Dende o mes pasado, a empresa decidiu castigar a algúns traballadores e traballadoras do SST polos datos de satisfacción que, como sabemos, case nunca son responsabilidade nosa, xa que os clientes responden ás enquisas de satisfacción avaliando negativamente a Movistar, non ás persoas que atendemos as súas chamadas. Dende entón, convocamos paros laborais os luns e venres xunto cunha folga de 24 horas. A empresa deu a calada como resposta e tamén notificou a máis compañerias e compañeiros a volta ó traballo presencial, argumentando tamén datos de mala calidade..
Entendemos que a empresa non vai parar este disparate e está disposta a expoñer a nosa saúde facéndonos volver á plataforma, con todo o que iso implica (reutilización do transporte público, coincidencia nas zonas comúns, ademáis de traballar todo o día con máscara posta). Para o Comité (do que forma parte a CGT) (e en xeral para quen teña dous dedos de fronte), calquera seguimento que se faga na plataforma pódese levar a cabo en modo «on line» porque xa o están a facer noutros servizos, polo que NINGÚN DATO XUSTIFICA que a empresa expoña a nosa saúde.
É hora de ser máis contundentes, de mostrar a Atento que, aínda que estamos na casa, non imos tragar con malas decisións que non están xustificadas. Porque se non detemos estas accións, empregarán o TELETRABALLO como moeda de cambio para os seus intereses, en vez de usalo para protexer a saúde do seu persoal como tantas outras empresas nestes tempos de pandemia.
Polo tanto, convocamos un día completo de folga para o LUNS 7 DE DECEMBRO. Día no que pararemos as 24 horas para dicir que
- queremos seguir protexendo a nosa saúde e a do noso entorno familiar
- queremos que as e os compañeiros castigados sexan devoltos ás súas casas
- xa houbo un caso positivo na plataforma e enviaron persoas á corentena preventiva e ISTO PODÍA EVITARSE
IMPORTANTE: Ademáis da xornada de 24 horas do LUNS 7 de decembro, continuaremos cos paros, pero SÓ os VENRES, é dicir, suspéndense os paros dos luns dende xa, peromantemos OS DOS VENRES, 2 HORAS Ó FINAL DAS NOSAS XORNADAS LABORAIS)
Comité de Empresa de Atento – A Coruña