: ademais de avalar as decisións prexudiciais do goberno, está asinando cunha patronal cobizosa subas salariais miserentas, que nin se achegan á suba do custo da vida: alimento, vestido, teito, enerxía, ocio e cultura é o menos ao que se pode aspirar nesta vida para que sexa merecente de ser vivida.
Non podemos seguir así, aturando como normais os enganos e a explotación. A CGT da Coruña fai un chamamento para que nos organicemos e loitemos contra esta situación. Non é unha maldición divina que sexa imposible de combater. Sabemos que o esforzo será grande, pero só así conseguiremos que a clase traballadora, a auténtica creadora da riqueza, ocupe o lugar que lle corresponde na sociedade e acabe con este sistema económico e social inicuo e inxusto. A mobilización é a arma que temos e tamén a nosa forza. Por iso, este Primeiro de Maio debe ser o día en que amosemos que xa non imos aturar máis as mentiras, inxustizas e explotación, e que despois deste día a nosa mobilización será constante e contundente.
O próximo domingo, día 06, ás 12 do mediodía, na praza Roxa de Compostela, terá lugar unha manifestación en defensa dunha CRTVG ao servizo do pobo, unha CRTVG secuestrada polo poder político que a mantén únicamente ao seu servizo particular. Por isto, e en coordinación con outras organizacións, a CGT da Coruña fai un chamamento á participación para a consecución dos seguintes obxectivos:
Que garanta o respecto escrupuloso á obxectividade, a imparcialidade, a neutralidade, a veracidade e o pluralismo informativo, erradicando a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais.
Que recupere a perspectiva da realidade social, laboral, económica e cultural do país e de todo o seu tecido social, nos contidos informativos, divulgativos, educativos e de entretemento.
Que defenda e promocione a cultura galega.
Que garanta o acceso nos contidos da CRTVG de todos os colectivos sociais que conforman a realidade galega.
A CGT da Coruña convoca a toda a afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral para que acudan a esta manifestación.
A CGT da Coruña apoia a manifestación que o próximo sábado, 5 de novembro, percorrerá A Coruña, ás doce do mediodía, desde a praza de María Pita ata a mesma casa Cornide, na Cidade Vella.
Manifestamos así o noso apoio á reclamación da devolución, por parte da familia Franco, do inmoble, expoliado polo dictador a través de trampas legalizadas.
A CGT da Coruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a que saian á rúa ese día e que non sigan consintindo este latrocinio.
Desde a CGT unímonos á reivindicación contra da depredación enerxética e a favor da xestión directa, social, racional e solidaria do territorio, en lugar do pelotazo e do negocio, que xa sabemos para quen será.
Ante a necesidade de abastecernos de enerxía, a solución non pode ser encher todos os cumes de aeroxeradores, e os campos e os vales de cables, aéreos ou enterrados, que en moitos casos estragan superficie de produción de alimentos, non indo por bordos de camiños e estradas, senón ocupando moito máis espazo do que nos poida parecer a primeira vista.
A solución, tampouco pode ser, que as eléctricas se fagan coa propiedade do territorio.
A solución tampouco pode ser o neofeudalismo das multinacionais eléctricas, coas súas esaxeradas esixencias dos aeroxeradores e os seus poligonais, que someten todo o que quede nas súas novas fronteiras trazadas polo capital e o seu sistema de dominación: casas, veciños, granxas, todo, sometido á multinacional.
As nosas solucións pasan por un consumo enerxético de proximidade, por reducir o consumo ao necesario para manter unha calidade de vida aceptable, sen malgastar. As nosas solucións pasan por racionalizar e concienciar para un uso responsable da enerxía.
As nosas solucións pasan por adaptar o urbanismo á dispoñibilidade enerxética, e non urbanizar coma se a produción de enerxía non tivera as súas propias consecuencias daniñas, e pola autoorganización, tendo o control do que necesitamos para vivir, sen expropiarnos o colectivo para beneficios millonarios das cúpulas das eléctricas e os seus salarios desorbitados.
Unha manifestación de máis de duascentas persoas, convocadas pola CUT, a CGT e o SE (Sindicato da Elevación), percorreu esta mañá as rúas da Coruña en reafirmación de pertenza á clase obreira e en reivindicación da xustiza social co lema «Os dereitos conquístanse loitando».
A manifestación percorreu as rúas da Coruña entre a praza de Pontevedra e o Campo da leña, onde se leu o manifesto. Coreáronse consignas habituais, sendo unha das maiormente seguidas «Nin pacto de rendas nin reforma laboral, a clase obreira contra o capital».
Manifesto Unitario
Nin nos farán crer, nin nos farán calar
O que se prometía como a solución aos problemas da clase traballadora non supuxo máis que un novo e enorme fracaso; a nova reforma supón a definitiva lexitimación e consagración, por parte do autoproclamado goberno máis progresista da historia, daqueles aspectos máis lesivos que xa se avanzaron nas reformas laborais de 2010 (goberno Zapatero) e de 2012 (goberno Rajoy).
Entre outras cuestións, mantéñense os mecanismos que facilitaban os despedimentos (non se recuperan indemnizacións nin os salarios de tramitación), quedan as razóns intanxibles das previsións económicas (perdas previstas ou futuras) para poder levar a cabo despedimentos colectivos, ou a non intervención da autoridade laboral nos ERE.
Dos convenios de empresa, unicamente garántese a igualdade salarial, pero non o demais. E en materia de subcontratación, vai haber que loitala nos xulgados sen dúbida, xa que non se dá unha solución clara a quen realiza igual traballo pero non reciben igual salario.
Mentres tanto, o custo da vida segue encarecéndose a toda velocidade, sen que as rendas da clase traballadora crezan ao mesmo ritmo. Nuns casos, coa complicidade activa dos sindicatos maioritarios. Noutros, por culpa dunha estudada pasividade por parte de quen goberna. Bens de primeira necesidade alcanzan o seu prezo récord un mes tras outro. Nin os salarios nin as rendas básicas teñen unha actualización que se equipare ao encarecemento do custo da vida. En todas as frontes podemos observar o mesmo: pensións que non se revalorizan, convenios que quedan conxelados…
Agora, ademais, cando apenas empezamos a pagar as consecuencias da crise do Covid 19, avecíñanse as da guerra de Ucraína. O sistema capitalista xa puxo a funcionar a súa maquinaria para que de novo sexamos as traballadoras e traballadores quen asuma os sacrificios e vano a facer como sempre, coa complicidade dos sindicatos maioritarios, que sen dúbida vannos vender unha vez máis, como xa o fixeron anteriormente, co mal chamado Pacto de Rendas.
A estas organizacións que estamos aquí neste Primeiro de Maio nin as farán crer nin as farán calar, por máis operacións propagandísticas que leven a cabo quen prometía asaltar os ceos. As conquistas sociais conséguense na rúa e non nas urnas. As verdadeiras conquistas sociais, as que supoñen unha verdadeira transformación, xamais xurdiron dun pacto entre oligarquías e elites por moi modernas que aparenten ser.
Por iso, declaramos aquí e agora, Primeiro de Maio, que nos van ter fronte eles e os seus plans de asoballamento da clase obreira; declaramos que, se outros van ser compracentes co capital e os seus axentes instalados no poder, nós estaremos dispostos e dispostas á loita, porque a clase obreira é a xeradora da riqueza social e non se conforma coas migallas.
Este Primeiro de Maio, Día do Traballo, a CGT da Coruña convoca manifestación que sairá da praza de Pontevedra da Coruña ás 12:30 horas. O acto será unitario conxuntamente coas organización sindicais CUT e SE (Sindicato da Elevación).
MANIFESTO UNITARIO

Despois da masiva participación nas sucesivas mobilizacións dos últimos días, e ante a actitude inamovible do Banco, os sindicatos decidimos seguir dando contestación na rúa, porque contamos co voso apolo. Ternos que seguir mobilizándonos, demostrándolle á empresa que non pode haber despedimentos, que neste banco todas e todos somos necesarios.
Vós sodes os e as auténticas protagonistas e é hora de que a Dirección tome nota de que este cadro de persoal non está disposto a deixar que continúen os abusos e as presións. De que non poden xogar co noso futuro, que o noso sacrificio non pode converterse única e exclusivamente no seu beneficio. Non poden pagar ese enorme esforzo do persoal con despedimentos, modificando á baixa as nosas condicións de traballo, repartíndose os dividendos e subindo os seus salarios.
É unha agresión sen precedentes despois das súas declaracións de alta rendíbllidade e beneficios. É inmoral e obsceno. E haí alternativa.
A vosa implicación é unha continua lección de dignídade e solidariedade colectiva. Manteñámonos firmes. O noso futuro e o das nosas familias depende da nosa resposta.
Por íso, irnos mandar unha nova mensaxe á Dirección o vindeiro 2 de xuño, irnos volver dicirlles que así non. Volveremos parar masivamente e manifestarnos para facerlles saber que non irnos ceder. Máis vale que nos quiten 1día de salario que o noso emprego, que é o que nos dignifica como traballadoras e traballadores. E que saiba o BBVA que, se segue adiante cos despedimentos, a partir do 6 de maio, serán contestados todos e cada un deles.
Chamámosvos a secundar a FOLGA e participar na MANIFESTACION que partirá o 2 de xuño, ás 11:00 da mañá, dende a Dirección Territorial do Banco na Coruña (no Cantón Pequeno 18).